Apertura do prazo de matrícula para segundo cuadrimestre de Educación Secundaria para persoas adultas
Entre os días 11 e 19 de xaneiro está aberto o prazo extraordinario de matrícula para incorporación de novo alumnado ao segundo cuadrimestre dos estudos de Educación Secundaria para persoas adultas (ESA), cursos 3º e 4º.
Poderase presentar a matrícula vía correo electrónico (ies.santairene@edu.xunta.gal), incluíndo:
- Impreso de matrícula
- Copia do DNI ou NIE
- Certificación académica oficial
Presencialmente, unha vez comezado o cuadrimestre, deberá entregar dúas fotos carnet e 2 euros para o pago do seguro escolar.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Impreso de matrícula.pdf | 237.54 KB |