Entrega de notas da 2ª avaliación
Estimadas familias e estimado alumnado.
Estamos vivindo unha etapa complicada, con medos e inquedanzas pero confiamos en que vos atopedes ben de saúde e con ánimos para seguir adiante.
O día 13 de marzo decretouse unha suspensión das actividades lectivas que nos colleu á maioría coa avaliación a medias e en moitos casos, con exames e recuperacións sen realizar. O pasado 27 de marzo, recibimos instrucións da Consellería de Educación da Xunta de Galicia, indicando que a segunda avaliación dase por rematada con data da suspensión das actividades lectivas e, no contexto dunha avaliación continua, todo o profesorado ten que calificar ao seu alumnado cos traballos e actividades realizados ata ese día:
“(…) aqueles centros que non teñan formalizado o peche da avaliación do segundo trimestre procederán a formalizalo co traballo desenvolvido ata dita data”.
Por tanto, o vindeiro venres 3 de abril procederase a publicar as calificacións da segunda avaliación a través da plataforma abalarMobil. Aquelas familias que non estean dadas de alta, poden ver como descargar a aplicacion nos seguintes enlaces:
Se atopa algunha dificultade, pode escribir un correo electrónico a ies.santairene@edu.xunta.gal ou poñerse en contacto coa Unidade de Atención a Centros: 881 99 77 01
Polo que respecta á terceira avaliación aínda non recibimos instrucións. Comunicarémolas no seu momento a través da páxina web do centro e o profesorado continuará mantendo contacto co alumnado a través do correo electrónico.
Por tanto, se algún alumno ou alumna ten dificultades por non dispor de ordenador ou conexión a internet, rogamos que nolo comunique a través do correo electrónico para buscar algunha alternativa.
E non esquezades que a vindeira semana son vacacións, así que deixade a un lado as tarefas e os libros e tratade de cambiar un pouco as vosas rutinas, para afrontar o seguinte con enerxía e actitude positiva.
Recibide todas e todos unha forte aperta:
IES Santa Irene