Recomendacións para o alumnado ante a declaración de alarma
Ante a situación creada pola declaración de alarma en todo o Estado, coa finalidade de sobrelevar da mellor maneira posible o confinamento e manter o contacto do alumnado co profesorado e as materias, publicamos as seguintes RECOMENDACIÓNS:
- Establecer unha rutina, reservando un tempo diario para as tarefas escolares.
- Consultar a páxina web do centro, incluindo a aula virtual e as carpetas dos diferentes departamentos (filosofía, lingua…) e revisar o correo electrónico persoal, que moitos profesores utilizarán para poñerse en contacto co alumnado e a través do cal tamén o alumnado poderá contactar co seu profesorado.
- Se se necesita algunha información concreta e non aparece na web, pódese facer a consulta a través do correo electrónico do centro: ies.santairene@edu.xunta.gal
- Non esquecer incluir na rutina algo de actividade física: baile, comba, pilates, zumba… En internet hai infinidade de propostas.
Moito ánimo!
#euquedonacasa #quedateencasa #estevirusloparamosunidos