Admisión de alumnado para o curso 2016/2017 - Documentación a presentar antes do 12 de abril
NOTA IMPORTANTE
Todos os solicitantes que aínda non o teñan presentado deben aportar copia do certificado de empadroamento familiar.
O alumnado que alegue puntuación por renda debe achegar igualmente copia do libro de familia (todas as páxinas nas que aparezan membros da unidade familiar) e, en caso de separación ou divorcio, copia da sentenza ou convenio regulador.
Igualmente debe achegarse calquera outra documentación xustificativa dos méritos alegados que aínda non se teña presentado.
Toda esta documentación deberá presentarse antes do 12 de abril.