Información xeral
Corredor da planta baixa
O Instituto Santa Irene conta cun equipo de 62 profesores e profesoras e 12 membros do persoal de administración e servizos; imparte clase a preto de mil alumnos distribuídos en 11 grupos de ESO e 14 grupos de bacharelato, incluíndo a educación xeral ordinaria e a educación para persoas adultas.
Escaleira de acceso ás plantas superiores
Aínda que á súa orixe se remonta ao antigo Instituto de Vigo, inaugurado no curso 1927-28 con 189 alumnos, o Instituto Santa Irene, con esta denominación e no seu emprazamento actual, iniciou a súa actividade docente no curso 1945-46. O edificio é obra do arquitecto vigués Antonio Cominges Tapias e a súa construción foi posible grazas ao legado deixado para este fin polo industrial galego José Policarpo Sanz. O nome do centro constitúe unha homenaxe á súa esposa, Irene Ceballos.
Vista cara ao exterior
As persoas interesadas na historia do Instituto atoparán máis información na sección a nosa historia.
Vista cara ao exterior