Curso 2023/24

Todos os cursos. Entrega premios Oratoria Improvisada. Fase Local. IES Río Cabe

08.04.2024

 

O IES Río Cabe de Monforte de Lemos conclúe hoxe a fase local do II Concurso Intercentros de Oratoria Improvisada coa entrega de premios e diplomas aos finalistas.

Os/as gañadores/as nas tres categorías foron os seguintes: Irene González Díaz, África Guitián García e Emeli Vizcaíno Ortega (1º e 2º de ESO); Paula Bouso González, Ángel Luis Mora e  Diego Expósito Díaz (3º e 4º de ESO), e Bieito Varela Rodríguez, Demetrio González Álvarez e Sabela López Mariño (1º e 2º BAC).

Dámoslle os nosos parabéns aos gañadores, aos finalistas e a todo o alumnado que participou vencendo o medo escénico e facéndonos pasar moi bos momentos.

Nota de prensa Diario de Lemos: pica AQUÍ para lela.

 

 

Álbum: Escolares -> 2024_04_08_3ª AVA_Todos os cursos_Entrega premios Oratoria Improvisada

1º Bacharelato e 2º Bacharelato. Relatorio exalumna Emma Fernández Fernández

05.04.2024

 

O venres 5 de abril de 2024 o alumnado de 1º e 2º Bacharelato acudiu ao relatorio que ofreceu no noso centro a exalumna deste, Emma Fernández Fernández, para explicarlles a súa traxectoria estudantil e profesional dende que rematou 2º Bacharelato. Emma estudou Xornalismo na USC e logo decidiu facer o grao de Economía, tamén na USC. Traballou para varias empresas e actualmente desenvolve o seu traballo nunha farmacéutica. Foi un xeito de que o noso alumnado coñeza de primeira man experiencias de antigos alumnos e alumnas do IES Río Cabe e se decaten de que non importa o que estudes, a vida pode levarte por moitos camiños profesionais. Quedamos cunha frase que Enma trasladou na explicación: "Se o camiño está despexado é que estás camiñando por un que non é o teu". Moitas grazas Emma por acudir de novo ao IES Río Cabe.

 

 

 

Álbum: Escolares -> 2024_04_05_3ª AVA_1º_2ºBACH_Relatorio exalumna Emma Fernández Silva

1º ESO e 2º ESO. IV Encontro Interescolar de Improvisación. A Pobra do Brollón

04 e 05. 4.2024

No IES Río Cabe sabemos moito de improvisación tradicional e ademais gústanos. Por iso dende o mes de xaneiro un grupo de trinta alumnas e alumnos vén participando nos recreos dos mércores no Club de Brindos, unha actividade na que aprendemos sobre a tradición de enfrontarnos verbalmente a través de coplas populares.

O pasado catro de abril este grupo de alumnado tivo a oportunidade de viaxar á Pobra do Brollón onde se levou a cabo o IV Encontro Interescolar de Improvisación con alumnado de Vila de Cruces, Caldas de Reis, Vilalba, o Courel e a propia Pobra do Brollón. 

Foron dous días de intensa convivencia con outros trinta e seis rapaces a rapazas onde ensinamos o que estamos facendo no noso instituto, fixemos unha xincana polo castro de San Lourenzo, participamos nun festival nunha Casa da Cultura Olga Novo completamente chea, durmimos nun pavillón e fixemos unha andaina polo Courel para chegar ata a casa de Uxío Novoneyra onde, para finalizar, cantamos brindos de homenaxe para o gran poeta da montaña. 

En breves, o Club de Brindos terá novas aventuras que contar mais, polo momento, quedámonos coa ledicia de ter compartido tempo, espazo e experiencia con rapazada que, coma nós, goza facendo e cantando coplas.

Entrevista en Onda Cero Monforte. Para escoitala, pica AQUÍ

 

 

 

 

 

 

 

Álbum: Escolares -> 2024_04_04_05_3ª AVA_1º_2º_ESO_IV Encontro Interescolar de Improvisación_A Pobra do Brollón

Todos os cursos. Final Oratoria Improvisada. IES Río Cabe. Fase Local. IES Río Cabe

03.04.2024

 

 

 

 

Para ver a galería de fotos pica AQUÍ ou aquí abaixo:

 

Álbum: Escolares -> 2024_04_03_3ª AVA_Todos os cursos_Final Oratoria IES Río Cabe

ESO: Luísa Astray. Xornadas prevención conduta aditiva

Curso 2023-2024

Durante este curso 2023/2024 estamos a levar a cabo nos cursos da ESO xornadas de prevención de conduta aditiva da man de Luísa Astray.

O álbum elixido (aid = 415) non ten ninguha imaxe, ou non é público!

4º ESO. Relatorio Forzas Armadas

21.03.2024

 

Na mañá do 21 de marzo o alumnado de 4º ESO acudiu a un relatorio das Forzas Armadas. Dende a Subdelegación de Defensa de Lugo acompañáronnos no IES Río Cabe a Subtenente do Exército do Aire e do Espazo dona Marta Méndez Rodríguez, e a Soldado dona Miren Maite Novo Aramburu. Elas explicáronlle ao alumnado os pasos que se deben seguir para formar parte das Forzas Armadas, os diferentes rangos que existen e as probas que se deben realizar. así como as súas experiencias dentro das Forzas Armadas. Moitas grazas por acudir ao IES Río Cabe!

Álbum: Escolares -> 2024_03_21_2ª AVA_4º ESO_Relatorio Forzas Armadas_Orientación

Todos os cursos. Canguro matemático

21.03.2024

O álbum elixido (aid = 412) non ten ninguha imaxe, ou non é público!

4º ESO e 2º Bacharelato: espectáculo A todo Risco

20.03.2024

O alumnado de 4º ESO e 2º Bacharelato acompañado das súas profesoras de Lingua Galega e Literatura, Pilar Martínez, Ana Otero e Sara Porrit, acudiron á Casa da Cultura Lois Pereiro para gozar do espectáculo teatral "A todo Risco" que Pepe Rodríguez da Fundación Vicente Risco trouxo a Monforte de Lemos. O monólogo literario estivo a cargo do actor Avelino González onde se mesturou humor, literatura da Xeración Nós, lingua e curiosidades da vila Monfortina.

 

Álbum: Escolares -> 2024_03_20_2ª AVA_4º ESO_2º Bach_Espectáculo A todo Risco_LGL

2º Bacharelato: Visita o Campus de Ourense (UVigo)

19.03.2024

 

O alumando de 2º Bacharelato, acompañado da profesora Fe Tellado, visitou o Campus de Ourense (UVigo) onde puideron coñecer de primeira man as facultades e ter información sobre os diferentes graos que neste campus se ofertan. Foi unha mañá moi produtiva. Esta actividade enmárcase dentro do ciclo que as universidades de Galicia ofrecen aos centros educativos para que poidan visitar os seus campus.

 

Álbum: Escolares -> 2024_03_19_2ª AVA_2º BACH_Visita Campus de Ourense_UVigo_Ourense

4ºESO_1ºBach_2º Bach: Economía. Global Money Week. BDE

18.03.2024

O Plan de Educación Financeira levou a cabo un obradoiro no IES Río Cabe de Monforte de Lemos, Instituto gañador do “Concurso Nacional de Conocimientos Financieros 2023”, o pasado luns 18 de marzo.

O Plan de Educación Financeira, promovido pola Comisión Nacional do Mercado de Valores (CNMV), o Banco de España (BdE) e o Ministerio de Economía, Comercio e Empresa, é a estratexia nacional de educación financeira en España, deseñada ao amparo dos principios e recomendacións da OCDE sobre esta materia. Este Plan ten como principal obxectivo mellorar a cultura financeira da cidadanía e, para iso, tanto as entidades promotoras como os colaboradores do Plan desenvolven diversas actividades, algunhas dirixidas á poboación en xeral e outras dirixidas a colectivos específicos (persoas maiores, persoas vulnerables, estudantes en etapa escolar ou universitaria, etc.). Todo isto co obxectivo de que adquiran coñecementos, comportamentos e actitudes que lles permitan tomar decisións financeiras axeitadas ao longo da súa vida, así como desenvolver hábitos financeiros saudables e coñecer as oportunidades e riscos dos produtos financeiros.

O obradoiro tivo lugar o día do estreno da duodécima edición da Global Money Week, evento organizado pola OCDE para promover a educación financeira entre a mocidade, que ten lugar do 18 ao 24 de marzo de 2024, e que estivo dirixido ao alumnado de 4º de ESO e Bacharelato, coa finalidade de concienciar sobre a importancia de saber xestionar adecuadamente as súas finanzas persoais. Neste obradoiro abordouse como tema fundamental a prevención da fraude, tendo en conta o lema deste evento na presente edición: “Protexe o teu diñeiro, asegura o teu futuro”.

Autoridades que asistiron ao obradoiro:

- Judith Fernández Novoa, Directora Xeral de Ordenación e Innovación Educativa.

- Gloria Prada Rodríguez, 1ª Tenente de Alcalde do Concello de Monforte de Lemos.

- Inmaculada Fernández Teijeiro, Subdirectora Xeral de Ordenación, Inclusión e Innovación Educativa.

Javier Bernardo,Director da sucursal do BdE na Coruña.

- Sagrario Sánchez Ramil, Xefa Territorial da Consellería de Educación en Lugo.

- María Bóveda González, Inspectora de Educación.

- Roberto España Seijas, Ponente do BdE e “Jefe de la División de Educación Financiera del BdE”.

- María Menéndez Becker, Ponente do Ministerio de Economía, Comercio e Empresa. “Jefa de Servicio en la Subdirección General de Finanzas Sostenibles y Digitales”.

 

Fotografías: Fotografía Chema (Monforte de Lemos) 


Ligazóns con novas sobre a xornada
:

https://www.edu.xunta.gal/portal/node/42673

https://www.agalega.gal/videos/detail/130910-telexornal-mediodia-18-03-2024  MINUTO 45

https://www.agalega.gal/videos/detail/130955-clip-telexornal-mediodia-accesible-18-03-2024

https://www.agalega.gal/videos/category/16560-telexornal-mediodia

https://www.g24.gal/-/premian-os-conecementos-financeiros-dos-estudantes-de-monforte

https://www.elprogreso.es/articulo/ribeira-sacra/ies-rio-celebro-taller-educacion-financiera-80-alumnos/202403191232431740759.html

https://www.monfortedelemos.es/es/noticias/2024/la-teniente-de-alcalde-participa-en-inauguracion-acto-promocion-cultura-financiera-en-ies-rio-cabe-dirigido-al-alumnado-4-eso-y-bachillerato

https://galiciaxa.com/2024/03/rsxa/zonas-rsxa/monforte-rsxa/260946/

https://www.ondacero.es/emisoras/galicia/monforte-lemos/audios-podcast/mas-uno-monforte-lemos-15032024_2024031565f44c3bdac83100017239ae.html

https://www.noticiasvigo.es/la-xunta-destaca-el-buen-ejemplo-del-equipo-monfortino-ganador-del-certamen-nacional-conocimientos-financieros/amp/

https://www.finanzasparatodos.es/talleres-en-los-centros-finalistas-del-concurso-de-conocimientos-financieros-por-la-global-money-week

Álbum: Escolares -> 2024_03_18_2ª AVA_4º ESO - 1º Bach - 2º Bach_Economía_Banco de España
Distribuir contido