IES Río Cabe
Benvido á web do IES Río Cabe. Dende esta páxina inicial podes acceder aos diferentes bloques de contidos que se ofrecen. Nela ofrécese puntualmente toda a información que resulte de interese para toda a comunidade educativa.
Así mesmo, na Aula virtual, os departamentos irán actualizando o seu material didáctico.
ADESTRAMENTOS PARA O CONCURSO MATEMÁTICO NABOJ JUNIOR 2024.
O alumnado do Ies Río Cabe que participa no concurso matemático NABOJ JUNIOR, practicando días antes antes da cita.
Moito ánimo a alumnado e profesorado!!!
- APIs de Blogue
- Calendario
C.S. GUÍAS, INFORMACIÓN E ASISTENCIA TURÍSTICA
O primeiro desprazamento tivo á cidade ourensá como destino. O motivo, visitar o 22º Encontro internacional de Turismo Termal, Saúde e Benestar, Termatalia.
Na visita á Feira familiarizámonos cos destinos termais nacionais e internacionais presentes no evento, ademais de coñecer unha importante oferta de balnearios, talasos e centros de spa de todo o mundo.
No mes de outubro non quixemos perdernos as visitas guiadas pola nosa compañeira Paula Verao nos Escolapios. Co seu bo facer mostrounos a igrexa de Nosa Señora da Antiga, o claustro e a pinacoteca.
Nunca deixa de impresionarnos a escaleira monumental con chanzos dunha soa peza, a estatua do cardenal Rodrigo de Castro -de Juan de Bolonia-, o retablo de madeira de nogueira do altar maior -traballo comezado por Francisco de Moure-, o Cristo de mármore, a pintura ao óleo de El Greco “Aparición de la Virgen a San Lorenzo”,…
Grazas, Paula! Encántounos o teu relato!
Rematamos o mes cunha saída a San Xoán de Tor para visitar unha casa solariega, o Pazo de Tor.
É todo un privilexio poder ver o edificio e todos os mobles, pertenzas, obras de arte, … tal e como o deixou a súa última propietaria, Maripaz Taboada de Andrés y Zúñiga.
Foi ela quen donou o pazo á Deputación de Lugo para que se conservara como museo, e cumprindo o seu desexo abriu como tal en 2006 formando parte da Rede Museística Provincial de Lugo.
Se xa fai tempo que o visitástedes non deixedes de volver para coñecer a parte inferior da vivenda, agora aberta ao público, que albergaba os cuartos do servizo.
Unha boa opción para coñecer a vida nos pazos galegos!
Dia de Samain no IES Río Cabe. 30_10_24
O 30 de outubro, 3º ESO PDC conmemorou o Samaín coordinado pola súa titora Fe Cortiñas Rodríguez poñendo en escea un recitado do comenzo de " El Estudiante de Salamanca" de José de Espronceda, que da moiiiiiito medo!!!
Deixámosvos o Video:
Campionato de Fútbol Sala do XOGADE.
Os equipos de Fútbol sala da ANPA (Infantil e Cadete ) do Ies Río Cabe empezaron as competicións do XOGADE este venres 8-11-24.
Xogaron contra a SD Monforte no pavillón do Ferroviario.
Darlle os parabéns pola súa actitude e comportamento e a seguir aprendendo, mellorando e disfrutando.
Obra de teatro "Desexos" no multiusos para 4º ESO.
Hoxe, 7 de novembro do 2024, o alumnado de 4º da ESO acudiu ao Multiusos de Monforte para asistir a representación da obra teatral “Desexo” dirixida por Diego Rey da compañía Talía Teatro e interpretada por Marta Ríos e Dani Trillo.
Trátase dunha obra que aborda temas como a falta de educación afectivo-sexual, o manexo dos desexos, o uso da pornografía, as primeiras veces ou a falta de comunicación, todo elo dende a comedia.
Logo da representación teatral, o alumnado participou nun coloquio sobre cuestións relacionadas coa obra teatral coa sexóloga Bárbara Penas.
O alumnado acudiu acompañado pol@s profesoras/es María, Beatriz, Elba e Oscar.
Parabéns ó alumnado polo seu comportamento, ó profesorado por acompañalos e o Concello por organizar esta actividade.
Proxecto Competencial 2º ESO: Traballo Investigación sobre Monforte e podcast.
Esta mañá, de 6 de novembro, o alumnado de 2° da ESO de Proxecto Competencial realizou unha visita guiada a Monforte da man de Rosana Prieto, Guía Oficial de Turismo de Galicia.
Así, seguindo as súas explicacións, a rapazada foi descubrindo algúns dos espazos emblemáticos de Monforte como a Parroquia da Régoa, a Torre da Homenaxe ou o interior do Parador e tamén algúns segredos por que... quen sabía que hai un alxibe oculto dentro do convento de San Vicente máis ao estilo de Castela que de Galicia? E que a ponte romana non é romana e ademais tiña seis arcos?
Con está información e moita outra o alumnado volveu ao centro para continuar co seu proxecto de investigación e podcast sobre Monforte de Lemos e os seus habitantes.
Grazas a Rosana Prieto por acompañarnos e compartir con nós todos os teus coñecementos sobre a nosa vila!
Charla de Regras de Xogo no fútbol a cargo dos árbitros David Pérez Pallas e Saúl López Parga
O árbitro vigués, do VAR, David Pérez Pallas e o monfortino Saúl López Parga deron unha charla sobre as modificacións das regras de Fútbol no IES Río Cabe.
Falouse das regras de xogo e asemade abordouse o trato que reciben os árbitros por parte dos xogadores, adestradores e público en xeral, o cal xerou debate e conqueriuse empatizar coa dificil labor que teñen que levar a cabo os colexiados.
A actividade foi organizada polo Ciclo de Técnico Deportivo en Fútbol e deu inicio, por este curso, as actividades que complementarán o traballo na aula do alumnado.
Parabéns os organizadores, os colexiados e os participantes.
Menú do comedor Curso 2024/2025
Premendo na imaxe pode consultar o menú do comedor correspondente a Novembro de 2024.
Menús anteriores:
Outubro de 2024