Enderezo: Avenida Buenos Aires Nº 71 - 36500 Lalín - Pontevedra
Teléfono: 886 15 19 40 - Correo electrónico: ies.laxeiro@edu.xunta.gal
IES Laxeiro |
|
Enderezo: Avenida Buenos Aires Nº 71 - 36500 Lalín - Pontevedra Teléfono: 886 15 19 40 - Correo electrónico: ies.laxeiro@edu.xunta.gal |
|
CentroActividades para todo o centro Contos creados polo alumnado de Eduación Infantil do CEIP M. RiveroOs nosos colaborades de Eduación Infantil do M. Rivero achegan ao noso proxecto dous contos de creación propia. Serán os nosos estudantes os que logo os analicen xuntos cos outros socios-as dos países participantes. Moitas grazas este equipo de Educación Infantil tan creativo e participativo! Expo na residencia As DoresOs traballos realizados polo alumnado do IES Laxeiro, nomeadamente as fotos de One day in my life - Un día na miña vida, expóñense na residencia As Dores, con cuxa valiosa colaboración contamos para o desenvolvemento do proxecto Tunnel of Time. Montamos a exposición dos traballos presentados en Turquía no CEIP M. RiveroUn grupo de alumnas e alumnos de 3º A montaron a exposición dos traballos da primeira reunión en Tekirdag (Turquía) no CEIP Manuel Rivero O programa RCP nas aulas no IES Laxeiro
O IES Laxeiro, por medio do departamento de Educación Física, participa, por segundo ano, da experiencia RCP na Aula, froito do convenio entre as consellarías de Sanidade e Educación. Este convenio, impulsado pola Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia 061, trata de estender a experiencia RCP na Aula da provincia de Lugo, permitindo espallar a formación en soporte vital a todos os nenos e nenas de Galicia ao longo da Educación Secundaria Obrigatoria. » O IES Laxeiro en Radio VozO domingo 18 de febreiro María Meizoso, locutora de Radio Voz e conductora do programa Con Voz, entrevistou a algúns dos participantes na xuntanza transnacional en Tekirdag (Turquía), dentro do proxecto Tunnel of Time. Paula, Lucas, Mar e Xosé Manuel contan as súas impresións no programa dominical da emisora con sede n'A Coruña. Preparando a exposición dos traballos presentados en TurquíaNo día de hoxe preparamos a exposición dos traballos exhibidos na reunión en Turquía; na semanas vindeiras tamén os levaremos ás dúas entidades colaboradoras, O CEIP Manuel Rivero e a residencia As Dores. Tamén podedes ver os vídeos finais no Twinspace do proxecto e na web da coordinación finesa Peda.net Semana Branca no IES LaxeiroUn grupo de alumnas e alumnos de 1º, 2º e 3º de ESO estivo do 27 ao 3 de febreiro en Andorra iniciándose na práctica do esquí, no sector de El Tarter e Soldeu, no dominio de Grandvalira. Difusión da reunión en Tekirdağ - Turquía entre o alumnado do IES LaxeiroOs cinco alumnos e alumnas participantes na reunión transnacional enTekirdağ contáronlles aos seus compañeiros e compañeiras a experiencia e actividades levadas a cabo na escola turca asociada.
|
Novos números
|