Física e química

Semana da Robótica no Laxeiro - [17-21 febreiro 2020]

Un grupo de alumn@s convertíronse en Profesores "chiflados" de Robots...
Nunha primeira fase, foron aprendices, construindo e programando os Kits de Robots que temos no Instituto.
Logo na seguinte fase, eran eles os que titorizaban a grupos de alumnos interesados de 1º ESO.

Esta actividade foi coordinada por o Club de Ciencia, na selección do alumnado participante, con criterios de igualdade de oportunidades, de paridade de xénero e de idade.

Ao profesorado tamén se lle "formou" no manexo dos Kit de Robótica pero coma sempre foron superados polo noso alumnado de 1º ESO...

Unha experiencia que volveremos a repetir e a contar en canto teñamos o noso Espazo Maker no noso centro.

Alumnos Titores:

- Matías Rubén Zorrilla Duarte - 2º ESO B
- Iria Carballude Beleda - 2º ESO A
- Guillermo Pérez Fernández - 2º ESO C
- Samuel Núñez Grove - 2º ESO C
- Tomás Hermida Paulaskiene - 2º ESO A 

 [17-21 febreiro 2020]

- LEGO WE.DO 2.0 - Conxunto de actividades de ciencias - KIT nivel principiante

- LEGO MINDSTORM EV3 - KIT nivel avanzado

Recordamos o Día da Ciencia en Galego no noso centro - 4 Novembro 2019

Xa temos o vídeo editado do Día da Ciencia en Galego!

Aquela xornada fora moi proveitosa, moitos dos nosos alumnos convertíronse en científicos por un día...

Xogos Matemáticos, Impresión 3D, Experimentos Científicos (simulación de impactos de meteoritos) e moito mais!

O que triunfou foi a nosa Táboa Periódica XIGANTE!

Ver o vídeo - > Fai Click na ligazón

Educación STEM para o alumnado do Laxeiro.

Un grupo de alumnos e alumnas do IES participaron na semana STEM do 24 ao 30 de novembro. Un campamento de innovación educativa deseñado para espertar o interese na Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñaría e Matemáticas, a través de actividades cun enfoque eminentemente Maker (aprender facendo).

Makey Makey, Microbit, Robótica, Xogos Matemáticos, Efecto invernadoiro ou Pegada ecolóxica, son algunhas das actividades realizadas polo noso alumnado e que abrangen as áreas inluídas no acrónimo STEM. Un acercamento interdisciplinar ao aprendizaxe que desenvolve habilidades como a investigación, o pensamento crítico, a solución de problemas, a creatividade, a comunicación e a colaboración.

Convocatoria STEM 2019-2020

Ver mais Fotos - >Fai Click sobre a imaxe...

ou ben en https://drive.google.com/open?id=1w6ql4g-231gkl9VTqdhzO8IGDaRZ2K2I

 

Máis alá da aula

E o día chegou. Un día cheo de emocións, de bágoas, un día no que Luís Gustavo foi quen de tirarnos aínda agora máis dun sorriso. Luís Gustavo era moito más ca un xefe de estudos. Moito máis ca un profesor de Física e Química. Moito máis ca un compañeiro. Moito máis ca un esposo. Moito máis ca un fillo. Moito máis ca un pai. Todo el era "moito máis".
Si, seino. Cando alguén morre, quen queda limítase a enxalzar todo canto de bo tivo a persoa que vén de falecer. Pero é tan diferente neste caso! Os testemuños aportados polo seu exalumnado, feito motu propio e dende o corazón, son unha proba diso. Pero a maior proba foi a cantidade de xente que onte veu ao noso centro. O noso salón de actos non estaba cheo, estábao máis. O vestíbulo, o patio de fóra... E non só era a cantidade, era o silencio, o respecto, a estima, o amor que se respiraba... e era tamén o orgullo de formar parte dunha comunidade educativa que responde cando hai que facelo, era o orgullo de profesora vendo a ese alumnado implicado, a ese alumnado músico, a ese alumnado silencioso, a ese alumnado axudante... Luís Gustavo estaba alí entre nós, sorrindo, orgulloso de que todo saíse ben. Sentín que ao rematar unha palmada súa me dicía cariñoso, vez máis: ves como non era para tanto? Sempre te pos demasiado nerviosa e sempre sae todo ben...
Seguimos chorándote, Luís Gustavo.

 

 

Na prensa:

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/deza/2019/11/17/luis-gustavo-corazon-laxeiro/0003_201911D17C3991.html

https://www.farodevigo.es/portada-deza-tabeiros-montes/2019/11/17/o-ies-laxeiro-lembra-ao/2203775.html

Programación do curso 2019/2020

Nas ligazóns que seguen pódese descargar a programación do departamento que rixe para o curso 2019-2020

Physics and Chemistry

 

There are some of our experiments. It was a good year. Thanks to everybody.

A árbore de Nadal con máis ciencia!

 

O IES Laxeiro elabora unha vistosa peza con balóns de cores creadas no seu laboratorio.

Orixinal e desde logo, moi científica é a árbore elaborada do Nadal 2018/2019.

Foto: Bernabé / Javier Lalín

A vistosa peza está composta de balóns de diferentes cores resultado de experimentos docentes.

Neste curso 2018/2019, naceu o Club de Ciencia "oficial", programa concedido pola Cosellería de Educación e conxunto a outras activades STEM, e coas actividades do Día da Ciencia en galego do pasado 6 de novembro. A dea surxiu da Práctica de Medición do PH cuns indicadores naturais, empregando os balóns do Laboratorio. O alumnado de 2º Bacharelato realizaron o experimento usando col lombarda, no que consiste en preparar o estrato cortando e fervendo a hortaliza e logo filtrando o líquido e obtería o indicador de PH natural. Logo, estudaron o seu comportamento ao enfrontalo a diferente substancias, que toman diferentes cores en función do seu PH. Asi´, os ácidos (zume de limón e vinagre) teminan en vermellose rosas; os básicos (bicarbonatos sódicos e amoníaco) converten o indicador en azul e verde; e un neutro( augua destilada) pásao a violeta. Tamén fixeron algúns balóns con indicadores de PH químicos, como verde de metilo, no laboratorio de Física e Química. Para darlle un pouco de decoración de Natividade coroouse a árbore cunha estrela feita coa técnica de papiroflexia e a mesa cun papel vermello cheo de anotacións das diferentes ciencias.

A coordinadorado Clube de Ciencia, Marina Pardela Varela, en nome de tod@s, aproveitou para felicitar as festas cunhas mensaxe codificada empregando os elementos químicos da táboa periódica, gardando o rigor ao elixir as cores para cada grupo de elementos: 

"Fe li Ce S   Fe S Ta S  I Es La Xe I Rh O "

O obxectivo principal de esta decoración é facerlle ver ao alumnado que a Ciencia está presente no noso entorno e que, aínda que ten unha parte árida no seu estudo, tamén ten outra divertida e atraínte que compensa o esforzo!

Participaron na actividade os departamentos de Bioloxía, Física e Química, Tecnoloxía e Matemáticas e outros Profesores doutras especialidades que aportaron ideas e puxeron o seu grao de area axudando a colocar a peza ou valorando o traballo feito.

Publicado martes 18 de decembro de 2018 no Faro de Vigo - DEZA

O noso centro foi seleccionado para participar na Semana STEM

Teremos un grupo de 25 alumn@s de 1º ESO de Campamento "Científico-Tecnolóxico-Enxeñería-Matemático" na semana do 2 ao 8 de decembro deste ano.

Serán 13 nenas e 12 nenos que terán a oportunidade de participar nun escenario propicio para desenvolver capacidades, coñecementos e técnicas, a través dunha invitación ao descubrimento, que aumenten o seu interese por saber, cada vez mais, sobre os diversos campos da Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñería  e Matemáticas - STEM.

Esta actividade está organizada baixo a acción de Estratexia Galega de Educación Dixital (EduDixital2020) nas instalacións do Centro Vermislab.

Distribuir contido