1º Bacharelato
Iº Concurso de Vídeo Científico. IES Francisco Aguiar 2014
O xurado formado por Dna. Blanca Bello, D. Oscar García e Dna. Mar Nieves García acordaron seleccionar entre os vídeos presentados ao concurso os nove seguintes, e sometelos para unha votación popular
CLICANDO NA ICONA DA ESQUINA SUPERIOR ESQUERDA (LISTA DE REPRODUCCION) PODERÁS VER O LISTADO DE VÍDEOS SELECCIONADOS
AGARDAMOS A TÚA OPINIÓN
Fallo do Iª concurso de video-creación para a promoción da Lingua Galega
1º premio: "Un zapping polo galego" elaborado pola clase de 1ºD BAC.
Traballo do que resaltamos a capacidade para conectar co público ao que vai dirixido (o alumnado do IES), orixinal e divertido, que ademais transmite un xeito de traballar integrador e colaborativo, pois toda a clase de 1ºD participa na elaboración.
Accésits:
- "Cambiar para mellorar". Grupo de alumnos de 1ºB BAC.
Co seu traballo pretenden transmitir a validez da lingua galega para todo tipo de situacións: cos veciños, para falar da actualidade, nas relacións comerciais, no ocio.
- E nós, por que falamos en galego?" Grupo de alumnos de 1ºB BAC.
A resposta á pregunta do título serve de pretexto para recordar a nosa historia da lingua e rematar cunha reflexión sobre a carencia que para nós supòría a perda da lingua propia.
Parabéns a todos/as participantes polo seu entusiasmo e a perspectiva que souberon adoptar para a transmisión da mensaxe. Esperamos que estes sexan só os primeiros dos bos traballos que se presentarán en próximas convocatorias.
Andaina polo Camiño de Santiago. Alvedro-Mesón do Bento
O vindeiro martes, día 6 de maio, reanúdanse as tradicionais andainas polo Camiño de Santiago na nosa bisbarra.
Nesta ocasión percorrerán o camiño entre Alvedro e o mesón do Bento 47 alumnos e alumnas de 4º da ESO e 1º de BAC,
acompañados polos profesores Luís Gorrochategui, María E. Gómez e Pancho Sánchez.
¡Agardemos que desta volta non teñan que voltar a nado, como na última camiñata!
IMAXES DA VIAXE A BRUXELAS
Posando co Manneken Pis ( olliño, Jairo, que estás no punto de mira, ) Prolegómenos da visita ao Parlamento Europeo
E... voilà
Pero non só posamos...
tamén tivemos que encerrar a algúns recalcitrantes (c'est pas possible...)... aos que máis adiante indultamos,
e comimos churrasco belga no Amadeus , o restaurante das paredes forradas de libros.
¡allez, allez!
Visita ao Parlamento Europeo en Bruxelas
Como xa dixemos hai uns meses, o IES Francisco Aguiar recibíu a amable invitación do eurodiputado betanceiro, Antolín Sánchez Presedo, para visitar a sede do Parlamento Europeo en Bruxelas.
Por esta razón 28 alumnos e alumnas de 1º BAC, acompañados polos profesores José Antonio Varela e Julián Ferrer desprazaranse ata esta bela cidade belga dende o 8 ao 11 de abril. Completarán, tamén, a visita cun pequeno percorrido polas cidades de Bruxas e Gante.
¡Que o disfruten!
Concerto do alumnado de 1º BAC
Programa
“El Bueno, el Feo y el Malo”
Ennio Morricone. Arranxo de Blanca Bello.
“Black or White”
Michael Jackson. Arranxo de Blanca Bello.
“Vois Sur Ton Chemin” ( da película “Los Chicos del Coro”)
Bruno Coulais. Arranxo de Blanca Bello.
“Every Breath You Take”
Sting. Arranxo de Blanca Bello.
“Always on My Mind”
Johnny Christopher, Mark James e Wayne Carson Thompson.
Arranxo de Blanca Bello dende as versións de Liza Minelli e Pet Shop Boys.
“Carnavalito Humahuaqueño”
Popular Andina. Arranxo de Blanca Bello.
Os artistas
Adrián Brandariz López: flauta dulce, xilófono bajo, metalófono bajo.
Ricardo Cheda Faraldo: flauta dulce, xilófono bajo.
Jairo Fernández Bóveda: flauta dulce, teclado.
Noelia García Tojeiro: guitarra, metalófono bajo, metalófono alto.
David Lagares Lafuente: flauta dulce, xilófono bajo, metalófono contralto.
Kelly Lago Rey: teclado, bombo, voz.
Marta Martínez Penas: metalófono bajo, metalófono soprano, xilófono contralto, voz.
Miguel Mejuto Blanco: flauta dulce, saxo alto.
Iago Pena Morado: guitarra, xilófono contralto.
Claudia Río Pérez: teclado, xilófono soprano.
Sarela Rodríguez Doval: flauta travesera, teclado, triángulo.
Javier Vázquez Costa: flauta dulce.
Antonio Vázquez Rodríguez: batería, pandereta, xilófono contralto, bajo eléctrico.
Marta Vidal Iglesias: batería, bajo eléctrico, voz.
Crónicas romanas. II
Roma, 1 de marzo de 2014
Continuamos a aventura. Nin as distancias nin a choiva consiguen pararnos, e así é que non deixaremos esquina de Roma sen ver.
Hoxe dispuxémonos a marchar cara ó Vaticano e visitar os seus museos, amén da Basílica e a Praza de San Pedro. Unha vez nos museos, sorpresa a de algúns cando o primeiro que nos atopamos foron sartegos e momias exipcias, logo normalizouse o ambiente entre os deuses do panteón grecolatino.
Despois destes, digamos, preámbulos á magnificiencia, atopámonos coa incrible e excepcional Sala dos Mapas, cunha lonxitude que permite unha panorámica inigualable; pero que dicir das Estancias de Rafael? Imposible de plasmar en letra a expresiòn pictórica alí presente. Do mesmo xeito sucede cos Apartamentos Borgia (máis do Quatrocento) e case que non se vai comentar nesta crònica a impresión da Capela Sixtina.
Basílica e Praza de San Pedro do Vaticano son tamén merecedoras dos eloxios que xa reciben (e dos eloxios a quen as deseñou). Despois desta intensa mañá xantamos cos "pregos" e atencións da señora do restaurante.
Pola tarde tivemos tempo libre de compras e paseos pola zona do Panteón e da Fontana de Trevi, e finalmente aquí estamos, no hotel, facendo balance e preparándonos para o que nos espera.
Apertas e moitos bicos
Lucia & Elvira
Iniciación ao Padel
Este ano o Departamento de Educación Física está a facer un meritorio esforzo por presentar ao alumnado outros deportes máis aló dos habituais e, a miúdo, mediáticamente sobrerrepresentados. Neste senso o alumnado tivo a oportunidade de asistir a unha exhibición de Jugger e estase a preparar un achegamento ao taekwondo que xa practican algúns dos nosos alumnos.
Con esa mesma intención, o mércores 26 de febreiro o alumnado de 1º BAC poderá iniciarse no deporte do Padel coa visita ás instalacións do club de Padel D3 de Bergondo . Os distintos grupos desprazaranse de maneira sucesiva ata as pistas e alí poderán aprender e disfrutar deste deporte coa axuda cualificadísma dos profesores de Educación Física, Carlos Castellanos e María E. Gómez .
Conferencia de Dn. Eduardo Moscoso Mato
O v enres 21 de febreiro entre as 10,25 e as 11.15hs. no Salón de Actos do Instituto Francisco Aguiar o alumnado de 1º BAC participará nunha conferencia que lev ará por título “A tecnoloxía ao servizo das linguas” e será impartida polo profesor Dn. Eduardo Moscoso Profesor do departamento de filoloxía Galega na Universidade de Santiago de Compostela (USC) onde imparte materias como "Historia da lingua galega"ou "Lingua Galega para a Docencia". É, tamén, especialista na lingua galega da época medieval á que aportou a súa recoñecida obra: "Os tempos compostos no galego medieval".
Esta actividade inscríbese no programa “A Ponte” da USC por medio do cal tratase de achegar a Universidade ao alumnado de Bacharelato. Neste caso por mediación do Departamento de Orientación, o Departamento de Lingua e Literatura Galega solicitou esta conferencia destinada, como dixemos, ao alumnado de 1º BAC .
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 21
- 22
- 23
- 24
- 25
- 26
- 27
- 28
- 29
- seguinte ›
- última »