1º Bacharelato

Charla-Coloquio. Exdeputados do Parlamento de Galicia no "Aguiar"

  

O xoves, 6 de febreiro de 2014, ás 13:15h., o Parlamento de Galicia e a Asociación de Exparlamentarios/as organizan unha charla-coloquio no IES "FRANCISCO AGUIAR" de Betanzos.

Neste acto participarán os exdeputados Carlos Aymerich Cano (BNG), Xesús María Fernández Rosende (PPdeG) e Xesús Mosquera Sueiro (PSdeG-PSOE).

As charlas-coloquio teñen como finalidade que os alumnos dos centros educativos galegos coñezan o Parlamento de Galicia.

Os exparlamentarios relatarán en qué consisten as funcións da Cámara autonómica, a súa composición e órganos, e contestarán as preguntas dos asistentes. A charla compleméntarase cunha proxección audiovisual, que fai un percorrido pola realidade da principal institución política de Galicia.

Club de Lectura "turbulento"

¡QUE NINGUÉN SE ALARME POLO TITULO DESTA ENTRADA!

O único que ocorre é que o luns 27 de xaneiro, no recreo de bacharelato,  volven coller carreiriña os clubs de lectura de 1º BAC. Será coa posta en común sobre a obra de Miguel Suárez Abel titulada "Turbo"

(agardemos que non chegue o sangue ao río Guiño)

Invitación ao IES Francisco Aguiar para visitar o Parlamento Europeo

O IES “Francisco Aguiar” acaba de recibir unha invitación do eurodiputado betanceiro Antolín Sánchez Presedo para que un grupo de 23 alumnos/as, acompañados de dous profesores/as poidan visitar o Parlamento Europeo na súa sede de Bruxelas. Hai xa varios anos outros alumnos e alumnas  do "Aguiar"  puideron cursar unha visita similar (como podedes ver na parte inferior dereita da imaxe) .

Como consecuencia da invitación estamos a preparar esta viaxe que ofertamos ao alumnado de 1º BAC. Nela poderemos visitar, guiados polo eurodiputado, as instalacións do Parlamento Europeo pero tamén haberá tempo, nos catro días que durará a viaxe, do 8 ao 11 de abril para visitar Bruxelas, Gante e Bruxas. 

A viaxe conta cunha importante subvención do propio Parlamento Europeo, que axudará a facer máis levadeira para as economías familiares esta actividade.

O luns é a data definitiva para apuntarse os que queiran participar. De haber máis candidatos que prazas, realizarase un sorteo entre os interesados.

Clube de lectura

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Hoxe celebramos no recreo de bacharelato,

  • con éxito de público Risa,
  • entusiasta participación Sorriso,
  • máis que interesantes comentarios Selado
  • e platiños repletos de suculentas trufas belgas  Canso,    

                                                    ...a reunión do clube de lectura de 1º BAC sobre "O vixía no centeo" de J.D Salinger.

Clube de lectura 1º BAC. "Ás de bolboreta"

Hoxe, ás 11,15 comeza o primeiro grupo dos clubes de lectura de 1º BAC. 

Acompañados por Carme Suárez  e Óscar García comentarán a obra de Rosa Aneiros, "Ás de Bolboreta".

¡ Xa vos contaremos !

Orchestral Monologues in the Aguiar

Mañá de risas no IES Francisco Aguiar.

Mais,  aínda non sabemos por que os baixistas das orquestas son os únicos músicos imperturbables. Tamén temos aprendido os perigos de comer esas ricas gomas Milán NATA: unha enchenta ben pode acabar facendo desaparecer o water...

Se tedes oportunidade, acudide a ver a Oswaldo Digon.

Pola nosa parte, ¡Grazas a Oswaldo pola disponibilidade e pola calidade profesional e humana!

TALLER DE CREACIÓN LITERARIA

Luns 6 de abril de 9:30 a 11:30

O Concello de Betanzos e Vicedirección organizan un Obradoiro de Creación Literaria impartido por Miguel Anxo Fernán- Vello, para os alumnos/as de BAC lº D e 4º ESO C.

GRUPO DATA HORARIO
BAC 1º D

LUNS 6

MARTES 7

MÉRCORES 8

VENRES 10

9:30- 10:15

12:40- 13:30

10:40- 11:30

9:30- 10:15

ESO 4º C

LUNS 6

MARTES 7

MÉRCORES 8

VENRES 10

10:40- 11:30

13:30- 14:15

11:30- 12:15

8:45- 9:30

Conferencia sobre dispositivos baseados nos conceptos de Termodinámica

        22-Marzo-2013

enerxias_renovables

 

Charla ofertada pola Universidade de  Santiago de Compostela baixo o título: "Deseño para o outro 90%: Dispositivos baseados na aplicación de conceptos básicos de Termodinámica", sendo a conferenciante Pilar Brocos Fernández do Departamento de Física Aplicada.

Destinada ao alumnado de 1º e 2º de Bacharelato e organizada polos Departamentos de Física e Química e Tecnoloxía, en colaboración co Departamento de Orientación.

 


Visita ás Centrais Térmicas de As Pontes

29-Xaneiro-2013

Central_TermicaOs alumnos de 2º de Bacharelato (Física e Tecnoloxía) e de 1º de Bacharelato (Tecnoloxía), visitaron as dúas Centrais Térmicas de As Pontes, pertencentes á Empresa Endesa, acompañados polos profesores Mª Luisa Muíño e Juan Neira, dos Departamentos de Física e Química e Tecnoloxía.

O obxectivo da visita á Central Térmica Convencional era comprender o seu funcionamento, os combustibles empregados e o impacto no medio. Durante o percorrido, os alumnos puideron apreciar os elementos máis importantes da central: o parque de carbóns, as turbinas, as torres de refrixeración, sala de control... Tamén se achegaron ao lago de As Pontes, onde viron unha antiga rotopala excavadora e brevemente lles explicaron o proceso de extracción do carbón e a recuperación ambiental, tanto do lago como da escombreira.

Na visita á Central Térmica de Ciclo Combinado oa alumnos puideron coñecer como se xenera a electricidade, que partes integran o proceso e as vantaxes que presenta fronte á Central Térmica Convencional.

 

Foto_visita

Visita a Sotavento

18-Decembro-2012

icono_sotaventoActividade organizada polos profesores Mª Luisa Muíño (Departamento de Física e Química) e Juan Neira (Departamento de Tecnoloxía), destinada ao alumnado de 1º de Bacharelato de Ciencias.

Os obxectivos da visita foron os seguintes:

. Coñecer e comprender as fontes de enerxía renovables e non renovables, así como as súas características principais.

. Tomar conciencia da necesidade dun consumo enerxético responsable e eficiente, ante o crecente aumento das necesidades enerxéticas.

. Valorar as repercusións que as actividades humanas teñen sobre a natureza, e tomar conciencia da necesidade dun desenvolvemento sostible.

. Analizar o funcionamento dun parque eólico nas súas distintas fases: montaxe, producción e evacuación.

. Identificar as diferenzas tecnolóxicas existentes no parque e a súa terminoloxía.

. Descubrir e aprender as novidades tecnolóxicas que, no campo da transformación enerxética, terán repercusión nun futuro inmediato, (tecnoloxía do hidróxeno, pila de combustible).

. Coñecer exemplos reais de instalacións relacionadas coa arquitectura bioclimática, apostando polas fontes renovables na xestión da auga, aforro de enerxía e automatización do fogar (vivenda bioclimática).

Pódese atopar información acerca de Sotavento e das súas actividades divulgativas clickando nas imaxes.


Foto_visita

Distribuir contido