1º Bacharelato
Parabéns para Inés e Amaia no VI Concurso de Creación Literaria
Nunha soleada mañá do Día das Letras Galegas facíase entrega na Aula de Cultura "Xulio Cuns" de betanzos, dos galardóns concecidos no VI Concurso de creación Literaria do Concelo de Betanzos.
Nesta edición, de novo, o "Aguiar volveu brilar da man das súas alumnas . Na modadlidade de bacharelato alzábase co primeiro premio a alumna de 1º BAC Inés López e cun accesit outra das nosas alumnas Amaia Tomé
Día da Letras. Entrega dos Premios do VI Concurso de Creación Literaria
O 17 de maio ás 12h no Edificio Liceo de Betanzos terá lugar a entrega dos Prenios ao VI Concurso de Creación Literaria con que o Concello de Betanzos convida aos escolares de todos os centros e niveis educativos do Concello a celebrar o Día das Letras Galegas.
Desta volta, unha vez máis, o Aguiar estará ben representado.
27.IV.2016 Encontro no Aguiar de Correspondentes Xuvenís de Betanzos co galo do Día Europeo da Información Xuvenil
Betanzos (A Coruña), 27 de abril de 2016.-
Un total de 18 mozos e mozas, coordinados por 4 docentes, participan este ano en Betanzos no programa Correspondentes Xuvenís 3.0, unha iniciativa da Consellería de Política Social que consiste en formar unha rede de mozos e mozas que teñen o papel de “antenas” informativas para difundir nos seus centros de ensino programas e información de interese xuvenil. Todos eles son estudantes dos IES Francisco Aguilar e As Mariñas e do CPR Nuestra Señora del Carmen- Atocha. A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, participou hoxe nunha xuntanza con estes correspondentes co galo da celebración este venres do Día Europeo da Información Xuvenil.
Cecilia Vázquez agradeceu o seu traballo voluntario e resaltou que “a dinamización da información dentro do sistema educativo está considerada un eixo fundamental para ter redes de información xuvenil verdadeiramente operativas”. A directora xeral tamén lembrou que “esta é unha iniciativa de educación non formal que fomenta a participación xuvenil, ao tempo que o correspondente adquire valores como a solidariedade, o liderado e habilidades comunicativas e sociais”.
No total galego, no programa Correspondentes xuvenís 3.0 participan neste curso escolar 482 mozos e mozas, estudantes do segundo ciclo da ESO, bacharelato ou ciclos medios e superiores de formación profesional. Está presente en 67 centros da comunidade galega, dos que 63 son institutos de secundaria, 3 residencias xuvenís e o Centro Residencial Docente de Vigo. Esta iniciativa, experimentou un aumento de participación con respecto aos datos do curso pasado, na que se implicaran 383 alumnos dun total de 62 centros educativos.
Os alumnos correspondentes reciben información de xeito periódico, así como un boletín informativo semanal e outro material de interese que se elabora no Centro coordinador de información xuvenil da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado. Esta publicación contén todos aqueles temas que poden ser de interese para os mozos e mozas como bolsas de axudas, ofertas de traballo, recursos e dirección de interese, aloxamentos xuvenís ou ocio e tempo libre.
Unha vez recollida a información, o correspondente a difunde entre os seus compañeiros a través de diferentes medios como taboleiros no propio centro educativo, blogues ou redes sociais. Os correspondentes son “mediadores” de información xuvenil entre iguais, o que redunda nunha mellor acollida por parte dos compañeiros, ao sentirse máis identificados coa temática cando non é un adulto que o informa.
Correspondentes xuvenís 3.0 tamén dá visibilidade ás actuación xeradas polo propio centro coma certames, concursos ou viaxes, e todas elas poden ser exemplos de boas prácticas a seguir por outros centros ou entidades xuvenís.
Encontro dos Correspondentes 3.0 de Betanzos.
CECILIA VÁZQUEZ.
Directora Xeral de Xuventude e Voluntariado
O mércores 27 de abril teremos a honra de reunir no noso instituto a todos os rapaces e rapazas dos tres centros de ensino secundario de Betanzos que participan no programa da Xunta de Galicia, Correspondentes 3.0. Os correspondentes son rapaces e rapazas voluntarios que se encargan de difundir información de interese xuvenil entre os seus compañeiros por medio dos taboleiros de anuncios e cunha activa participación nas redes sociais.
O IES Francisco Aguiar participa por segundo ano neste programa e por iso é unha alegría recibir no noso Instituto aos correspondentes do IES As Mariñas e do Colexio de Atocha. Asemade visitaranos M. José, directora do Espazo Xove de Betanzos, impulsora da nosa participación en correspondentes 3.0 e a máxima responsable destes programas na Xunta de Galicia, a betanceira, e directora xeral de Xuventude e Voluntariado, Cecilia Vázquez.
21.IV.2016. Visita á empresa Alumán de Arteixo
O Departamento de Tecnoloxía organiza unha visita ás instalacións da fábrica de Alumán en Arteixo para o vindeiro xoves 21 de abril.
Participan nela os alumnos de Tecnoloxía de 4º da ESO e de Tecnoloxía Industrial de 1º BAC acompañados polos profesores Juan Neira e Carlos García.
O obxectivo da visita e permitir ao noso alumnado o coñecemento do funcionamento real dunha empresa e achegarse a unha análise dos controis de cualidade e de automatización da produción.
Nova celebración do Obradoiro de Creación Literaria. 8 de abril 2016
O venres 8 de abril volve a ter lugar no noso Instituto un Obradoiro de Creación Literaria.
Novamente en conxunción co Concello de Betanzos, o Departamento de Lingua e Literatura Galega e o Equipo de Dinamización e Normalización Lingüística ofrecen ao alumnado de 1º BAC a posibilidade de disfrutar coa creación literaria.
Martes 5 abril. Creación literaria e creadores no IES Francisco Aguiar.
Martes 5 de abril e mércores 6: no IES Francisco Aguiar terá un protagonismo especial, para o alumnado de 1º BAC, a creación literaria
Por unha banda, o grupo que cursa a materia de Literatura Universal en 1º BAC co profesor Francisco Rodríguez Coloma recibiran a visita da escritora Raquel Vázquez, ex do Aguiar e colaboradora habitual do noso instituto. Con ela terán ocasión de comentar un dos relatos ( "la sombra amarilla") do seu último libro publicado: "La ocarina del tiempo".
Por outra banda o alumnado do grupo D de 1º BAC participará durante dúas horas nun Obradoiro de Creación Literaria. Esta iniciativa, na que o noso instituto participou xa o pasado ano, parte do Equipo de Dinamización e de Normalización Lingüística do noso centro, do Departamento de Lingua e Literatura Galega e do Concello de Betanzos. Deste xeito, coa coordinación do profesor Xan Munín os nosos alumnos e alumnas achéganse á literatura dun xeito esencialmente práctico.
Completando isto, a mediodía os alumnos e alumnas da ESO participantes nos clubs de lectura teñen a súa periódica reunión para comer no Instituto e falar de libros.
POST DATA :
Mañá 6 de abril a nosa alumna Amaia Tomé recibirá en Santiago de Compostela o LXIV Premio Minerva concedido pola súa obra "Clare e outras illas"
Saída didáctica de xeoloxía e bioloxía ao Cabo Ortegal
Logo de varios aprazamentos debidos ás adversas condicións meteorolóxicas dos últimos días, o venres 1 de abril levarase a cabo a saída didáctica programada polo Departamento de Bioloxía e Xeoloxía para coñecer o entorno xeolóxico e biolóxico do Cabo Ortegal. Nela participan os alumnos e alumnas de bioloxía dos grupos A, B e C de 1º de Bacharelato.
Cabo Ortegal saída didáctica: ADIADA ata o día 31 de marzo !
O departamento de Ciencias Naturais organiza unha actividade co alumnado de Bioloxía de 1º BAC. A saída didáctica terá como destino a zona do Cabo Ortegal onde, acompañados por un guía, percorrerán e estudarán estas paisaxes.
Estaba previsto que a saída tivese lugar xusto á volta das vacacións de Semana Santa, concretamente o martes 29 pero por razóns aconselladas pola previsións meteorolóxicas extremadamente adversas para dito día, entendeuse conveniente adiar a actividade ata o vindeiro XOVES 31 do presente mes de marzo.
En principio, participarán nela todos os alumnos e alumnas de BAC 1º A e B e os seis alumnos de bioloxía de BAC 1º C, acompañados pola súa profesora Chus Santamariña e polo profesor do Departamento Marcos J. Beltrán.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 17
- 18
- 19
- 20
- 21
- 22
- 23
- 24
- 25
- …
- seguinte ›
- última »