1º Bacharelato
Intercambio Betanzos Gubbio. Crónica final e despedida. Xoan Vázquez
Al principio del día fuimos al colegio a ver una presentación con fotos de toda la semana por parte de los italianos. Nosotros, los españoles, presentamos un trabajo que hablaba de Betanzos y de Galicia.
Despues fuimos a ver el Palacio Ducal, donde vivía Federico de Montefeltro. Lo que más llamó la atención fue la sala en la que el en el pasado gobernaba y leía. Se conoce como Studiolo. Aunque no era la original, la decoración estaba hecha de diferentes maderas. Además de ser bonita, estaba lleno de símbolos relacionados con Federico. También vimos un holograma de el contando su vida a un ángel.
Además vimos el Duomo di Gubbio, la iglesia enfrente del palacio.
Xoan Vázquez
E de remate lágrimas xerais de despedida
Volvemos vernos xusto antes de semana Santa. Desta volta en Betanzos. CHAO!
Cronica da visita a Asis e Perugia. Mércores 21. Por Marina e Paula
Comenzamos o día cunha visita a Asís onde visitamos a igrexa de San Francisco de Asís con duas basílicas. Na superior puidemos encontrar algúns frescos deteriorados tras dous terremotos durante o pasado seculo e as pinturas do artista Giotto, na inferior a tumba de San Francisco, e nos xardins que rodean a igrexa encontramos unha escultura de San Francisco de Asís que o representa tras a derrota contra os peruginos
.
De seguido, fumos ao Templo Romano de Minerva, hoxe convertido nunha igrexa barroca, famosa pola súa fachada e decoracións barrocas e a Basílica de Sta. Chiara, unha Basílica gótica na que apreciamos arcos arcobotantes, que favorecían a luminosidade das igrexas de este estilo ao facer os muros mais lixeiros.
Ao mediodía xantamos e visitamos a Basílica de Sta. María de Degli Angeli, na que se encontra a Porciuncula, primera igrexa que fixo San Francisco e onde morreu.
E, por último, fumos á cidade de Perugia onde puidemos visitar a rúa principal, a catedral e o Palazo dos Priores.
Marina Muíño e Paula Espada
O primeiro día de escola en Gubbio segundo Sara e Andrea
O noso primeiro día na escola foi moi entretido. Para comezar, fomos cos nosos correspondentes ás súas respectivas aulas.
Despois, faláronnos da súa cidade a través dunha presentación, da que destacaremos que celebran unha festa moi representativa, “Ceri”, e que teñen o abeto de Nadal máis grande do mundo (feito con luces de cores). Tamén nós lles amosamos unhas fotos de Betanzos. Logo, ensináronnos a súa escola e fomos comer.
Xa pola tarde, leváronnos á “Fontana de Bargello”
e presenciamos uns talleres ao lado da mesma: “Gypsea” e “Volta la carta”.
Para rematar, sacamos unhas fotos en “Piazza Grande” e deixáronnos tempo libre.
Sara Núñez Fernández
Andrea López López
*Crónica dunha viaxe a Roma*. Sofía, Elías, Ezequiel. Xoves 15.
A primeira parada do día foi no Vaticano. A guía mostrounos os principais intereses do "Museo do Vaticano": as pinturas da Capilla Sixtina, a basílica de San Pedro... O artista máis relevante foi Miguel Ángel: pintor do teito da bóveda da capela, diseñador da cúpula da basílica...
Logo da visita camiñamos ata o "Castel Sant'Angelo", dende onde puidemos disfrutar dunha das mellores vistas da cidade de Roma.
A seguinte parada foi na "Piazza Navona". A continuación dirixímonos ao Panteón, visitando de camiño a igrexa de Sant Luis. Alí atópanse uns dos mellores cadros de Caravaggio.
Por último voltamos á "Fontana de Trevi", pois queríamos disfrutar da beleza da mesma baixo a luz da lúa.
Elías Teijo López,
Ezequiel Varela Vázquez,
Sofía Pena Freire.
Crónica do primeiro día da viaxe a Roma e Gubbio. Por Alicia García e Sofía Cerezuela
14 de setembro. Chegamos a Roma.
Pola tarde, o primeiro que visitamos foi a basílica barroca de Santa María Mayore, tamén chamada a basílica dos españois, xa que o rei español Filipe IV a financiou.
Despois visitamos os foros imperiais e o Coliseo.
Regresamos aos foros e visitamos o foro de Trajano, onde vimos a estatua de Trajano situada sobre unha columna na que se describían as batallas libradas polo xeneral.
Tamén vimos o Pastelón ou Máquina de Escribir, edificio dedicado aos homes que morreron por Italia.
Máis adiante fomos a unha igrexa gótica a cal tiña enfrente a estatua dun elefante.
Seguidamente fomos ao Panteón e ceamos pola zona.
Por último, contemplamos unha praza cunha fonte que representaba os catro ríos máis importantes daquela época,
ademáis, esta praza contén outras dúas fontes nos seus extremos.
Alicia García e Sofía Cerezuela.
Viaxe cultural a Roma e intercambio co Liceo Mazzatinti de Gubbio
O martes 13 de setembro, e durante dez días, terá lugar unha das experiencias clásicas e máis enriquecedoras das que se benefician os alumnos do IES Francisco Aguiar.
Trátase dunha viaxe cultural á cidade de Roma que se completará cun intercambio co alumnado do Liceo Mazzatinti da fermosa cidade italiana de Gubbio.
Participarán nesta experiencia 18 dos nosos alumnos e alumnas acompañados polas profesoras Lucía Sáez Baquedano e Carmen Suárez Moledo.
Engádese tamén unha novidade a esta viaxe: unha bolsa de cen euros que a cafetería do noso instituto concede ao participante con mellor expediente académico na última avaliación.
Saída didáctica ás Illas Cíes ou "cando os do Aguiar foron ao Paradiso" 21.VI.2016
De auténtica invasión podería cualificarse o que ocorrerá o martes 21 de xuño nas Illlas Cíes. Porque perto de 90 (!) dos nosos alumnos e alumnas de 4º da ESO e 1º BAC visitarán este recuncho marabilloso e precioso da nosa xeografía e patrimonio natural.
Acompañados por cinco profesores e dirixidos por un guía terán a oportunidade de coñecer un medio natural realmente único enmarcado no Parque Natural das Illas Atlánticas: xeoloxía, modelados, fauna e flora para sorprender e admirar. E non menos sorprenderá o achegamento ás illas en barco e o como remate do labor, o baño nunha das praias máis fermosas ( e de auga máis fría) do mundo a de Rodas.
Unha forma ben instrutiva e fermosa de culminar un duro curso!
Concerto Fin de curso, NO ALFONSETTI!
Comezaremos, dende a administración destas páxinas, por pedir disculpas polo erro na convocatoria deste concerto: Non foi na Aula Xulio Cuns, senón no Teatro Alfonsetti!
Por outra banda, compre destacar o entusiasmo e calidade de interpretes ( alumnos de 1º BAC coa incorporación de Pablo Erias, 3º ESO) e directora (Blanca Bello) que o pasado xoves 16 de xuño fixeronnos pasar un tempo verdadeiramente delicioso e entretido. Parabéns.
Andaina polo camiño inglés. Sigüeiro-Compostela
Percorrer o Camiño de Santiago como experiencia cultural e fondamente humana, antropolóxica.
Tal é xustificación con que naceron as andainas polo Camiño, primeiro vencellados ao Departamento de Lingua Castelá e agora ao de Filosofía
Disfrutar por igual do camiño, como da chegada; do esforzo, como do descanso;
da soedade do camiñante, como da compañía dos outros viaxeiros, sexan do Aguiar ou Filipinos
E voltar a casa, seica cos pes magullados, pero co peto cheo de experiencias humanas e da alegría do esforzo compartido.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 16
- 17
- 18
- 19
- 20
- 21
- 22
- 23
- 24
- …
- seguinte ›
- última »