Viaxe cultural a Roma e intercambio co Liceo Mazzatinti de Gubbio

O martes 13 de setembro, e durante dez días, terá lugar unha das experiencias clásicas e máis enriquecedoras das que se benefician os alumnos do IES Francisco Aguiar.

Trátase dunha viaxe cultural á cidade de Roma que se completará cun intercambio co alumnado do Liceo Mazzatinti da fermosa cidade italiana de Gubbio.

Participarán nesta experiencia 18 dos nosos alumnos e alumnas acompañados polas profesoras Lucía Sáez Baquedano e Carmen Suárez Moledo.

Engádese tamén unha novidade a esta viaxe:  unha bolsa de cen euros que a cafetería do noso instituto concede ao participante con mellor expediente académico na última avaliación.