1º Bacharelato
Segunda sesión dos talleres de igualdade
Os vindeiros 21 e 22 de febreiro o alumnado de 1º BAC completará a súa participación no Talleres de Igualdade que están realizando coa nosa ex alumna, a Terapeuta Ocupacional, Natalia V. Pita.
Obradoiros de Igualdade de xénero. "Chute" de enerxía... e realidade con Natalia Vázquez Pita
Grazas á desinteresada i entusiasta colaboración da nosa "ex" Natalia Vázquez Pita, Terapeuta Ocupacional i experta en coeducación e violencia de xénero, o alumnado de 1º BAC participará a partir do martes 14 de febreiro nun obradoiro sobre igualdade de xénero.
Natalia foi impulsora, coa Asociación Xuvenil Brigantium, dunha novidosa e interesante proposta no pasado verán. A dita Asociación Xuvenil Brigantium convocou o concurso "Un debuxo no ceo pola igualdade de xénero" para ser representado no Globo de San Roque, Betanzos 2016. Esta iniciativa estivo enmarcada dentro do programa "Iniciativa Xove" da Dirección Xeral de Xuventude, participación e voluntariado da Xunta de Galicia, entidade coa que Natalia participa activamente.
As dúas sesións que Natalia dirixirá con cada grupo terán lugar os vindeiros días 14 e 21 (cos grupos B e D), e 15 e 22 (cos grupos A e C) do presente mes de febreiro.
Polo que coñecemos os obradoiros serán un "chute" de enerxía (Natalia a asegura co seu sorriso e o entusiasmo da súa palabra ) pero tamén de realidade ( e ás veces moi dura )
Visita a ENDESA As Pontes
O martes 7 de febreiro, os Departamentos de Física e Química e de Tecnoloxía visitarán un ano máis as instalacións de ENDESA en As Pontes.
Coordinados por Luisa Muiño e Juan M. Neira os alumnos de Física de 2º BAC e de Tecnoloxía Industrial de 1º BAC ocuparán toda a mañá nesta interesante visita.
Exparlamentarios no Aguiar
Un ano máis, e imos xa pola cuarta edición, o noso alumnado de 1º da BAC tivo a oportunidade, este martes 17 de xaneiro ,de escoitar e entablar un interesante coloquio con tres exparlamentarios do Parlamento de Galicia. Dous deles honrábannos repetindo visita.
Polo PSdG-PSOE Antolín Sánchez Presedo, que contou a súa vivencia como parlamentar e aportou non só os seus coñecementos históricos ( por exemplo sobre as orixes galegas do parlamentarismo europeo), senón a súa máis que contrastada experiencia en asuntos europeos derivada da súa etapa como eurodeputado en Bruxelas (moitos alumnos no Aguiar ainda recordan e agradecen as súas invitacións para coñecer in situ as institutcións europeas)
Polo BNG a experiencia parlamentar e como sindicalista da CIG de Fernando Branco Parga quen xa dende o inicio expresou que garda un recordo moi agradable das experiencia anteriores. Destacou a pertinencia e interese da preguntas que cada ano formulan os alumnos e alumnas do Aguiar.Aportounos unha sinceira defensa do parlamentarismo acompañada dunha proposta de mellora e interesantes reflexións sobre a corrupción.
E finalmente recibimos, por primeira vez neste acto, á representate do PPdG, María Faraldo que se referíu con orgullo á súa experiencia como primeira alcaldesa de Betanzos e logo como deputada no Parlamento de Galicia. As súas reflexións sobre a vida parlamentaria quixo adicalas a desfacer dous mitos falsos: que o Parlamento é un lugar aburrido e que nel non se traballa.
Logo das presentacións de rigor, realizadas polo director José Manuel Montero, asistimos á proxección dun pequeno video explicativo do Parlamento ao que seguiron as intervencións dos nosos invitados.
Seguidamente, a parte máis interesante, unha rolda de preguntas que tivemos que cortar para non restar demasiado tempo á clase seguinte. Na dita rolda xurdiron preguntas sobre o protagonismo das mulleres en política, sobre o papel dos lobbies, sobre impostos, sobre a corrupción...
Alba Fernandez falará sobre astrofísica ao alumnado de BAC
Sobre buratos negros, cuásares e púlsares, e as ferramentas que usan os astrofísicos para analizar e visualizar os datos que observan.
O venres 16 de decembro, no Aguiar, falaremos de Astrofísica.
A ex alumna do Aguiar, Alba Fernández Barral falará aos alumnos de física de 1º e 2º BAC.
Isto é posible pola súa grande xenerosidade ao cedernos o seu tempo, e porque Alba forma parte dun grupo de catro estudantes de doctorado do Grupo de Astropartículas de IFAE (Institut de Física d’Altes Energies ): Alba Fernández, Daniel Guberman, Leyre Nogués y Quim Palacio. Quim busca materia oscura, Leyre estuda se a velocidade da luz é constante, Daniel analiza se unha remanente de supernova emite Raios Gamma ou non, e Alba observa un sistema binario dun burato negro e unha estrela .
Este xoven equipo ten creada unha interesante aplicación, "Cazadores de Rayos Gamma" para achegar aos estudiantes de Secundaria á observación e ao estudo dos fenómenos máis violentos do Cosmos. A idea do proxecto xurde como ampliación das actividades educativas para estudantes de secundaria organizadas nos últimos años. A aplicación desenvolveuse íntegramente en IFAE con axuda de colaboradores externos e está baseado en software libre.
Grazas a Alba poderemos coñecer de primeira man a astrofísica de moi alta enerxía, unha grande desconocida se a comparamos con la astronomía óptica. Os instrumentos que usa – os telescopios Cherenkov – son distintos e tamén os procesos que estuda, é dicir, os eventos máis enerxéticos e extremos do Universo. Porén en España hai unha grande comunidade científica arededor dos telescopios MAGIC instalados no Observatorio o "Roque de los Muchachos" na isla de La Palma, e que actualmente son instrumentos líderes na detección de Rayos Gamma. Además, en La Palma comezouse a construir o primeiro telescopio da sede norte do Cherenkov Telescope Array (CTA), un observatorio astronómico internacional adicado á astrofísica de moi alta energía.
Máis información: http://www.cazadoresderayosgamma.com/
Charla no Aguiar de Jacobo Rial, árbitro galego da ACB
Nos tempos que vivimos, nos que o deporte é tan omnipresente nos medios de comunicación, nas conversas diarias, no horario cotián da nosa xuventude. Non paramos de escoitar loas aos valores do deporte, o compañerismo, a sana competición, o esforzo.... pero o triste é que tamén escoitamos a míudo noticias arrepiantes sobre violencia e agresións contra os que teñen que ser garantes dises valores, os árbitros nos diversos deportes.
O xogo, o deporte, baséase no respecto a normas acordadas e, a miúdo, é precisa a presenza dunha figura que faga cumplir esas normas, que asegure eses valores dos que enchemos a boca como propios do deporte como o xogo limpo, o tan manido "fair play".
Ista é a razón pola que o Departamento de Educación Física ofrécenos, desta volta, unha charla cun árbitro de primeiro nivel. Grazas ás xestións da nosa compañeira Edda G. Beltrán poderemos compartir impresións e reflexións cun colexiado de baloncesto, o galego Jacobo Rial, que ten arbritrado na máxima categoría española diste deporte, na ACB. A súa conferencia estará dirixida ao alumnado de 1º BAC e terá lugar no Salón de Actos durante a 4ª sesión de clase ( entre as 11,45 e as 12,35)
Se queredes saber máis sobre el, ollade esta breve entrevista ( enlace)
Desafío de xadrez no Aguiar. Edda G Beltrán en simultáneas contra alumnado BAC
O xoves 1 de decembro, durante o recreo de Bacharelato, a profesora de Educación Física, Edda G. Beltrán, reta a partidas de xadrez a cantos alumnos e alumnas de Bac queiran enfrontarse a ela de xeito simultáneo.
O desafío terá lugar no ximnasio fronte á cafetería e será unha boa oportunidade para apreciar este deporte que no Aguiar procuramos promocionar. De feito, cada xoves á tarde, desenvólvese no Instituto unha escola de xadrez que imparte o noso compañeiro Óscar García Ramos.
Andainas polo Camiño Inglés. Betanzos-Hospìtal de Bruma
Incorporadas á programación das materias de Filosofía e Antropoloxía, retómanse no IES Francisco Aguiar as andainas polo Camiño Inglés a Santiago de Compostela.
Case corenta alumnos e alumnas de 1º de Bacharelato acompañados polos profesores Luis Gorrochategui e Silvia Carro percorrerán o tramo que leva dende Betanzos a Hospital de Bruma, punto iste onde conflúen os tramos do Camiño Inglés que chegan dende Ferrol e dende A Coruña.
A viaxe terá lugar o vindeiro martes 18 de outubro e forma parte dun programa que, en tres etapas, levará a este grupo do noso instituto ata a cidade de Santiago.
O intercambio de Gubbio na prensa italiana
Gubbio, scambio culturale tra gli alunni del Mazzatinti e i pari eta' di Betanzos, in Galizia
Gubbio, scambio culturale tra gli alunni del Liceo Mazzatinti e i pari eta' di Betanzos, in Galizia. Realizzati lavori sui sentieri religiosi, da quello Francescano a quello di Santiago.
03/10/2016 15:01
Redazione
Si è appena concluso lo scambio culturale tra gli alunni delle classi 3ALS e 3BLS del Liceo Mazzatinti di Gubbio con studenti del liceo Francisco Agujar della città di Betanzos, in Galizia. Dal 16 al 24 settembre 2016 una rappresentanza di alunni e docenti delle due scuole si sono incontrati, dopo un lavoro di cooperazione iniziato lo scorso aprile.
Lo scambio ha avuto come oggetto il confronto tra le due città e le due regioni. Gli alunni delle due classi hanno organizzato i lavori sui temi di approfondimento che hanno spaziato dall ‘architettura, alla storia,alla geografia, ai monumenti e ai sentieri di pace che accomunano Assisi e Santigo de Compostela, senza tralasciare la cucina e le tradizioni.
Tutti i lavori sono stati condivisi presso l’ Aula Magna attraverso video, presentazioni, posters, video tutti creati dagli studenti stessi i quali hanno dimostrato di saper bene utilizzare molte applicazioni e strumenti 2.0,usati per la realizzazione dei loro prodotti. Studenti e professori hanno apprezzato sia le bellezze della nostra città,con la visita guidata al Museo del Palazzo dei Consoli, del palazzo Ducale e ad alcuni laboratori artigiani del centro storico, che una parte del territorio umbro, con la visita ad Assisi e Perugia.
Hanno avuto anche la possibilità di “gustare” l’atmosfera e i sapori della taverna, grazie alla disponibilità e alla gentilezza della Famiglia dei Sangiorgiari, che ci ha dato la possibilità di offrire la cena di saluto, preparata e servita grazie all’ammirevole lavoro delle famiglie degli studenti. Una delegazione di studenti e docenti del Liceo si recherà in Spagna per la visita di ritorno il prossimo Aprile.
Visita á exposición "Ciencia e Tecnoloxía da Luz" (30.IX.2016)
O venres 30 de setembro un numeroso grupo de alumnos e alumnas de Bacharel, os que cursan as materias de Tecnoloxía en 1º e de Física en 2º, tiveron a honra de abrir a temporada de visitas didácticas no presente curso no IES Francisco Aguiar.
Desta volta tratábase dunha saída para achegarse cara a unha exposición-obradoiro que baixo o título "A Ciencia e a Tecnoloxía da Luz" tiña lugar no Centro Ágora de A Coruña. Estiveron acompañados polos seus respectivos profesores de Física (Mª Luisa Muiño) e Tecnoloxía (Juan M. Neira).
Nela atoparon módulos de experiencias para explorar diversos aspectos do tema tratado:
-Módulos de experiencias que exploran la ciencia y la tecnología que gira alrededor de la Luz y que podemos clasificar bajo los siguientes epígrafes.
Luz e informática. Programas explicativos
Sundials o Relojes de Sol. Código de barras. Leyendo y creando códigos de barras de diversos tipos. Espejos, gafas. Números y colores. Google cardboards para ver realidad virtual, realidad aumentada y 3D.
Luz y tecnología
Puertas de luz láser. Fotografía a alta velocidad. Luz y Arduino: 10 ejemplos. Luz y robótica e informática con EV3. Robot que sigue una determinada línea con el sensor de luz. Movimiento con potencia proporcional a la intensidad de la luz que recibe. Moverse hacia la luz...
Luz y Arte
Ideas sobre la visión y la percepción del color que marcaron todo un siglo del arte pictórico. Ilusiones ópticas. Anamorfismo.
Luz y Astronomía
Sextante, medida de la Tierra de Eratóstenes, cartel gigante de Historia de la Astronomía
Luz y Geometría
Viaje hacia el infinito, multiplicador de imágenes, periscopio, caleidoscopio...
Luz y Matemáticas
El principio de Fermat, medir las alturas con espejos (Euclides), medir con luz, simetrías con espejos, caleidoscopios poliédricos...
Luz y cultura. Las festividades anuales celtas, Día y noche, los dioses del Sol y de la Luz...
Luz y percepción. Varios experimentos están relacionados con el funcionamiento del ojo, de cómo este recoge la luz y la procesa. Otros tratan la visión tridimensional y su simulación a partir de figuras bidimensionales.
Luz y física. Experimentos de Newton, la espectroscopia, los discos CD y DVD con lectura láser, los láseres, la luz coherente, onda y partícula, los agujeros negros, relatividad y luz, etc.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 15
- 16
- 17
- 18
- 19
- 20
- 21
- 22
- 23
- …
- seguinte ›
- última »