Charla no Aguiar de Jacobo Rial, árbitro galego da ACB

Nos tempos que vivimos, nos que o deporte é tan omnipresente nos medios de comunicación, nas conversas diarias, no horario cotián da nosa xuventude. Non paramos de escoitar loas aos valores do deporte, o compañerismo, a sana competición, o esforzo.... pero o triste é que tamén escoitamos a míudo noticias arrepiantes sobre violencia e agresións contra os que teñen que ser garantes dises valores, os árbitros nos diversos deportes.  

O xogo, o deporte, baséase no respecto a normas acordadas e, a miúdo,  é precisa a presenza dunha figura que faga cumplir esas normas, que asegure eses valores dos que enchemos a boca como propios do deporte como o xogo limpo, o tan manido "fair play". 

Ista é a razón pola que o Departamento de Educación Física ofrécenos, desta volta, unha charla cun árbitro de primeiro nivel. Grazas ás xestións da nosa compañeira Edda G. Beltrán poderemos compartir impresións e reflexións cun colexiado de baloncesto, o galego Jacobo Rial, que ten arbritrado na máxima categoría española diste deporte, na ACB. A súa conferencia estará dirixida ao alumnado de 1º BAC e terá lugar no Salón de Actos durante a 4ª sesión de clase ( entre as 11,45 e as 12,35)

Se queredes saber máis sobre el,  ollade esta breve entrevista ( enlace)