Encontro dos Correspondentes 3.0 de Betanzos.
CECILIA VÁZQUEZ.
Directora Xeral de Xuventude e Voluntariado
O mércores 27 de abril teremos a honra de reunir no noso instituto a todos os rapaces e rapazas dos tres centros de ensino secundario de Betanzos que participan no programa da Xunta de Galicia, Correspondentes 3.0. Os correspondentes son rapaces e rapazas voluntarios que se encargan de difundir información de interese xuvenil entre os seus compañeiros por medio dos taboleiros de anuncios e cunha activa participación nas redes sociais.
O IES Francisco Aguiar participa por segundo ano neste programa e por iso é unha alegría recibir no noso Instituto aos correspondentes do IES As Mariñas e do Colexio de Atocha. Asemade visitaranos M. José, directora do Espazo Xove de Betanzos, impulsora da nosa participación en correspondentes 3.0 e a máxima responsable destes programas na Xunta de Galicia, a betanceira, e directora xeral de Xuventude e Voluntariado, Cecilia Vázquez.