Iniciación ao Padel

 

          Este ano o Departamento de Educación Física está a facer un meritorio esforzo por presentar ao alumnado outros deportes máis aló dos habituais e, a miúdo, mediáticamente sobrerrepresentados. Neste senso o alumnado tivo a oportunidade de asistir a unha exhibición de Jugger e  estase a preparar un achegamento ao taekwondo que xa practican algúns dos nosos alumnos.

             Con esa mesma intención, o  mércores 26 de febreiro o alumnado de 1º BAC poderá iniciarse no deporte do Padel coa visita ás instalacións do club de Padel D3 de Bergondo .  Os distintos grupos desprazaranse de maneira sucesiva ata as pistas e alí poderán aprender e disfrutar deste deporte coa axuda cualificadísma dos profesores de Educación Física,  Carlos Castellanos e María E. Gómez .