Crónicas romanas. II

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Roma, 1 de marzo de 2014

 

Continuamos a aventura. Nin as distancias nin a choiva consiguen pararnos, e así é que non deixaremos esquina de Roma sen ver.

 

Hoxe dispuxémonos a marchar cara ó Vaticano e visitar os seus museos, amén da Basílica e a Praza de San Pedro. Unha vez nos museos, sorpresa a de algúns cando o primeiro que nos atopamos foron sartegos e momias exipcias, logo normalizouse o ambiente entre os deuses do panteón grecolatino.

Despois destes, digamos, preámbulos á magnificiencia, atopámonos coa incrible e excepcional Sala dos Mapas, cunha lonxitude que permite unha panorámica inigualable; pero que dicir das Estancias de Rafael? Imposible de plasmar en letra a expresiòn pictórica alí presente. Do mesmo xeito sucede cos Apartamentos Borgia (máis do Quatrocento) e case que non se vai comentar nesta crònica a impresión da Capela Sixtina.

Basílica e Praza de San Pedro do Vaticano son tamén merecedoras dos eloxios que xa reciben (e dos eloxios a quen as deseñou). Despois desta intensa mañá xantamos cos "pregos" e atencións da señora do restaurante.

Pola tarde tivemos tempo libre de compras e paseos pola zona do Panteón e da Fontana de Trevi, e finalmente aquí estamos, no hotel, facendo balance e preparándonos para o que nos espera.

 

Apertas e moitos bicos

Lucia & Elvira