Lingua Galega e Literatura
Obradoiro sobre Mª Victoria Moreno. Por Soledad Felloza
O Mércores 23 de maio ás 10,40 o alumnado de 1º da ESO participará no noso Salón de actos nun obradoiro sobre Mª Victoria Moreno.
A actividade está organizada polo Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística que coordina o compañeiro Xan Munín.
Chegou aos nosos oídos ... Uxía López Meirama presenta libro en Biblos
Chegou aos nosos oídos... noticia de que a nosa compañeira, profesora de lingua galega, Uxía López Meirama, presentará hoxe libro en Betanzos. O marco elexido volve a sermos coñecido, a Libraría Biblos na rua Santiago da nosa cidade, ás 20.h.
Semella que estamos diante dun libro que nos convida a pasear por fragas e a soñar cos pes ben chantados en terra galega. As guías para esta rota serán a palabra de Uxía e da ilustración de Miguelanxo Prado, presentados ambos por Tucho Calvo.
Bicos con Lingua. O alumnado de 1º BAC ao Teatro Colón. 26.IV.2018
O xoves 26 un nutrido grupo de case 100 alumnos e alumnas de 1º BAC desprazaranse ata o Teatro Colón de A Coruña. O obxecto é asistir á reprentación teatral da obra "Bicos con Lingua", que pon en escea Talía Teatro. Comparecerán na cidade herculina acompañados polos seus profesores Carmen Suárez, Uxía Cagiao, Xosé Manuel Montero e Xan Munín .
Bicos con Lingua é un espectáculo que nace dun forte sentimento de amor cara algo tan propio como é a nosa lingua. Non se trata en ningún momento dun exercizo de vitimismo, nada máis lonxe da nosa intención, senon de afondar nun problema real e, certamente preocupante. Así, pretendemos que esta montaxe supoña para o espetador unha experiencia de redescubremento dunha lingua que existe e que crece na súa inmensa riqueza, a pesar dos usos e abusos aos que está sometida a cotío.
http://www.teatrocolon.es/es/evento/bicos-con-lingua-talia-teatro/
Obradoiro de Poesía Escrita, por Apiario. 25-26.IV.2018
Grazas á colaboración entre o Equipo de Normalización e Dinamización Linf¡güística que coordina Xan Munín no noso instituto, e o Servicio de Normalización Lingüïstica do Concello de Betanzos, o mércores 25 e o xoves 26 dous grupos de 3º de ESO ( 3º D e 3º C respectivamente) poderán participar nun obradoiro de poesía escrita.
A actividade estará dirixida por unha das compoñentes do colectivo Apiario, Antía Otero que deste xeito explica a súa proposta para o noso alumnado:
Ante a grande barreira que soe provocar tratar a poesía co alumnado, este obradoiro busca desmitificar multitude de tópicos que xorden neste xénero.
Afrontando a sesión dende o sensorial e o interdisciplinar, a través do debate colectivo ao redor das nosas experiencias, do emprego da propia voz para escoitar as palabras no eco, da relación que se crean entre elas na sinestesia e noutros recursos estilísticos... achegarémonos ao misterioso xogo e á revelación que proporciona a poesía, para chegar á escrita colectiva na segunda parte do encontro.
Chegou aos nosos oídos...VIII Concurso de Creación Literaria
O Concello de Betanzos convoca por oitavo ano o Concurso de creación literaria. Este ano o concurso abre o prazo desde o 5 de abril ata o 7 de maio de 2018, coincidindo coa programacion do Día Internacional do Libro e da Lectura e o Día das Letras Galegas. Ademais, e por segundo ano consecutivo, o concurso contará cunha categoría aberta a calquera persoa maior de idade.
Os obxectivos do VIII Concurso de creación literaria son promover o emprego escrito da lingua galega e fomentar a creación literaria xuvenil. Os textos presentados poderán ser relatos ou poesías e cada participante poderá presentar un só texto ao concurso. Tamén se establecen tres categorías nos premios, haberá un primeiro premio e un accésit na categoría do alumnado da ESO, outro na categoría de Bacharelato e ciclos formativos e un último na categoría aberta para calquera persoa maior de idade.
Todos os traballos deberán presentarse en lingua galega e o tema é libre. Os traballos poderán entregarse ata o vindeiro 7 de maio na secretarías do CPR Nosa Señora do Carme-Atocha, do IES Francisco Aguiar e do IES As Mariñas, no Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Betanzos (Oficinas Xerais, edificio Liceo) ou na Biblioteca Municipal Alfonso Castelao.
As persoas interesadas poden solicitar máis información do VIII Concurso de creación literaria do Concello de Betanzos no Servizo de Normalización Lingüística do Concello, no teléfono 981 770 011 (extensión 2224) ou no enderezo electrónico normalizacion@betanzos.net.
Podes descargar as bases no seguinte enlace
ALDAOLADO. Lucía Aldao e María Lado outra vez no Aguiar. 4.IV.2018
Un ano máis, grazas ás xestións do Equipo de Normalización ( que coordina o compañeiro Xan Munín) e do Departamento de Lingua Galega, podemos contar no noso instituto coa presenza de Lucía Aldao e María Lado.
Como sempre, traen un espectáculo no que combinan maxistralmente carretadas de humor, con boa musica, poesía, relato e por riba de todo, moito amor e respeto pola lingua.
A actividade terá lugar no noso Salón de Actos durante a 4ª hora de clase. Estará destinado ao alumnado de 3º da ESO
PARABÉNS PARA ELAS POLO SEU TRABALLO...
E PARA NÓS QUE PODEMOS DISFRUTALO UN ANO MÁIS!
PAG's. Carmen de Rosalía
Carmen Suárez :"...miña avóa recitábame poemas de Rosalía"
A profesora de Lingua e Literatura Galegas no IES Francisco Aguiar, recoñece a súa admiración pola escritora padronesa
LOURDES NIETO, ENMA PÉREZ, MARTA POCEIRO
BETANZOS / IES FRANCISCO AGUIAR / 24/02/2018
-Carmen, que pensas acerca de Rosalía?
-Foi unha muller moi valente, tocoulle vivir nun momento duro para as mulleres, era unha persoa que tiña serenidade.
-Gústanche as súas obras?
-Si, moito. Cantares Galegos gústame moito, demostra coñecer a nosa cultura.
-Fai canto tempo que coñeces as súas obras?
-Dende pequena, miña avóa recitábame poemas de Rosalía.
-Algunha vez fuches á casa dela en Padrón, actualmente convertida nun museo?
-Si. Gustoume ver como vivía unha persoa que admiro e como era o seu entorno familiar.
-Cal é o teu poema preferido?
-Negra Sombra.
MARIETA SÁNCHEZ, MANUEL ROEL, LAURA PENAS
BETANZOS / IES FRANCISCO AGUIAR / 24/02/2018
Rosalía de Castro nació en Santiago de Compostela, España en el año 1837 y murió en Padrón en 1885.
Su madre se llamaba María Teresa de la Cruz de Castro y su padre José Martínez Viojo (del que se sabe muy poca información sobre su vida).Rosalía vivió en la casa grande de Arretén. En el año 1850,Rosalía y su madre, se trasladaron a vivir en Santiago de Compostela. Sus estudios fueron de bastante escasez.En Santiago recibió una formación musical, artística y literaria. Cuando murió, su casa se convirtió en un museo.
Fue unaescritora española de las lenguas castellana y gallega. Se consideró entre los poetas famosos de la literatura española del siglo XIX, también la poeta española más moderna.
En esa época, escribir en gallego, no resultaba fácil, por distintas razones, entre ellas las que estaban ligadas al pensamiento y la estructuración de la sociedad, en la que la lengua gallega tenía muy poco prestigio y era menospreciada.
Aunque cultivó la prosa, sin embargo sobresalió en la poesía con tres de sus grandes obras: Cantares gallegos, Follas novas y En las orillas del Sar.
Cantares gallegos , con este libro dio comienzo el renacimiento poético en lengua gallega. Representa un canto colectivo (artísticamente logrado) .
La segunda obra tiene una gran profundidad, en ella se habla del alejamiento de la tierra, las desgracias familiares y las dolencias físicas y morales.
En la tercera, se manifiesta un tono trágico que coincide y encaja con las circunstancias que rodearon los últimos años de Rosalía.
https://es.wikipedia.org/wiki/Rosal%C3%ADa_de_Castro
https://www.biografiasyvidas.com/biografia/c/castro_rosalia.htm
http://www.cervantesvirtual.com/portales/rosalia_de_castro/autora_biografia/
PAG's é un proxecto ( de nome mellorable) do IES Francisco Aguiar para incentivar o traballo como periodistas do noso alumnado.
Elaboran periódicamente, para a páxina web do instituto, unha noticia do seu interese
baixo a coordinación e orientación de profesorado do centro.
Encontro do alumnado de 3º ESO co escritor Héctor Cajaraville. 13.III.2018 (Quen dixo meigallo!)
Quen dixo meigallo!
O vindeiro martes e 13 o Departamento de Lingua e Literatura Galegas programa un encontro do alumnado de 3º da ESO co escritor Héctor Cajaraville.
Terá lugar durante a 5ª hora non Salón de Actos.
Venres de relato curto. 9.III.2018
Un ano máis , unha boa representación do noso alumnado concorre ao premio de relato curto que convoca CocaCola. Este ano baixo o lema: Se podes imaxinalo poodes contalo.
Este venres 9 de marzo, a primeiriña hora da tarde a nutrida expedición agardaba ás portas do instituto cheos de ilusión e nervios. Estiveron acompañados pola profesora de Lingua Galega, Carmen Suárez Moledo.
O traballo está feito. Queda agardar resultados...pero en todo caso a experiencia resultou interesante para os participantes.
Día de Rosalía no Aguiar
Nova conmemoración do Día de Rosalía no Aguiar.
Celebrar, lembrar e coller folgos mirando cara a unha muller loitadora.
Encher taboleiros en andares de cada edificio.
Caligramas para facer poesía de cada recuncho do instituto
Seguir ilustrando as nosas escadas para que as palabras de Rosalía nos recorden que nada está feito,
que temos que seguir camiñando.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- …
- seguinte ›
- última »