ALDAOLADO. Lucía Aldao e María Lado outra vez no Aguiar. 4.IV.2018
Un ano máis, grazas ás xestións do Equipo de Normalización ( que coordina o compañeiro Xan Munín) e do Departamento de Lingua Galega, podemos contar no noso instituto coa presenza de Lucía Aldao e María Lado.
Como sempre, traen un espectáculo no que combinan maxistralmente carretadas de humor, con boa musica, poesía, relato e por riba de todo, moito amor e respeto pola lingua.
A actividade terá lugar no noso Salón de Actos durante a 4ª hora de clase. Estará destinado ao alumnado de 3º da ESO
PARABÉNS PARA ELAS POLO SEU TRABALLO...
E PARA NÓS QUE PODEMOS DISFRUTALO UN ANO MÁIS!