Lingua Galega e Literatura

"A Esmorga" de Blanco Amor nos seus espazos urbanos

Os vindeiros 16 e 23 de maio os alumnos de 4º da ESO terán a oportunidade de viaxar na procura das pegadas de "A Esmorga",  a magna obra de Eduardo Blanco Amor,  na cidade na que se desenvolve a novela, Ourense.

Descubrir eses espazos, as rúas, tabernas, fontes... como un xeito de achegarse a esta obra é unha proposta do Departamento de Lingua e Literatura Galega  que completa perfectamente o traballo das aulas sobre esta obra cumio da literatura galega.

Como remate da xornada: comida de amizade e sesión de termas ( como non en Ourense!)

Obradoiro de Radio. As letras galegas de Carlos Casares 15.V.2017

A colaboración entre o Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística, que dirixe Xan Munín,  e o Concello de Betanzos ,dan como resultado a celebración no noso Instituto dun obradoiro de radio. Terá lugar o 15 de maio en plena conmemoración da semana da Letras Galegas. 

Un ano máis o alumnado de 1º da ESO terá a magnífica oportunidade de disfrutar e aprender sobre a persoa homenaxeada nas Letras Galegas e facelo de xeito que sexa tamén un achegamento ao mundo da radio da man de Lucía Abarrategui ( ex do Aguiar) e Sergio Pascual.

 

Andrea Maceiras visita o Aguiar. 18.IV.2017

Co inicio do derradeiro trimestre do curso, o alumnado de 3º da ESO tivo a oportunidade de coñecer, escoitar e falar coa escritora Andrea Maceiras. O motivo era charlar sobre unha das obras de lectura da materia de Lingua e Literatura Galega diste ano, "Europa Express".

O acto arrancou, logo das presentacións de rigor, cun "spin off" da obra comentada que deixou boquiaberto ao auditorio.

Nese momento xa era claro que a autora era unha persoa moi cercana e disposta á conversa, en ningún caso unha escritora distante nin endiosada.

O resto foron preguntas de todo tipo: sobre a obra en cuestión, sobre a autora e a súa vocación literaria, sobre personaxes e situacións. Animounos a participar en cantos certames literarios houbese na contorna ( así foi como ela comezou) e emprazounos para dentro de non moitos anos para facer de," Europa Express", unha versión cinematográfica.

Para cando quixemos acordar era a hora de asinar exemplares e ir para a seguinte clase.

En todo caso, compre agradecer a disposición e simpatía de Andrea. Máis dun e dunha quedamos co gusaniño da escrita. 

 

Safari Fotopoético. Letras Galegas 2017

 

A Biblioteca Sebastián Buedo Jiménez do IES Francisco Aguiar de Betanzos convoca a súa comunidade escolar a un safari fotopoético con motivo do día das Letras Galegas, que este ano homenaxea a  Carlos Casares.

   Rexirase polas seguintes bases:

 

 Poden participar todos os alumnos e alumnas do IES Francisco Aguiar. Ábrese igualmente a toda comunidade escolar que desexe participar, nais-pais, persoal docente e non docente, ex-alumnos e ex-alumnas.

  1. Poden participar todos os alumnos e alumnas do IES Francisco Aguiar. Ábrese igualmente a toda a comunidade escolar que desexe participar, nais-pais, persoal docente e non docente, ex-alumnos e ex-alumnas
  2. O Safari Fotopoético dedenvolverase entre o 2 e o 15 de maio do presente ano 2017.
  3. As fotografías deberán ser orixinais e, preferentemente, relacionadas con Betanzos, o seu casco histórico e os seus ríos.
  4. As imaxes deben ilustrar algún texto dos que acompañan a estas bases nesta pequena escolma de títulos de Carlos Casares.
  5. O texto debe aparecer integrado na propia imaxe.
  6. As imaxes a concurso poderán entregarse nun formato dos usados habitualmente en imaxe dixital (jpeg, tiff...), preferiblemente en soporte pendrive (ou CD) na biblioteca do IES Francisco Aguiar, ou ben enviarse ao correo electrónico da Biblioteca: 
  7. bibliofranciscoaguiar@gmail.com
  8. O premio consistirá nunha camiseta coa impresión da imaxe gañadora.
  9. O xurado estará integrado por un representante do equipo directivo, dous profesores/as (un membro do equipo da Biblioteca, e outro membro dos Departamentos de Lingua Galega ou Ed. Plástica) e un alumno/a (designado pola Xunta de Delegados).
  10. Os premios entregaranse avaliando os traballos presentados, segundo os seguintes criterios:

 

  • 50% pola calidade e orixinalidade da imaxe,
  • 40% pola adaptación do texto á imaxe elexida, e
  • 10% polo enxeño e creatividade na inserción do texto

Amadeo Cobas encóntrase cos lectores de 1º da ESO

Como cada ano, o Departamento de Lingua Galega e Literatura organiza un encontro dos seus alumnos cos autores dalgúns dos libros propostos para lectura nos diversos cursos. 

Este ano o primeiro autor que nos visitará é Amadeo Cobas. Este autor, natural de Noia, falará co alumnado de 1º da ESO sobre o seu libro titulado "A cacería". Esta obra foi gañadora do certame "Cidade Centenaria" de Ribeira.

Dun autor que manifestou que manifestou que "a escritura nunca foi nin estñá a ser unha profesión, trátase dun  regalo",  agardamos un estimulante encontro.

Celebrando o día da poesía ALDAOLADO

María e Lucía sempre nos fixeron dis-frutar cando pasaron polo Aguiar

 

A colaboración entre o Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística que dirixe Xan Munín e o Departamento de Normalización do Concello de Betanzos, permítennos celebrar o Día da Poesía convidando, unha vez máis,  ao noso Instituto a dúas persoas queridas e aprezadas:

Lucía Aldao e María Lado

co seu espectáculo "Moita poesía, menos diversión", 

co seu dinamismo e

coa simpatía e bo rollo que transmiten,

deleitarán   ao alumnado de 4º da ESO .

 

Será no noso Salón de Actos, na última hora da mañá.

Obradoiros de Xornalismo. Luns 20 de marzo de 2017

Hai uns meses recibimos o convite do Colexio de Xornalistas de Galicia para participar nuns obradoiros sobre xornalismo.

Proposta a actividade á Carmen Suárez, profesora de Lingua Galega pareceu oportuna e moi interesante e decidíuse poñela en marcha con dous grupos de 4º da ESO, os grupos C e D.

Impatirá estes obradoiros a periodista Águeda Penedo. A 1ª e 2ª hora estará traballando con 4º C ; e a 3ª e 4º con 4ºD.

Agardemos que sexa esta unha actividade proveitosa para o noso alumnado.

24 febreiro. 180 aniversario de Rosalía

Malia ter elixido este día 24 como festivo no noso centro, hai xente no Instituto que non descansa para facernos lembrar cada esta conmemoración: este ano 180 do nacemento de Rosalía de Castro.

 

Con esta iniciativa, que encheu de sentidos as escaleiras de acceso ás aulas, e os taboleiros cos caligramas,  Rosalía estará aínda máis presente no Aguiar.

Parabéns pola iniciativa ao ENDL, Biblioteca, Departamento de Galego e Departamento ded Educación Plástica

 

Nuria Torregrosa, outra booktuber do Aguiar: "O tempo das palabras en voz baixa"

 

ANNE-LISE GROBÉTY, O tempo das palabras en voz baixa, Xerais, Vigo, 2005, 80 páxinas.

Booktubers do Aguiar: Julia Nieto

JANE AUSTEN, Orgullo e prexuízo, Sotelo Blanco, Santiago, 2005, 527 páxinas.

 

Magnífica reseña de Julia Nieto, alumna de 4º da ESO do IES Francisco Aguiar, sobre esta novela.

Non só é brillante na análise do discurso e da historia da novela; tamén, na disposición fílmica dos contidos.

                                                       Parabéns para Julia ! ...e para os seus "proxelectas" profes´

Distribuir contido