Amadeo Cobas encóntrase cos lectores de 1º da ESO
Como cada ano, o Departamento de Lingua Galega e Literatura organiza un encontro dos seus alumnos cos autores dalgúns dos libros propostos para lectura nos diversos cursos.
Este ano o primeiro autor que nos visitará é Amadeo Cobas. Este autor, natural de Noia, falará co alumnado de 1º da ESO sobre o seu libro titulado "A cacería". Esta obra foi gañadora do certame "Cidade Centenaria" de Ribeira.
Dun autor que manifestou que manifestou que "a escritura nunca foi nin estñá a ser unha profesión, trátase dun regalo", agardamos un estimulante encontro.
»