Charla orientación e terapia ocupacional para 1ºBAC D e E

 

 

terapia ocupacional

Charla Terapia Ocupacional

Dous ex-alumnos do centro, Tania Penas e Alfonso Seijo, ambos no derradeiro curso do grao en Terapia Ocupacional, nos visitan para dar unha charla orientativa ao noso alumnado.

 

Maio. Derradeira entrega do concurso "Betanzos 800 detalles"

Derradeira entrega do concurso convocado polo Concello de Betanzos, a Asociación de Comerciantes e Empresarios de Betanzos Centro Comercial Aberto (ACEBE-CCA) e o I.E.S. Francisco Aguiar 

Betanzos detalles de 800 anos

Pregunta nº 6

A placa da fotografía 30 está situada na fachada dun edificio edificado en 1764 sobre un proxecto de Feliciano Míguez, para ser sede dunha institución que nunca chegou a albergar.

Que institución ía albergar inicialmente este edificio?


 

Preme na imaxe (e navega cas frechas) para poder visonar as fotos do reto deste mes a resolución media.

Lembra que podes descargar o díptico de participación premendo aquí ou na imaxe do poster do concurso. Asimesmo podes acceder ao albúm do concurso con todas as entregas clicando aquí ou o álbum deste mes en particular para visualizar as imaxes (clica logo nelas) á máxima resolución aquí.

Álbum: Concurso 800 detalles 2018-2019 -> 6- Maio 2019

Video da viaxe a Bélxica 2019.

A nosa compañeira Beatriz Muíño, do departamento de francés, compañeira de departamento e co-promotora xunto a Beatriz Vázquez desta viaxe, achéganos un video da súa autoría resumindo a  estancia en Bélxica.

Agradecer ás dúas Beatrices todo o seu bó facer durante esta viaxe de tanto proveito para o alumnado.

Proxecto Terra: Intercambio territorial Courel/Ribeira Sacra

proxecto terra

Participación do alumnado de Educación Plástica e Visutal nun intercambio territorial no entorno de Quiroga, o Courel e a Ribeira Sacra.

O alumnado pernoctará nun albergue en Quiroga e, visitará diferentes puntos deste singular entorno, recentemente declarado Xeoparque Mundial pola UNESCO.

•Importante: O alumnado debe ir preparado para poder camiñar polo monte.

O proxecto Terra, no que o 'Aguiar' leva anos participando da man de José Manuel Rey Bao, é un proxecto do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia dirixido ás distintas etapas da Educación Obrigatoria co fin de contribuir a mellorar a formación sobre as xentes, os espazos e os lugares que habitamos. Unha formación que redunde nun incremento no alumnado da súa capacidade crítica e propositiva sobre o noso medio construido para alcanzar unhas mellores condicions de vida.

Reunión informativa Viaxe a Grecia xoves 2 de maio ás 17:00 no Aula de Idiomas

Convócase aos pais/nais/titores/titoras do alumnado participante na 'Viaxe a Grecia 2019' a unha reunión informativa o vindeiro xoves 2 de maio 2019 ás 17:00 horas no Aula de Idiomas do IES Francisco Aguiar

 

reunión viaxe Grecia

Photo gallery english theatre: 'The end of the beginning' by moving on theatre company . ESO 3rd & 4th

Preme na fotografía e navega coas frechas ou accede ao álbum na galería fotográfica do centro.

Álbum: Actividades 2018-2019 -> English Theatre ESO 3rd & 4th

Galería fotográfica #clubdeciencia Abril 'Estruturas por todas partes'

Publicamos as fotografías das pasadas reunións do Club de Ciencia Aguiar. Desta volta construimos estruturas de 'sinxelos' corpos xeométricos.

Preme na fotografía e navega coas frechas ou accede ao álbum na galería fotográfica do centro.

Álbum: Club ciencia 2018-2019 -> Club Ciencia Abril 'Estruturas por todas partes'

CHEGOU AOS NOSOS OÍDOS... Nuria Valiño Calviño: unha [ex] alumna cum laude

 

 

CHEGOU AOS NOSOS OÍDOS...
 
A feliz noticia que acredita que a Tese de Doutoramento da nosa [ex] alumna Nuria Valiño Calviño mereceu a cualificación de Cum laude.

 

Biophysical and biochemical markers in the third trimester of gestation in prediction of adverse perinatal outcome é o título do traballo da xinecóloga e obstetra, que xa fixo historia no noso IES (ben certo que unha historia moito menor das que dela se esperan)  ao ser unha das participantes na Ruta Quetzal.

 

Parabéns a Nuria e a toda a súa familia!!!

HORA DE LER

27/04/2019 17:49
Europe/Andorra
HORA DE LER

28ª SEMANA [3ª SESIÓN]
 
Uns versos de Wislawa Szymborska, un relato de Tillie Olsen, unha ilustración de Laura Breiling: mulleres na procura dun espazo arrebatado; historias de empoderamento.

Charla de información e orientación académica para os 4º da ESO

 

orientacion

Martes 30 abril 2019

Organizada por Amparo Mejuto Costa do departamento de Orientación, a charla correrá a cargo do especialista Domingo Álvarez Agudo. Terá lugar á 4ª sesión no salón de actos para todos os 4º ESO.

Distribuir contido