Betanzos en detalle
Concurso Betanzos en Detalle
En febreiro de 2019 celebraremos o octavo centenario do traslado de Betanzos desde Tiobre ao seu actual emprazamento. Con este motivo, conscientes de que o noso Casco Antigo ten un gran interese histórico-artístico, e coa intención de fomentar o seu coñecemento e conservación, o Concello de Betanzos, a Asociación de Comerciantes e Empresarios de Betanzos Centro Comercial Aberto (ACEBE-CCA) e o I.E.S. Francisco Aguiar convocan o concurso "DETALLES DE OITOCENTOS ANOS", de acordo coas bases que se poden ler nesta mesma entrada ao premer en ler máis. Pódese descargar o díptico para participar se se preme na imaxe. |
Gañadores do concurso Betanzos Detalles de 800 anos
|
Publicado o número de xullo da revista 'Betanzos e a súa comarca', facemos público o acta do xurado que deliberou os gañadores nas dúas categorías do concurso convocado polo IES Francisco Aguiar, o Concello de Betanzos e a Asociación de Comerciantes e Empresarios de Betanzos Centro Comercial Aberto, Betanzos Detalles de 800 Anos
Os premios do concurso entregaranse o vindeiro 3 de xullo ás oito da tarde no Salón Azul do Edificio Arquivo do Antigo Reino de Galicia. O premio da categoría público en xeral é un acebecheque de 100 € e o da categoría escolar unha tablet.
Dende o 'Aguiar', agradecemos a todos os participantes o seu interese nesta a nosa proposta para dar máis valor, se cabe, a este 2019 tan especial para todos os brigantinos. O reto non era sinxelo, e sorprendeu a grande exactitude na meirande parte das respostas recollidas. Para os que querades saber máis, facemos aquí públicas as solucións do concurso.
|
Maio. Derradeira entrega do concurso "Betanzos 800 detalles"
Enviado por Pitusa o Xov, 02/05/2019 - 12:51Derradeira entrega do concurso convocado polo Concello de Betanzos, a Asociación de Comerciantes e Empresarios de Betanzos Centro Comercial Aberto (ACEBE-CCA) e o I.E.S. Francisco Aguiar
Betanzos detalles de 800 anos
Pregunta nº 6 A placa da fotografía 30 está situada na fachada dun edificio edificado en 1764 sobre un proxecto de Feliciano Míguez, para ser sede dunha institución que nunca chegou a albergar. |
Preme na imaxe (e navega cas frechas) para poder visonar as fotos do reto deste mes a resolución media.
Lembra que podes descargar o díptico de participación premendo aquí ou na imaxe do poster do concurso. Asimesmo podes acceder ao albúm do concurso con todas as entregas clicando aquí ou o álbum deste mes en particular para visualizar as imaxes (clica logo nelas) á máxima resolución aquí.
Entrega de abril no concurso "Betanzos 800 detalles"
Enviado por Anónimo o Lun, 01/04/2019 - 08:36Nova entrega do concurso convocado polo Concello de Betanzos, a Asociación de Comerciantes e Empresarios de Betanzos Centro Comercial Aberto (ACEBE-CCA) e o I.E.S. Francisco Aguiar
Betanzos detalles de 800 anos
Pregunta nº 5 O detalle da fotografía 25 corresponde dun edificio público reformado en 1778 baseándose no proxecto dun dos máis importantes arquitectos desa época, |
Preme na imaxe (e navega cas frechas) para poder visonar as fotos do reto deste mes a resolución media.
Lembra que podes descargar o díptico de participación premendo aquí ou na imaxe do poster do concurso. Asimesmo podes acceder ao albúm do concurso con todas as entregas clicando aquí ou o álbum deste mes en particular para visualizar as imaxes (clica logo nelas) á máxima resolución aquí.
Entrega de marzo no concurso "Betanzos 800 detalles"
Enviado por Anónimo o Xov, 07/03/2019 - 12:25Nova entrega do concurso convocado polo Concello de Betanzos, a Asociación de Comerciantes e Empresarios de Betanzos Centro Comercial Aberto (ACEBE-CCA) e o I.E.S. Francisco Aguiar
Betanzos detalles de 800 anos
Pregunta nº 4 A fotografía 20 corresponde a unha igrexa onde foi bautizado un personaxe betanceiro que acadou importantes cargos académicos en Galicia e eclesiásticos en América. Quen foi este importante personaxe? |
Preme na imaxe (e navega cas frechas) para poder visonar as fotos do reto deste mes a resolución media.
Lembra que podes descargar o díptico de participación premendo aquí ou na imaxe do poster do concurso. Asimesmo podes acceder ao albúm do concurso con todas as entregas clicando aquí ou o álbum deste mes en particular para visualizar as imaxes (clica logo nelas) á máxima resolución aquí.
Entrega de febreiro no concurso "Betanzos 800 detalles"
Enviado por Anónimo o Mar, 05/02/2019 - 17:09Nova entrega do concurso convocado polo Concello de Betanzos, a Asociación de Comerciantes e Empresarios de Betanzos Centro Comercial Aberto (ACEBE-CCA) e o I.E.S. Francisco Aguiar
Betanzos detalles de 800 anos
Pregunta nº 3 O lucernario oval da fotografía 15 está na fachada dun pazo construído nos primeiros anos do século XIX e reformado a mediados do XX. |
Preme na imaxe (e navega cas frechas) para poder visonar as fotos do reto deste mes a resolución media.
Lembra que podes descargar o díptico de participación premendo aquí ou na imaxe do poster do concurso. Asimesmo podes acceder ao albúm do concurso con todas as entregas clicando aquí ou o álbum deste mes en particular para visualizar as imaxes (clica logo nelas) á máxima resolución aquí.
Entrega de xaneiro no concurso "Betanzos 800 detalles"
Enviado por Anónimo o Lun, 07/01/2019 - 10:19Segunda entrega do concurso convocado polo Concello de Betanzos, a Asociación de Comerciantes e Empresarios de Betanzos Centro Comercial Aberto (ACEBE-CCA) e o I.E.S. Francisco Aguiar
Betanzos detalles de 800 anos
Pregunta nº 2 A fotografía 10 forma parte dunha fonte inspirada nunha escultura francesa e inaugurada o 17 de novembro de 1867. A traída de augas foi proxectada polo enxeñeiro Pedro Vilar. |
Preme na imaxe (e navega cas frechas) para poder visonar as fotos do reto deste mes a resolución media.
Lembra que podes descargar o díptico de participación premendo aquí ou na imaxe do poster do concurso. Asimesmo podes acceder ao albúm do concurso con todas as entregas clicando aquí ou o álbum deste mes en particular para visualizar as imaxes (clica logo nelas) á máxima resolución aquí.
Primeiro reto fotográfico para o concurso Betanzos detalles de 800 anos
Enviado por Anónimo o Mar, 04/12/2018 - 10:38Comeza a primeira entrega do concurso aberto á participación de toda a comunidade e convocado por o Concello de Betanzos, a Asociación de Comerciantes e Empresarios de Betanzos Centro Comercial Aberto (ACEBE-CCA) e o I.E.S. Francisco Aguiar
Betanzos detalles de 800 anos
Pregunta nº 1 A fotografía 5 corresponde a un edificio relixioso no que se conservan sartegos dedicados a mercadores, burgueses e artesáns. Un deses comerciantes foi un líder da Segunda Revolta Irmandiña. Cal era o seu nome? |
Preme na imaxe (e navega cas frechas) para poder visonar as fotos do reto deste mes a resolución media.
Lembra que podes descargar o díptico de participación premendo aquí ou na imaxe do poster do concurso. Asimesmo podes acceder ao albúm do concurso con todas as entregas clicando aquí ou o álbum deste mes en particular para visualizar as imaxes (clica logo nelas) á máxima resolución aquí.
Concurso Betanzos en Detalle no xornal "Betanzos e a súa comarca"
O IES Francisco Aguiar en colaboración co Concello de Betanzos e ACEBE CCA organiza o concurso "Betanzos en Detalle". Está dirixido a escolares e ao público en xeral buscando a promoción e posta en coñecemento e valor do casco histórico brigantino. O concuso desenvolverase ao longo de seis meses. Cada mes faranse públicas cinco fotografías correspondentes a pequenos detalles agochados en diferentes puntos do casco histórico. Trátase de identificar a ubicación destes detalles e contestar unha pregunta ao mes relacionada con elas. As fotografías, orixinais do alumnado de Educación Plástica e Visual do centro, publicaránse en "Betanzos e a súa comarca", nun taboleiro no edificio do Liceo e na páxina web do IES Francisco Aguiar. Para completar o concurso haberá que identificar 30 fotografías e contestar a 6 preguntas. Estableceranse dúas categorías e un premio para cada unha delas. Os escolares optarán a unha tablet e o público en xeral a un tarxeta regalo ACEBE CCA por valor de 100€. Animádevos todos a participar. |