Encontro musical 2019 organizado por ASOMÚSICA para alumnado de LPM de 1º BAC

encontro musical

martes 30 abril 2019

Encontro organizado por Asomúsica,asociación de profesores de música de secundarie e bacharelato de Galicia, o alumnado de Linguaxe e Práctica Musical de 1º de Bacharelato asistirá ao Auditorio Abanca de Santiago de Compostela para, da mán da súa profesora Blanca Bello Sobral, interpretar algunha das pezas que preparan nas clases.

Día da solidariedade interxeracional. Lecturas cos maiores no espazo +60 de Afundación en Betanzos

día da solidariedade interxeracional

Luns 29 de abril 2019

Un pequeno grupo de alumnos/as de 3º da ESO acudirá, acompañado por Carmen Suárez do Departamento deLingua e Literatura Galega e  Julián Ferrer, do departamento de Xeografía e Historia ao espazo +60 de Afundación en Betanzos para compartir lecturas cos nosos maiores. Celebramos así o 29 de abril día internacional da solidariedade interxeracional. Saída ao redor das 11:30 e volta ás 14:00.

 

Fotografía orixinal Afundación

English theatre: 'The end of the beginning' by 'Moving On' theatre company . ESO 3rd & 4th

 

moving on theatre company

Teatro en el salón de actos del centro destinado a alumnado de 3º y 4º de la ESO. Organizado por el Departamento de Inglés . A compañía teatral 'Moving On' representará a obra 'The end of the beginnig' que trata de forma irónica un tema de actualidade como é o Brexit.

Horarios:        

1ª sesión 3º ESO 10:40

2ª sesión 4º ESO 12:00

 

 

Alejandro Costoya, ex do 'Aguiar', becado pola Fundación Barrié para realizar un Máster de Enxeñaría Biomédica en Londres

Alejandro Costoya

 

 

Chegou aos nosos oídos que o noso ex-alumno, Alejandro Costoya obtivo unha beca da Fundación Barrié, para cursar un máster de Ingeniería Biomédica del Imperial College de Londres.

Dende o 'Aguiar' queremos felicitar, con moito cariño, a Alejandro, do que moitos docentes recordamos o seu paso polas nosas aulas polo seu traballo, interese e curiosidade por aprender.

Enlace á nova en 'La Voz de Galicia'

Enlace á nova en 'La Opinión'

Parabéns a Alejandro, a súa familia e a todos os docentes que participaron na súa formación.

Convocadas axudas para a realización de actividades formativas STEM en lingua inglesa, STEMweek, no ano 2019 destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos

stem

Orde do 4 de abril de 2019 pola que se convocan axudas para a realización das actividades formativas STEM en lingua inglesa, STEMweek, no ano 2019, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva.

O prazo para a presentación de solicitudes será desde o 30 de abril ao 30 de maio de 2019, ambos os dous incluídos.

RELACIÓN PROVISIONAL DE ALUMNADO ADMITIDO PARA O PRÓXIMO ANO ACADÉMICO 2019/20120

logoTodas as solicitudes de admisión presentadas neste instituto, tanto para cursar ESO como BACHARELATO, para o próximo ano académico 2019/2020, foron admitidas provisionalmente.

O día 14 de maio publicaranse de maneira definitiva.

A nosa versión da lectora de Magritte.

A expectación de formar parte dun todo lector tan fermoso.
A nosa versión da lectora de Magritte.

expectación ante a lectora de Magritte

Participación na carreira solidaria 'Km de solidariedade 2019' promovida por alumnado do IES As Mariñas

O derradeiro día antes das vacacións de Semana Santa, o alumnado de 1º de BAC do IES As Mariñas promoveu unha carreira para recaudar fondos para a ONG 'Save the children'. O noso alumnado de 1º de BAC quíxose sumar á esta solidaria iniciativa da man do seu profesor de educación física, Leonardo Piñeiro.

HORA DE LER 27ª SEMANA [3ª SESIÓN]


Choivan gotas de auga ou saraiben as máis grandes letras, sempre será hora de ler.
Hoxe, Día do libro, por que non levar entre as mans a Francisco Castro ou a Julio Llamazares?

Ilustración: Iker Ayestarán
 
Portada do libro de

Visita do alumnado do Ciclo Superior de Vendas e Espazos Comerciais á Inditex

O xoves 25 de abril,  alumnado e profesorado do Ciclo Superior de Vendas e Espazos Comerciais cursaron visitará ás instalacións en Arteixo da empresa INDITEX.

visita a inditex

 

Distribuir contido