Video dos 'Retratos' : Fotografías do alumnado de EPeV de 3º da ESO
Fotografías orixinais do alumnado de 3 ESO coordinador José Manuel Rey Bao. Actividade dentro do Plan Proxecta 'Fotografía en curso'. Enlace á web coas fotografías do alumnado preme aquí.
Video dos 'Espazos Baleiros' : Fotografías do alumnado de EPeV de 3º da ESO #proxectoterra
Fotografías orixinais do alumnado de 3 ESO coordinador José Manuel Rey Bao. Actividade dentro do Plan Proxecta 'Fotografía en curso'. Enlace á web de ' Fotografía en curso ' coas fotografías do alumnado preme aquí.
Galería fotográfica. Matemáticas Brigantinas. Cálculo de medidas de monumentos de Betanzos con 2º ESO
Enviado por Pitusa o Sáb, 25/05/2019 - 12:50Preme na imaxe e navega coas frechas. Tamén podes acceder ao álbum na galería fotográfica do centro.
Plan director. Charla sobre Violencia de Xénero para alumnado de 4º ESO
Charla dentro do Plan Director da Garda Civil para a Convivencia e a Mellora da Seguridade nos Centros Educativos e os seus Entornos. Nesta ocasión destinada a alumnado de 4º da ESO para educar na prevención da Violencia de Xénero.
23 Maio |
|
4º C |
de 9:35 a 10:25 |
4º A |
de 10:40 a 11:30 |
24 Maio |
|
4º D |
de 9:35 a 10:25 |
4º B |
de 10:40 a 11:30 |
Horario de revisión de exames de 2º de BAC
Preme na imaxe ou aquí para consultar ou descargar o horario de revisión de exames de 2º de BAC deste mércores 22 e xoves 23.
FONDO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS MATERIAL ESCOLAR ANO ACADÉMICO 2019-2020
Requisitos:
- Renda per cápita do ano 2017 igual ou menor a 9.000 €. (Para calcular a renda per cápita: Sumar as casillas 415 e 435 da declaración da renda e o total dividilo entre o número de membros da unidade familiar).
Prazo de presentación de solicitude:
- Do 21 de maio ao 21 de xuño de 2019
- O alumnado que repita 4° de ESO poderá presentala no prazo de 1 mes dende a formalización da matrícula.
- O alumnado que se incorpore ao centro docente procedente de fóra de Galicia ou dun centro situado en Galicia pero non sostido con fondos públicos, poderá presentar a solicitude no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da formalización da matrícula. Non se poderán presentar solicitudes despois do 31 de marzo de 2020.
- As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica na aplicación informática "fondolibros" (https://www.edu.xunta.es/fondolibros). Tamén se poden presentar presencialmente no centro docente ou en calquera dos Iugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Documentación:
- Solicitude cuberta segundo Anexo I que se adxunta.
- Orixinal e fotocopia do Libro de Familia onde figuren todos os membros da unidade familiar (referidos a 31.12.2017). No caso de non ter libro de familia, ou se a situacián familiar, a día 31 de decembro de 2017, non coincide coa reflectida no libro, terá que presentarse documento ou documentos acredidativos do número de membros da unidade familiar, tales como:
- Sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou o convenio regulador onde conste a custodia do causante.
- Certificado ou volante de convivencia.
- Informe dos servizos sociais ou órgano equivalente do concello de residencia, que acredite a situación familiar.
- No caso de discapacidade de algún dos membros da unidade familiar incluídos na solicitude acreditación desta circunstancia a 31 de decembro de 2017. No caso de situación de violencia de xénero no contorno familiar documentación acreditativa.
O alumnado ten a obriga de conservar en bo estado os libros de texto e devolvelos ao rematar os estudos (Para os que aproben en xuño data límite: 21 de xuño -excepto os que teñan algunha materia pendente, que poderán quedarse co libro correspondente ata que se examinen, e como máximo ata o 6 de setembro). A falta de devolución dos libros será causa de expulsión da participación no fondo solidario e de axudas.
(As solicitudes e demais información poderán consultarse no DOG n° 94 do 20.05.19 e no portal educativo da Xunta de Galicia no enderezo electrónico http://www.edu.xunta.gal).
Resolto o IX Concurso de Creación Literaria do Concello de Betanzos
O Concello de Betanzos resolveu IX Concurso de creación literaria das Letras Galegas
O xurado do IX Concurso de creación literaria, composto por representantes dos distintos centros de ensino, así como os escritores Xabier López e Dores Tembrás, decidiu outorgar os seguintes premios:
CATEGORÍA ESO
Primeiro premio
Iván Sanjurjo Cortés (2.º ESO IES Francisco Aguiar)
Relato: “Shirley Holmes e o caso do Pasatempo”
Accésit
Sofía dos Santos Sánchez (2.º ESO CPR Nosa Señora do Carme “Atocha”)
Relato: “Os tres días de Pontesampaio”
CATEGORÍA BACHARELATO E CICLOS FORMATIVOS
Primeiro premio
María Fernanda Fuentes Gonzaga (1.º D Bacharelato IES Francisco Aguiar)
Relato: “Para aquel amor”
Accésit
Daniel Lasús Vázquez (2.º Bacharelato IES As Mariñas)
Poesía: “Sutura / Xirasois de ferro / Últimos”
Parabéns a tod@s
Martes 21 maio entrega de notas de 2º de BAC e charla de dirección e orientación acerca das probas de ABAU
O martes 21 será o día de entrega de notas ao alumnado de 2º de BAC, será de 11:00 a 11:15. Posteriormente, ás 12:00 haberá unha charla informativa acerca das probas ABAU a cargo de dirección e departamento de Orientación.
Na charla se informará acerca das normas de ABAU e o rexistro na aplicación NERTA.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 102
- 103
- 104
- 105
- 106
- 107
- 108
- 109
- 110
- …
- seguinte ›
- última »