FONDO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS MATERIAL ESCOLAR ANO ACADÉMICO 2019-2020

 fondo libros

Requisitos:

 

- Renda per cápita do ano 2017 igual ou menor a 9.000 €. (Para calcular a renda per cápita: Sumar as casillas 415 e 435 da declaración da renda e o total dividilo entre o número de membros da unidade familiar).

 

Prazo de presentación de solicitude:

- Do 21 de maio ao 21 de xuño de 2019

- O alumnado que repita 4° de ESO poderá presentala no prazo de 1 mes dende a formalización da matrícula.

- O alumnado que se incorpore ao centro docente procedente de fóra de Galicia ou dun centro situado en Galicia pero non sostido con fondos públicos, poderá presentar a solicitude no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da formalización da matrícula. Non se poderán presentar solicitudes despois do 31 de marzo de 2020.

- As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica na aplicación informática "fondolibros" (https://www.edu.xunta.es/fondolibros). Tamén se poden presentar presencialmente no centro docente ou en calquera dos Iugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

 

Documentación:

 

- Solicitude cuberta segundo Anexo I que se adxunta.

- Orixinal e fotocopia do Libro de Familia onde figuren todos os membros da unidade familiar (referidos a 31.12.2017). No caso de non ter libro de familia, ou se a situacián familiar, a día 31 de decembro de 2017, non coincide coa reflectida no libro, terá que presentarse documento ou documentos acredidativos do número de membros da unidade familiar, tales como:

- Sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou o convenio regulador onde conste a custodia do causante.

- Certificado ou volante de convivencia.

- Informe dos servizos sociais ou órgano equivalente do concello de residencia, que acredite a situación familiar.

- No caso de discapacidade de algún dos membros da unidade familiar incluídos na solicitude acreditación desta circunstancia a 31 de decembro de 2017. No caso de situación de violencia de xénero no contorno familiar documentación acreditativa.


O alumnado ten a obriga de conservar en bo estado os libros de texto e devolvelos ao rematar os estudos (Para os que aproben en xuño data límite: 21 de xuño -excepto os que teñan algunha materia pendente, que poderán quedarse co libro correspondente ata que se examinen, e como máximo ata o 6 de setembro). A falta de devolución dos libros será causa de expulsión da participación no fondo solidario e de axudas.



(As solicitudes e demais información poderán consultarse no DOG n° 94 do 20.05.19 e no portal educativo da Xunta de Galicia no enderezo electrónico http://www.edu.xunta.gal).