O alumnado de 4º ESO visitou o Museo de Pontevedra o xoves 21 de novembro. Realizaron unha visita guiada a diferentes salas do Sexto Edificio relacionadas coa pintura galega dos séculos XVIII e XIX e tamén ás dedicadas á figura de Castelao. Pola súa banda, as alumnas da materia de Historia da Arte de 2º Bacharelato visitaron dúas exposicións temporais, unha no Museo de Pontevedra: "Galaicos, un pobo entre dous mundos" centrada na conexión entre o mundo atlántico e o mediterráneo a partir dunha selección de obxectos arqueolóxicos datados entre a Idade de Bronce e a Gallaecia romana; mentres que na Praza de España realizaron unha visita didáctica á exposición "Picasso, el viaje del Guernica", onde recibiron unha completa información dunha das obras máis recoñecidas, reproducidas e admiradas da Historia da Arte. Estiveron acompañados polo profesorado Chus Polo, Pilar Buela, Daniel Chenlo e Xoán Carlos Montejano. A actividade foi organizada polos departamentos de Lingua e Literatura Galega e Xeografía e Historia.