Alumnado da materia de Paisaxe e Sustentabilidade de 2º da ESO participou, o mércores 20 de xuño, na inauguración do sinal O Quinteiro que na aldea de Bronllo quedará como símbolo da recuperación da toponimia dalgúns dos lugares das aldeas do concello de Valga. Esta actividade contou co apoio de informantes de Cerneira, Bronllo e Pontevalga, do Concello, do alumnado e profesorado do Ciclo de Fabricación Mecánica. A todos eles o noso máis profundo agradecemento.