Skip to Content

Portal educativo

Distribuir contido
Actualizado: hace 3 anos 45 semanas

RESOLUCIÓN DO PROGRAMA RADIO NA BIBLIO. CURSO 2020/21

Lun, 26/10/2020 - 13:48
Idioma Gallego

Anuncio principal: 

Convocatoria do programa Radio na biblio para o curso 2020/21

Achégase arquivo da Resolución da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos pola que se dá a coñecer a relación dos 30 centros que se integran no programa Radio na Biblio  no presente curso 2020/21, así como a relación de centros de continuidade (79). En total forman parte deste programa 109 bibliotecas escolares, distribuídas por todo o territorio galego.

O programa Radio na biblio pretende o reforzo das competencias en comunicación lingüística e medios de comunicación do alumnado, mediante a creación dunha emisora ou laboratorio de radio vinculado á biblioteca escolar e contribúe á consecución dos obxectivos  do Plan LÍA de Bibliotecas Escolares,  da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, para o período 2016-2020.

Tema: 

Plan LÍA Bibliotecas escolares

Ensinanza: 

Educación primaria Educación secundaria obrigatoria

Departamento: 

Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos Subdirección Xeral de Centros

Colectivo: 

Centros

Sección: 

Boletín
Categorías: Administración

Relación definitiva de persoas admitidas e excluídas e baremo definitivo no procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas

Lun, 26/10/2020 - 09:14
Idioma Gallego

Publicada a  Resolución do 26 de outubro de 2020 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se aproba a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas e o baremo definitivo no procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas, especialidades de chinés (592004), italiano (592012) e xaponés (592013).

Achégase resolución e relación definitiva de persoas excluídas.

Anuncio principal: 

Apertura das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas, especialidade de chinés (592004), inglés (592011), italiano (592012) e xaponés (592013)

Tema: 

Interinidades e substitucións

Ensinanza: 

Ensinanzas de idiomas de réxime especial

Departamento: 

Servizo de Profesorado de Ensinanzas Secundaria, de Formación Profesional e de Réxime Especial

Colectivo: 

Profesorado
Categorías: Administración

A Xunta concede axudas para a realización da formación práctica en centros de traballo e en FP Dual a 1.171 alumnos

Dom, 25/10/2020 - 08:00

Summary: 

O obxectivo desta acción, é compensarlle parcialmente ao alumado os gastos derivados destas actividades Idioma Gallego

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade vén de publicar no Diario Oficial de Galicia a orde pola que se fai pública a resolución da convocatoria de axudas económicas para o alumnado que realiza neste ano 2020 formación práctica en centros de traballo, incluído o alumnado que cursa a modalidade de FP Dual, da que son beneficiarios un total de 1.171 alumnos.

O obxectivo desta liña de actuación é compensarlle ao alumnado parcialmente os gastos extraordinarios derivados da realización das devanditas actividades, que se desenvolven na empresa; ao tempo que se favorece a mobilidade transnacional das persoas que desexan formarse ou contribuír a actividades de formación noutros países, o que permite a mellora das competencias lingüísticas e profesionais.

Cómpre salientar a dificultade engadida que supón a crise sanitaria derivada da covid-19 para a realización de prácticas e actividade profesionalizadora en empresas, tendo en conta que os meses de marzo a xuño son nos que sempre hai máis alumnado realizando a FCT.. Neste sentido a Consellería quere resaltar o enorme esforzo realizado polos centros educativos para conseguir empresas para o seu alumnado, sobre todo naqueles sectores mais tocados por la pandemia. Do mesmo xeito, hai que destacar a gran implicación do empresariado galego facilitando o acceso do alumnado aos centros de traballo.

Neste momento, e ata o 14 de novembro de 2020, está aberto o segundo prazo para solicitar estas axudas, para o alumnado que realice a FCT no período de setembro-decembro de 2020 e que a remate antes do 31 de decembro de 2020.

Modalidades

A convocatoria establece dúas modalidades, una dirixida aos que realizan a formación dentro do territorio español e outra para os que a fan fóra do mesmo.

Na modalidade A, a contía da axuda depende de onde se realicen as prácticas. Así, o alumnado que realice a FCT ou a FP Dual dentro da súa comunidade autónoma recibe ata un máximo de 300 €, sempre que o concello do centro de traballo non sexa o mesmo que o concello do centro educativo ou o de residencia do estudante durante ese período. No caso do alumnado que realizou a formación fóra da comunidade autónoma, percibirá unha cantidade fixa de 200€ aínda que realice a FCT ou a FP Dual en varios centros de traballo.

A contía a percibir polo alumnado estableceuse en función do número de xornadas realizadas no módulo de FCT ou, no caso da FP Dual, do número de xornadas de permanencia na empresa. Concedéronse en total 1.165 axudas nesta modalidade, 373 delas para FP Dual.

Na modalidade B a contía das axudas, as 6 restantes das concedidas, varía en función do país de destino. A axuda máxima nesta modalidade acadou os 1.680 euros.

Información xeral Formación Profesional inicial Consellería de Cultura, Educación e Universidade Alumnado
Categorías: Administración

Relación definitiva de persoas admitidas e excluídas e baremo definitivo no procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de PES, organización e procesos de mantemento de vehículos

Ven, 23/10/2020 - 19:05
Idioma Gallego

Resolución do 23 de outubro de 2020 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se aproba a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas e o baremo definitivo no procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de profesores de ensino secundario, especialidade de organización e procesos de mantemento de vehículos (590111).

Achégase resolución e relación definitiva de persoas excluídas

Anuncio principal: 

Apertura das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia en determinadas especialidades do corpo PES (590) e do corpo de profesores técnicos de formación profesional (591)

Tema: 

Interinidades e substitucións

Ensinanza: 

Ensinanzas de réxime xeral

Departamento: 

Servizo de Profesorado de Ensinanzas Secundaria, de Formación Profesional e de Réxime Especial

Colectivo: 

Profesorado
Categorías: Administración

Relación provisional de persoas admitidas e excluídas e baremo provisional no procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de PES, especialidade de matemáticas

Ven, 23/10/2020 - 18:57
Idioma Gallego

Resolución do 23 de outubro de 2020 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se aproba a relación provisional de persoas admitidas e excluídas e o baremo provisional no procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de profesores de ensino secundario, especialidade de matemáticas (590006).

Achégase resolución e relación provisional de persoas excluídas

Anuncio principal: 

Apertura das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia en determinadas especialidades do corpo PES (590) e do corpo de profesores técnicos de formación profesional (591)

Tema: 

Interinidades e substitucións

Ensinanza: 

Educación secundaria obrigatoria Bacharelato Formación Profesional inicial

Departamento: 

Servizo de Profesorado de Ensinanzas Secundaria, de Formación Profesional e de Réxime Especial

Colectivo: 

Profesorado
Categorías: Administración

Resolución do 23 de outubro de 2020, pola que se ditan instrucións para permitir a saída do recinto escolar do alumnado maior de 16 anos nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2020-2021

Ven, 23/10/2020 - 14:15
Idioma Gallego

Xúntase a Resolución do 23 de outubro de 2020, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional pola que se ditan instrucións para permitir a saída do recinto escolar do alumnado maior de 16 anos nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2020-2021.

File: 

Resolución do 23 de outubro de 2020

Tema: 

Información xeral

Ensinanza: 

Ensinanzas de réxime xeral

Departamento: 

Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa

Colectivo: 

Alumnado Familias Centros
Categorías: Administración

Listaxe provisional de adxudicacións e exclusións de axudas dirixidas a escolas de música privadas dependentes de institucións sen ánimo de lucro

Ven, 23/10/2020 - 12:00
Idioma Gallego

Anuncio principal: 

Publicada a convocatoria das axudas dirixidas a escolas de música privadas dependentes de asociacións ou fundacións sen ánimo de lucro

Xúntase a listaxe provisional de adxudicacións e exclusións ao respecto da Orde do 27 de xullo de 2020 pola que se convocan axudas dirixidas a escolas de música privadas dependentes de institucións sen ánimo de lucro.

 

Tema: 

Información xeral

Departamento: 

Consellería de Cultura, Educación e Universidade

Colectivo: 

Centros
Categorías: Administración

A Xunta convoca o curso de formación específica para poder exercer o posto de dirección dun centro educativo

Xov, 22/10/2020 - 12:27

Summary: 

Para desempeñar esta función, desde hai dous anos é requisito obrigado contar cunha acreditación específica que se obtén a través deste módulo formativo Idioma Gallego

A Xunta de Galicia vén de convocar o curso de formación sobre o desenvolvemento da función directiva nos centros escolares galegos. Tal e como publica o DOG, trátase dun curso en liña de 150 horas de formación en rede que se pode desenvolver entre os meses de novembro e marzo.

A través desta actividade formativa −enmarcada dentro do Plan Anual de Formación do Profesorado 2020-21− búscase proporcionar aos asistentes competencias xenéricas e específicas para levar a cabo a función directiva coa maior garantía de éxito posible, coas conseguintes repercusións na mellora da calidade educativa dos centros. Isto é, que adquiran as competencias necesarias para o desempeño das funcións propias do posto de director dos centros docentes públicos e sostidos con fondos públicos nos que se imparten ensinanzas reguladas pola Lei Orgánica 2/2006.

Cómpre lembrar que desde o curso 2018-19, para exercer a función de dirección dun centro escolar é requisito obrigado contar cunha acreditación específica, que se obtén a través deste curso agora convocado.

Oferta de 200 prazas

Este ano ofértanse un total de 200 prazas para todo o persoal funcionario dos centros docentes públicos que impartan as ensinanzas reguladas pola Lei Orgánica 2/2006, de 3 de maio, de educación (aínda que o persoal funcionario de carreira terá prioridade na selección). O curso está estruturado en sete módulos nos que se abordarán distintos bloques temáticos, que será preciso superar para obter a certificación.

Esta acreditación é para aqueles casos que están exercendo de directores e cambian de centro ou para os que acceden o ano que vén á función directiva (non afecta por tanto, aos que son directores mentres continúen no seu posto no mesmo centro ata que esgoten mandato, ou que o renoven).

Doutra banda, quen estea en posesión dun máster ou título de posgrao de carácter oficial sobre a dirección e xestión de centros docentes, quedará exento da realización e avaliación de todos os módulos troncais, agás o referido ao Proxecto de dirección, tendo que cursar tamén o módulo específico da comunidade e o referido a prevención e seguridade fronte á COVID-19; e non computará a efectos das prazas ofertadas.

Éxito de participación

Desde que se puxo en marcha este curso formativo de desenvolvemento da función directiva levan participado nel un total de 557 persoas seleccionadas entre as máis de 1.300 solicitudes recibidas.

Información xeral Formación Directores/as Ensinanzas de réxime xeral Ensinanzas de réxime especial Educación das persoas adultas Consellería de Cultura, Educación e Universidade Servizo de Formación do Profesorado Profesorado Centros
Categorías: Administración

Convocatoria do curso de formación sobre o desenvolvemento da función directiva no ano 2020 que acredite para o acceso a postos de dirección en centros docentes

Xov, 22/10/2020 - 08:28
Idioma Gallego

A Lei orgánica 8/2013, de 9 de decembro, para a mellora da calidade educativa, modificou o artigo 134.1 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, incluíndo entre os requisitos para poder participar no concurso de méritos para a selección de directores e directoras de centros públicos "estar en posesión da certificación acreditativa de ter superado o curso de formación sobre o desenvolvemento da función directiva".

Esta formación está regulada no Real Decreto 894/2014, do 17 de outubro, do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, en base ó cal se realiza este curso que acreditará para o acceso a postos de dirección en centros docentes sostidos con fondos públicos que impartan as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, de educación.

Ofértanse 200 prazas para toda a Comunidade Autónoma.

Poderá solicitalo todo o persoal funcionario dos centros docentes públicos que impartan as ensinanzas reguladas pola Lei orgánica 2/2006, de 3 de maio, de educación: o persoal funcionario de carreira terá prioridade na selección.

A inscrición e xestión realizarase a través da aplicación FProfe: https://www.edu.xunta.es/fprofe, e o prazo para facelo será de 10 días hábiles a partir do día seguinte ao da publicación da Resolución no Diario Oficial de Galicia.

O curso terá unha duración de 150 horas que se desenvolverán en rede, a través de Platega (https://www.edu.xunta.es/platega2). A súa temporalización está prevista para os meses de novembro de 2020 a marzo do vindeiro ano.

Constará de oito módulos, que será preciso superar para obter a certificación, nos que se abordarán os seguintes bloques temáticos:

  • Módulo I (troncal). Marco normativo aplicable aos centros docentes.

  • Módulo II (troncal). Organización e xestión de centros docentes.

  • Módulo III (troncal). Xestión dos recursos do centro docente.

  • Módulo IV (troncal). Factores clave para unha dirección eficaz.

  • Módulo V (troncal). Rendición de contas e calidade educativa.

  • Módulo VI (específico). Módulo específico de Galicia.

  • Módulo VII (troncal). Proxecto de dirección.

  • Módulo VIII (troncal). Prevención e medidas de seguridade fronte á COVID-19.

Quen estea en posesión dun máster ou título de posgrao de carácter oficial sobre a dirección e xestión de centros docentes quedará exento da realización e avaliación de todos os módulos troncais, agás o módulo referido ao “Proxecto de dirección”, tendo que cursar tamén o módulo específico da comunidade e o referido a prevención e seguridade fronte á COVID-19, e non computará a efectos das prazas ofertadas.

As persoas que xa teñan a habilitación ou acreditación, ou ocuparan o posto de dirección nos cinco anos seguintes á entrada en vigor da Lei 8/2013, de 9 de decembro, poderán facer o curso de actualización das competencias directivas, que se convocará nos vindeiros días, para poder participar nos procedementos selectivos de direccións de centros públicos, e que terá unhas características similares pero cunha duración de 75 horas lectivas.

File: 

Resolución do 13 de outubro de 2020 (DOG) Resolución do 13 de outubro de 2020: Convocatoria

Servizo relacionado: 

FPROFE

Tema: 

Formación Directores/as

Ensinanza: 

Ensinanzas de réxime xeral Ensinanzas de réxime especial Educación das persoas adultas

Departamento: 

Servizo de Formación do Profesorado

Colectivo: 

Profesorado Centros

Sección: 

Boletín Portada de boletín
Categorías: Administración

Galicia é a comunidade autónoma que máis test de cribado da covid-19 fai entre os universitarios

Mér, 21/10/2020 - 18:28
Idioma Gallego

Summary: 

Os conselleiros de Educación e Sanidade participaron na sesión da Conferencia General de Política Universitaria e o Consejo Interterritorial de Sanidade A incidencia do virus neste colectivo en Galicia é baixa neste momento, grazas ás medidas adoptadas en colaboración coas tres universidades galegas A Xunta expresou ao Goberno central a súa queixa pola nula preparación da reunión, convocada sen orde do día nin documentación previa, o que impide ter un coñecemento máis obxectivo do estado actual nas distintas comunidades

Os conselleiros de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, e de Sanidade, Julio García Comesaña, participaron hoxe na sesión conxunta da Conferencia General de Política Universitaria e o Consejo Interterritorial de Sanidade, onde destacaron que Galicia é a comunidade autónoma que máis test está realizando entre o alumnado universitario.

A través da Consellería de Sanidade, a Xunta de Galicia vén de enviar 50.000 test rápidos de detección da covid-19 aos servizos de prevención das tres universidades galegas, que procederán á realización dos mesmos entre o seu alumnado. Do mesmo xeito, estanse realizando cribados nas residencias universitarias.

Neste sentido, explicouse que a incidencia do virus neste colectivo en Galicia é baixa neste momento grazas ás medidas adoptadas en colaboración coas tres universidades. Non obstante, como constata un informe do Consejo de Estudiantes Universitarios del Estado (CEUNE) exposto polo Goberno central no marco desta xuntanza, fóra das aulas danse comportamentos que non favorecen o control da pandemia.

O Goberno galego expresou, así mesmo, a súa queixa pola nula preparación da reunión de hoxe, convocada sen unha orde do día nin documentación previa, o que impide ter un coñecemento máis obxectivo do estado actual da afectación nas diferentes comunidades autónomas. Desperdíciase así a oportunidade que supoñen este tipo de foros para compartir e consensuar diagnoses e medidas entre territorios e dar unha resposta homoxénea ás incidencias que a actual situación sanitaria está provocando no desenvolvemento do curso.

Ambas Consellerías seguirán reuníndose cada semana como ata agora para analizar e avaliar a situación nos tres campus galegos.

Anticipación e colaboración

A anticipación e a colaboración da Xunta e as tres universidades galegas contribuíu de forma decisiva na escasa incidencia actual da covid-19 no colectivo universitario. Neste sentido, púxose a disposición do Sistema Universitario de Galicia (SUG) unhas Instrucións de previsión de medidas de adaptación das universidades do Sistema universitario de Galicia para o curso 2020/2021, publicadas o 30 de xuño.

Nelas establecéronse uns requisitos mínimos que garanten a calidade da docencia que neste curso 2020-21, así como unha serie de esixencias hixiénico-sanitarias, tendo en conta os posibles escenarios que defina cada universidade, ocasionados pola evolución da covid-19.

En base a estas instrucións, as tres universidades galegas elaboraron cadanseu Plan de prevención e control sanitario, con medidas adaptadas a cada un dos centros, así como un Plan de continxencia, que figura na guía docente de cada unha das materias incluídas no plano de estudos, onde se establecen as medidas de adaptación aos distintos escenarios previstos, tanto das metodoloxías docentes como dos sistemas de avaliación.

Información xeral Universidade Consellería de Cultura, Educación e Universidade
Categorías: Administración

Publicación da resolución pola que se convocan procedementos para a elaboración de listas de interinidades e substitucións para impartir docencia en determinadas especialidades do corpo de profesores de música e artes escénicas

Mér, 21/10/2020 - 14:17
Idioma Gallego

Publícase resolución pola que se convocan procedementos para a elaboración de listas de interinidades e substitucións para impartir docencia en determinadas especialidades do corpo de profesores de música e artes escénicas(594). As especialidades convocadas son:

  • CLAVE (594405)
  • CONTRABAIXO (594406)
  • PERCUSIÓN (594422)

 

Prazo de presentación de solicitudes: desde MAÑÁ xoves día 22 de outubro ata o día 28 de outubro de 2020, ambos incluídos.

 

Como cubrir a solicitude de inscrición:

1º. Deben acceder á Sede electrónica a través da seguinte ligazón: https://sede.xunta.gal/portada e cubrir o formulario de solicitude do procedemento ED003A que estará dispoñible MAÑÁ xoves día 22 de outubro.

2º. Premer na icona “Tramitar en liña”

Lémbrase que para a realización dos trámites electrónicos debe posuír calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola Sede electrónica da Xunta de Galicia (base terceira da resolución de convocatoria).

3º. Siga os pasos indicados: cubrir datos, anexar documentación, asinar e presentar no rexistro e obter recibo.

4º Lembre que deberá anexar coa solicitude a xustificación do pagamento das taxas polo que deberá ter realizado o seu pagamento antes de presentar a solicitude na sede.

 

Por cada especialidade na que desexa inscribirse deberá formular unha solicitude, anexar a documentación e realizar un pagamento de taxas.

 

Non se admitirá ningunha solicitude que non sexa tramitada mediante o procemento ED003A.

Tema: 

Interinidades e substitucións

Ensinanza: 

Ensinanzas de réxime especial

Departamento: 

Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos Servizo de Profesorado de Ensinanzas Secundaria, de Formación Profesional e de Réxime Especial

Colectivo: 

Profesorado
Categorías: Administración

A Xunta abre o prazo para anotarse nas listaxes de substitución de profesorado en sete especialidades diferentes

Mér, 21/10/2020 - 13:07

Summary: 

Terán prioridade á hora da contratación as persoas que conten co Máster do Profesorado ou equivalente Idioma Gallego

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade publica hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) a resolución pola que se habilita o procedemento para a presentación de solicitudes de inclusión nas listas de interinidades e substitucións dos corpos docentes nun total de 7 especialidades diferentes. No corpo de mestres os candidatos poderán anotarse na especialidade de Lingua estranxeira francés, mentres que na de profesorado de ensino secundario ábrense as listaxes de Lingua castelá e literatura, Francés, Sistemas electrónicos e Sistemas electrotécnicos e automáticos. No caso do corpo de profesores técnicos de formación profesional abriranse as listaxes para as especialidades de Equipos electrónicos e de Instalacións electrotécnicas.

A Consellería abre estas listaxes para atender as necesidades que poidan xurdir ao longo do curso para a contratación de profesorado, de forma concreta nalgunhas especialidades. Tendo en conta o Real Decreto-Lei 31/2020, de 29 de setembro, polo que se adoptan medidas urxentes no ámbito da educación non universitaria, así como a disposición transitoria asinada cos sindicatos ao Acordo do 20 de xuño de 1995, polo que se regulan o acceso e as condicións de traballo do persoal docente interino e substituto, a resolución publicada no DOG establece a exención temporal do requisito do Máster do Profesorado ou equivalente cando non sexa posible nomear a candidatos que estean en posesión desta formación pedagóxica. Esta medida aplícase só ao actual contexto covid.

Terán prioridade á hora da contratación, en todo caso, as persoas que conten co Máster do Profesorado ou equivalente. De non contar con ela, tal e como establece a disposición transitoria asinada cos sindicatos, deberá realizar a formación que está a deseñar a Consellería a través do Centro Autonómico de formación e Innovación (CAFI). En calquera caso, as persoas que accedan á docencia sen contar co Máster non consolidarán o dereito á prioridade na lista; polo que os dereitos do profesorado quedan plenamente garantidos.

Cómpre lembrar que en Galicia, os procesos selectivos dos últimos anos garanten que hai profesorado ben formado e con coñecementos pedagóxicos; polo que se estima que a contratación de docentes sen máster ou equivalente será residual.

Información xeral Interinidades e substitucións Ensinanzas de réxime xeral Consellería de Cultura, Educación e Universidade Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos Profesorado
Categorías: Administración

Publicación das resolucións pola que se convocan procedementos para a elaboración de listas de interinidades e substitucións para impartir docencia en determinadas especialidades dos corpos de mestres, PES e profesores técnicos FP

Mér, 21/10/2020 - 09:00
Idioma Gallego

Publícanse resolucións pola que se convocan procedementos para a elaboración de listas de interinidades e substitucións para impartir docencia en determinadas especialidades dos corpos de mestres, profesores de ensino secundario e profesores técnicos de formación profesional.

Prazo de presentación de solicitudes: desde MAÑÁ xoves día 22 de outubro ata o día 28 de outubro de 2020, ambos incluídos.

Listas convocadas:

1. Corpo de profesores de ensino secundario (590):

  • 590004 Lingua castelá e literatura
  • 590010 Francés
  • 590124 Sistemas electrónicos
  • 590125 Sistemas electrotécnicos e automáticos

2. Corpo de profesores técnicos de formación profesional (591):

  • 591202 Equipamentos electrónicos
  • 591204 Fabricación e instalación de carpintería e moble
  • 591206 Instalacións electrotécnicas

3. Corpo de mestres (597)

  • 597033 Lingua estranxeira francés

Como cubrir a solicitude de inscrición:

1º. Deben acceder á Sede electrónica a través deste ligazón e cubrir o formulario de solicitude do procedemento ED003A que estará dispoñible MAÑÁ xoves día 22 de outubro.

2º. Premer na icona “Tramitar en liña”

Lémbrase que para a realización dos trámites electrónicos debe posuír calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola Sede electrónica da Xunta de Galicia (base terceira da resolución de convocatoria).

3º. Siga os pasos indicados: cubrir datos, anexar documentación, asinar e presentar no rexistro e obter recibo.

4º Lembre que deberá anexar coa solicitude a xustificación do pagamento das taxas polo que deberá ter realizado o seu pagamento antes de presentar a solicitude na sede.

 

Por cada especialidade na que desexa inscribirse deberá formular unha solicitude, anexar a documentación e realizar un pagamento de taxas.

Non se admitirá ningunha solicitude que non sexa tramitada mediante o procemento ED003A.

 

 

 

 

Tema: 

Interinidades e substitucións

Ensinanza: 

Ensinanzas de réxime xeral

Departamento: 

Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos

Colectivo: 

Profesorado

Sección: 

Boletín Portada de boletín
Categorías: Administración

O Comité Educativo solicitará orientacións específicas que permitan optimizar a ventilación nas aulas

Mar, 20/10/2020 - 15:30
Idioma Gallego

Summary: 

Buscaranse propostas de carácter técnico que poidan contar co aval das autoridades sanitarias en base a criterios científicos Román Rodríguez deu conta da creación dun Equipo Covid na estrutura da Consellería que xa está traballando de facto na coordinación dos asuntos relacionados coa pandemia e que exerce de canle de comunicación cos centros e con Sanidade No marco do Comité Educativo tamén se está traballando na creación de comisións provinciais de seguimento ante situacións de absentismo con orixe na covid-19 Informouse ademais da constitución dun grupo de traballo encargado de elaborar as normas propias que se aplicarán en Galicia para corrixir o ‘decreto do aprobado xeral’, co obxectivo de garantir a calidade do sistema educativo galego

O Comité Educativo vai solicitar a elaboración dunhas orientacións específicas de carácter técnico que permitan optimizar a ventilación dos centros escolares, e que deberán estar avaladas polas autoridades sanitarias en base aos criterios científicos.

Ante a dinámica para os próximos meses e conscientes das inquedanzas das familias sobre este asunto, o Comité Educativo debateu esta mañá a necesidade de traballar nunhas pautas de ventilación tendo en conta as características tipolóxicas dos centros escolares.

Se ben no protocolo xeral de inicio de curso xa se indican unhas medidas de ventilación concretas e específicas, agora trátase de desenvolver de xeito máis pormenorizado estas medidas e adaptalas ás distintas situacións metereolóxicas e ás características dos centros educativos.

Equipo Covid da Consellería

Doutra banda, o conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, deu conta ante o Comité Educativo do funcionamento do Equipo Covid da Consellería, no que se centralizan os asuntos relacionados coa pandemia e que se encarga, entre outras tarefas, da xestión de datos e da coordinación cos centros educativos e con Sanidade.

Este Equipo Covid, segundo matizou o conselleiro, xa existe de facto e leva traballando desde hai semanas, pero agora váiselle conferir unha natureza normativa a través dunha resolución que se publicará nos próximos días. Este equipo Equipo Covid é a canle de información directa dos centros educativos coa Consellería, ao que poderán elevar calquera dúbida, consulta, cuestión ou problemática que xurda respecto á pandemia.

Seguimento de situacións de absentismo

No marco do Comité Educativo tamén se está traballando nunha proposta para crear comisións provinciais de seguimento ante posibles situacións de absentismo con orixe na covid-19.

Nestes momentos o Protocolo marco de inicio de curso xa aborda o proceso de escolarización para o caso do alumnado en situacións de vulnerabilidade, sempre tendo en conta as indicacións médicas.

Non obstante, a Consellería −en liña coas recomendacións do informe da Avogacía do Estado, e atendendo tamén ás demandas dos centros− ve necesario facer un seguimento con especial sensibilidade sobre casos de absentismo derivados do contexto covid, co fin de obter información detallada e tomar as decisións máis axeitadas tendo en conta todas as variables que poden concorrer para cada situación.

De aí que se vaian crear comisións provinciais de seguimento ante posibles situacións de absentismo, que terían por obxecto analizar aqueles casos nos que non houbese unha clara xustificación para as ausencias que descartase a apertura de protocolo de absentismo e a atención por outros medios (virtual ou domiciliara), e valorar a súa evolución, sempre desde una perspectiva educativo-sanitaria e de benestar psicosocial.

Normas propias a prol da calidade

Así mesmo, o conselleiro informou da posición do Goberno galego respecto do Real Decreto Lei do Estado que permite a promoción de curso sen que se teña en conta o número de suspenso.

Tras expoñer a súa preocupación por un texto que pode xerar desigualdade entre o alumnado e que vai en contra dos principios básicos da educación como son o esforzo e a motivación, Román Rodríguez explicou que desde a Secretaría Xeral de Educación formouse un grupo de traballo integrado por docentes, inspectores e orientadores para elaborar unhas normas propias que posibiliten manter a calidade do ensino en Galicia.

Información xeral Consellería de Cultura, Educación e Universidade Profesorado Alumnado Familias Centros
Categorías: Administración

Resolución provisional de centros admitidos e excluídos no Club de Ciencia 2020/21

Mar, 20/10/2020 - 12:32
Idioma Gallego

Achégase a Resolución provisional de centros docentes admitidos para participar no programa de innovación educativa "Club de Ciencia" para centros docentes públicos da Consellería de Cultura, Educación e Universidade durante o curso 2020/21.

Ábrese un prazo de 5 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución neste portal educativo, para realizar reclamacións ou renuncias.

Anuncio principal: 

Convocatoria para participar no programa de innovación educativa "Club de Ciencia" para centros docentes públicos durante o curso 2020/21

Tema: 

Plans e actuacións en innovación educativa

Ensinanza: 

Ensinanzas de réxime xeral

Departamento: 

Subdirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa e Formación do Profesorado

Colectivo: 

Centros
Categorías: Administración

Resolución provisional de centros admitidos en Introdución á robótica educativa en primaria 2020/21

Mar, 20/10/2020 - 12:25
Idioma Gallego

Achégase Resolución provisional de centros docentes admitidos para participar no programa de innovación educativa "Introdución á robótica educativa en primaria" para centros docentes públicos da Consellería de Cultura, Educación e Universidade durante o curso 2020/21.

Ábrese un prazo de 5 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución neste portal educativo, para realizar reclamacións ou renuncias.

Anuncio principal: 

Convocatoria para participar no programa de innovación educativa "Introdución á robótica educativa en primaria" para centros docentes públicos durante o curso 2020/21

Tema: 

Plans e actuacións en innovación educativa

Ensinanza: 

Educación primaria

Departamento: 

Subdirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa e Formación do Profesorado

Colectivo: 

Centros
Categorías: Administración


by Dr. Radut