Apertura das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas, especialidade de chinés (592004), inglés (592011), italiano (592012) e xaponés (592013)
Resolución do 30 de xuño de 2020, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se convoca un procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas, especialidade de chinés (592004), inglés (592011), italiano (592012) e xaponés (592013).
Nota aclaratoria ao respecto da base terceira, apartado 2:
Para aquelas persoas interesadas que presenten a súa solicitude accedendo directamente á SEDE Electrónica da Xunta de Galicia, deberán empregar o modelo de presentación electrónica de solicitudes, escritos e comunicacións que non conten cun sistema electrónico específico nin cun modelo electrónico normalizado (PR004A), prégase indiquen no asunto a seguinte lenda “Inscrición listas...”.
Para estes efectos:
1º. Deben acceder á Sede electrónica a través da seguinte ligazón:
https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=PR004A&ano=2017&numpub=1&lang=gl
2º. Deben premer “Tramitar en liña”
3º. Lembre que xunto co modelo PR004A debe achegar a documentación establecida na resolución de apertura (Instancia, folla de autobaremación, aboamento de taxas e demais documentación)
Prazo 10 días hábiles a partir do día seguinte ao da publicación (do 2 ao 15 de xullo ambos incluídos).
Resolución do 30 de xuño de 2020 Solicitude Folla alegación méritos Titulacións Resolución provisional admitidos. Chinés, Italiano e Xaponés Relación provisional de persoas excluídas. Chinés, Italiano e Xaponés Resolución definitiva admitidos. Chinés, Italiano e Xaponés Relación definitiva de persoas excluídas. Chinés, Italiano e Xaponés Resolución provisional admitidos. Inglés Relación provisional de persoas excluídas. Inglés Resolución definitiva admitidos. Inglés Relación definitiva de persoas excluídas. Inglés