O poeta, e tamén exprofesor do Castelao, Moncho Iglesias deleitounos cun recital de poesía. Asemade, fixo un percorrido pola súa experiencia vital, falándonos sobre os diferentes países onde viviu.
Fixo especial fincapé en Palestina, zona de forte inspiracións para a súa obra.
O alumnado de 1BACH A e 1BACH B visitaron no derradeiro día de clase do trimestre a Casa-Museo Rosalía de Castro.
Avelino González, actor e monologuista vigués, achegouse ao IES Castelao para ter un encontro informativo co alumnado de 2º de Bacharelato.
Coa axuda da súa comicidade, presentou a realidade que se vive en Palestina, focalizando a súa intervención nun exercicio comparativo das vivencias cotiás das persoas máis novas de aquí e de acolá.
Esta actividade, organizada polo Departamento de Lingua galega, pretende dar a coñecer outras culturas e o interese polos acontecementos que suceden no mundo.
O IES Castelao inaugurou unha aula exterior na honra de Francisco Fernández del Riego cun acto no que non puideron faltar o folclore, a lingua galega e o positivismo do que tanto presumía o falecido escritor
As linguas de Rosalía e de Virgina Woolf entretecidas por Charo Pita e Patricia McGill para nos relatar unha escolma de historias que nos levaron a tempos e espazos distantes, pero que percibimos moi próximos. O alumnado de 4ºESO puido gozar desta experiencia o pasado mércores 19 de maio.
Unha das moitas actividades con que este ano celebramos o Día das Letras Galegas en homenaxe a Xela Arias foi a actuación, o día 13 de maio, de Serafín Marcos.
Á actividade asistiu o alumnado de 3º da ESO e levaba por título “De Carballo Calero a Xela Arias”. Serafín Marcos, dunha maneira didáctica e divertida, amosoulles a vida e obra de Xela e fixo un especial recordatorio de Carballo Calero, ao que se lle adicara o Día das Letras Galegas o ano 2020.
O departamento de Lingua Galega e Literatura do IES Castelao organizou unha visita virtual á exposición "De Nós a nós" (clica aquí para acceder á información) o venres 6 de novembro ao que asistiu alumnado de 2º de bacharelato A e B.
A visita virtual resultou moi operativa para celebrar o centenario da aparición da revista Nós e o que supuxo para a cultura galega o grupo Nós e, nomeadamente, figuras como Castelao, Risco ou Otero Pedrayo.
Achegándonos ao Entroido, o alumnado de 2º de ESO preparou uns fermosos traballos coa súa profesora Liliana Carro nos que se recolle información e fotos sobre distintas celebracións das que se fan por toda Galicia. Podes consultalos clicando aquí (pdf).
Os traballos están expostos no vestíbulo para que todos poidamos velos e quen queira opte a gañar un concurso respondendo as preguntas que se fan sobre eles.
Achegándonos ao Entroido, o alumnado de 2º de ESO preparou uns fermosos traballos coa súa profesora Liliana Carro nos que se recolle información e fotos sobre distintas celebracións das que se fan por toda Galicia.
Os traballos están expostos no vestíbulo para que todos poidamos velos e quen queira opte a gañar un concurso respondendo as preguntas que se fan sobre eles.
Pódese participar ata o 21 de febreiro!!
Hoxe 11 de xuño visitounos Luís Ferreiro, director da Fundación Celso Emilio Ferreiro e fillo do poeta Celso Emilio. Ao longo deste encontro, que mantivo con alumnado de Lingua Galega e Literatura de 4º ESO A e C, desenvolveu un relatorio sobre Celso Emilio no País dos Ananos, con especial referencia ás vivencias que o autor de Longa noite de pedra experimentou no seu exilio venezolano e tamén a como se proxectaron na súa obra literaria. Á súa conclusión o alumnado tivo ocasión de dialogar sobre distintos aspectos da vida cotiá de Celso Emilio co seu fillo.
Un pracer escoitar e aprender sobre un dos poetas máis salientables da literatura galega contemporánea. A Fundación, ademais, doou á biblioteca do centro un exemplar dunha edición non venal do poema "Miña matria Galicia", que gañara o primeiro premio dos Xogos Florais de Buenos Aires en 1967 e un exemplar facsímile da publicación Adiante! A nosa gratitude por esta visita.