Avelino González, actor e monologuista vigués, achegouse ao IES Castelao para ter un encontro informativo co alumnado de 2º de Bacharelato.
Coa axuda da súa comicidade, presentou a realidade que se vive en Palestina, focalizando a súa intervención nun exercicio comparativo das vivencias cotiás das persoas máis novas de aquí e de acolá.
Esta actividade, organizada polo Departamento de Lingua galega, pretende dar a coñecer outras culturas e o interese polos acontecementos que suceden no mundo.