O pasado 31 e maio, para completar a homenaxe do centro a Mª Victoria Moreno, tivemos unha sesión de lectura de dous textos seus dramatizados. Participaron nesta actividade, en primeiro lugar, un grupo de alumnos de 4º da ESO do IES Torrente Ballester, centro onde impartiu clases a autora, coa peza Un can chamado Morito; e, en segundo lugar, por parte do noso centro o alumnado de 2º PMAR leu a peza teatralizada Unha festa no faiado.
Pica na imaxe superior para ver algunhas fotos do acto. Podes ver tamén o seguinte vídeo da lectura:
O xoves 24 de maio, o alumnado de 4º da ESO fixemos un roteiro literario pola vila de Cans guiados polo escritor Carlos Meixide, autor da novela homónima. Deste xeito, coñecemos os diferentes lugares que percorren os personaxes. A seguir, asistimos a unha palestra sobre subtitulaxe e linguas minorizadas no ghalpón de Alicia. Todo moi interesante.
O gañador do 1º premio na modalidade de narrativa foi Samuel Fernández Torre de 4º ESO C.
O pasado 21 de maio os alumnos de 2º da ESO do IES Castelao e do IES Carlos Casares fomos de excursión ao poboado mineiro de Fontao, onde se desenvolve a historia do libro Nº atómico 74. Acompañáronnos as nosas profesoras e a autora da obra, Raquel Castro.
Alí ensináronnos a historia das minas de wolframio do poboado, para que se utilizaba, tanto nos séculos pasados como na actualidade, así como os distintos propietarios que tiveron ao longo do tempo: alemáns, franceses… A autora explicounos en que se baseou para escribir o libro e aclarounos as dúbidas.
Tras visitar o poboado, fomos xantar a un parque a Vila de Cruces, onde nos divertimos moito ata a hora de marchar.
Lucía Pereira 2º ESO C
Entre as diversas actividades programadas no noso centro para celebrar o Día das Letras Galegas, o alumnado de 1º e 2º da ESO, dirixidos polas súas profesoras Esther, Isabel e Lorena, adicoulle unha pequena homenaxe a Mª Victoria Moreno con lecturas, bailes e vídeo-poemas elaborados por eles mesmos. A actuación tivo lugar o 16 de maio no salón de actos.
Pica na imaxe para ver as fotos do acto.
“Unha historia de amor”. Con este título o profesor Serafín Marcos presentounos un espectáculo no que afondou na figura de Mª Victoria Moreno. Serafín Marcos foi contando ao noso alumnado de 1º de bacharelato e 3º e 4º da ESO, a través de divertidas escenas, aspectos da vida e obra da autora homenaxeada este ano no Día das Letras Galegas. A actuación desenvolveuse no salón de actos do centro o 16 de maio.
Preme na imaxe para ver o ben que o pasaron no espectáculo.
Este ano o Día das Letras Galegas adícaselle a María Victoria Moreno. Estremeña de nacemento pero pontevedresa de adopción, chegou a Galicia en 1963, con só 22 anos, e axiña asumiu a cidadanía en galego, a lingua que escolleu tanto para as súas obras narrativas infantís e xuvenís como para os seus estudos literarios, o ensaio, a poesía e a didáctica da lingua e da literatura galegas. Isto permítenos definila como "galega de elección".
No vestíbulo do centro fixemos unha pequena exposición coa súa obra. Pica na imaxe para vela.
O día 16 de maio o alumnado de 4º da ESO fomos ao Correlingua, unha andaina dende o Concello até Castrelos. Xunto ao noso instituto tamén foron outros centros de Vigo. Cando estabamos todos reunidos, comezamos a camiñar e ao chegarmos ao parque escoitamos uns grupos de música moi bos e un manifesto a prol do galego. Despois desta experiencia o alumnado de cada instituto e CPI voltou a cadanseu centro.
Raquel Fernández Arias, 4ºESO B
Coma todos os anos, o 17 de maio celebramos o Día das Letras Galegas, adicado no 2018 a Maria Victoria Moreno. Aquí vos presentamos o programa de actividades