Skip to Content

DÍA DO MEDIO AMBIENTE E DÍA DOS OCÉANOS

Podedes ver estes días na entrada do centro unha estupenda exposición dos traballos realizados polo alumnado de 1º ESO e 1º Bacharelato das materias de Bioloxía e Xeoloxía durante o curso 23/24.

Con esta mostra queremos celebrar o Día do Medio Ambiente (5 de xuño) e o Día dos Océanos (8 de xuño).

EMOCIÓNATE CONNOSCO, 1º PREMIO INCUBADORA DE SONDAXES E EXPERIMENTOS DE SGAPEIO

O venres, día 7, o alumnado do IES de Cacheiras defendeu os seus traballos, Emociónate connosco e Focos de atención, na categoría de 1º e 2º ESO e A pantera negra, na categoría de 3º e 4º ESO na facultade de matemáticas.

Nesta decimocuarta edición do Concurso Incubadora de Sondaxes e Experimentos organizado por SGAPEIO, o traballo A pantera negra quedou en segundo posto na súa categoría e Focos de atención no terceiro.

O equipo formado por Anxo Amigo, Martiño Amigo, Sabela Noya, Dalmiro Núñez e Brais Suárez  co seu traballo Emociónate connosco de 1º ESO, resultaron gañadores da Fase galega do concurso Incubadora de Sondaxes e Experimentos e representarán a Galicia na Fase nacional que se celebrará en Bilbao.

GRADUACIÓN DO ALUMNADO DE 2º BACHARELATO

O alumnado de 2º de bacharelato celebrou a súa graduación o pasado sábado no Hotel Congreso.

No acto o padriño, Gonzalo Cifuentes, agasallou ao alumnado cunha actuación acompañado do profesor Raúl Gómez.

Moitas grazas á ANPA pola súa colaboración na organización e financiamento deste acto.

 

Moita sorte nesta nova etapa das vosas vidas!!

 

ATURUXO FILMS EN ACONTRA +

Estamos na plataforma de cine Acontra +!!
Catro curtometraxes do alumnado do IES de Cacheiras realizados no proxecto Aturuxo Filmsm, no catálogo Acción en Corto.

ESTANCIA EN BOURNEMOUTH. CHEGADA.

O alumnado de 1º bacharelato que realiza esta miniestancia en Reino Unido xa está en Bournemouth, localidade na que este ano realizará esta actividade de inmersión lingüística.

 

NOVO LIBRO NO CLUB DE LECTURA DE 1º ESO

No último trimestre do curso, o Club de lectura de 1º ESO está lendo Pomelo y limón, que nos está facendo reflexionar sobre as relacións e como se poden ver influídas polas redes sociais e terceiras persoas.

PRÁCTICA DA RCP

Temos no noso centro estes días 4 manequís mercados polo Concello de Teo para usar en todos os centros educativos do municipio.

O alumnado está facendo prácticas de RCP nas aulas de Educación Física e o profesorado poderá realizalas tamén a vindeira semana. Animádevos!

EXHIBICIÓN DE BÉISBOL

A semana pasada o Club de béisbol e sófbol Os Tilos estivo no noso centro para promocionar a práctica deste deporte entre o alumnado de 1º e 2º ESO.

PERSPECTIVAS CÓNICAS E AXONOMÉTRICAS

Estes días podedes ver a exposición de perspectivas cónicas e axonométricas realizadas polo alumnado de Debuxo Técnico I de 1° de Bacharelato.

Podedes vela no segundo andar do IES, na zona das aulas de plástica e debuxo.

 

PREMIOS EXTRAORDINARIOS DE ESO AO RENDEMENTO ACADÉMICO CORRESPONDENTES AO CURSO 2023/2024

  • Alumnado que cursase durante o ano académico 2023/24 cuarto curso de educación secundaria obrigatoria no réxime ordinario en calquera dos centros da Comunidade Autónoma de Galicia, que estea proposto polo equipo docente para a expedición do título de graduado en educación secundaria e obtivese no conxunto dos catro cursos de educación secundaria obrigatoria unha nota media igual ou superior a 9,00 puntos.
  • O prazo de presentación de solicitudes será dun mes a partir da data de publicación no DOG (06/06/2024).

Prazo de presentación de solicitudes: 07/06/2024 - 08/07/2024

  • As solicitudes de participación presentaranse preferiblemente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo I) dispoñible na aplicación informática «PremiosEdu» accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia ou, directamente, desde a propia aplicación «PremiosEdu».  As solicitudes subscribiranas directamente as persoas interesadas con plena capacidade de obrar ou, se é o caso, os/as representantes legais das persoas solicitantes.
  • A realización da proba terá lugar na data que se estableza mediante resolución publicada no Diario Oficial de Galicia, e no portal educativo da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional (https://www.edu.xunta.gal). Na dita resolución fixaranse, así mesmo, os lugares e o horario de celebración da proba.

Orde do 29 de maio de 2024 (DOG)

Extracto da Orde do 29 de maio de 2024 (DOG)

Resumo procedemento


Máis información:

Premios extraordinarios de ESO ao rendemento académico correspondentes ao curso 2023/2024

Premios ESO

Sede electrónica. Procedemento ED311D - Premios extraordinarios de ESO ao rendemento académico.

Probas convocatorias anteriores

Distribuir contido


by Dr. Radut