Skip to Content

Francés

Programación e criterios de avaliación CURSO 2023-2024

Pódese consultar a programación da materia para o curso 2023-2024, referente a todos os cursos, e ás materias de libre configuración (Francés Oral), ademais dos criterios de avaliación para todos os cursos.

100% APROBADOS NAS PROBAS DELF, OUTRA VEZ!

Os 24 alumnos e alumnas que se presentaron ás probas DELF, acadaron o título (18 B1 e 6 B2).

O departamento de francés prepara ao alumnado para estas probas todos os anos, acadando grande éxito todos os anos.

Parabéns a profesorado e alumnado polo traballo realizado!!

 

SAÍDA DO ALUMNADO DE FRANCÉS DE 1º ESO A COMPOSTELA

O alumnado de francés de 1º ESO fixo unha visita guiada en francés pola cidade de Compostela. A saída completouse cunha degustación de crêpes.

PROBAS DELF

O departamento de francés prepara desde hai máis de 10 anos ao seu alumnado para a obtención do título de francés DELF B1 e B2.

Esta semana o alumnado que así o solicitou presentouse ás primeiras probas para obter a certificación en lingua francesa.

No mes de maio serán as probas orais.

III SEMANA CULTURAL. ESCAPE ROOM DÍA DA FRANCOFONÍA

O departamento de francés organizou, nas aulas de 2º ESO, durante esta semana, unha escape room co gallo do Día da Francofonía.

III SEMANA CULTURAL. CONTÉ AVEC MOI

Samuel Mountoumnjou,de Senegal, realizou este contacontos interactivo co alumnado de francés do noso centro.

Grazas á ANPA, que financiou esta actividade en colaboración coa Deputación da Coruña.

100% DE APROBADOS NAS PROBAS DELF

Os 15 alumnos e alumnas que se presentaron ás probas DELF, acadaron o título (12 B1 e 3 B2).

O departamento de francés prepara ao alumnado para estas probas todos os anos, impartindo clases extraordinarias.

Parabéns a todos polo traballo realizado!!

CONTE AVEC MOI, CON SAMUEL MOUNTOUMNJOU

Onte visitounos de novo Samuel Mountoumnjou, que realizou este contacontos interactivo co alumnado de francés de 4º ESO e 1º Bacharelato.

Grazas á ANPA por financiar esta actividade.

 

ROTEIRO CULTURAL POR COMPOSTELA

O alumnado da materia de Igualdade de xénero visitou este luns Santiago da man da historiadora Encarna Otero nun roteiro sobre as mulleres de Compostela.

A xornada completouse con varias visitas culturais na cidade.

PROBAS DELF

Hoxe o alumnado de bacharelato que así o solicitou, presentouse ás primeiras probas para obter a certificación en lingua francesa. A vindeira semana realizarán as probas orais. Moita sorte!

Distribuir contido


by Dr. Radut