Skip to Content

Portugués

PROGRAMACIÓN DEPARTAMENTO DE PORTUGUÉS 2023-24

EXCURSIÓN A OPORTO: PENA AVENTURA

O último día da excursión a Oporto o alumnado desfrutou das actividades de multiaventura en Pena Aventura.

VISITA A OPORTO

O segundo día da excursión o alumnado visitou a cidade de Oporto.

EXCURSIÓN DO ALUMNADO DE PORTUGUÉS A OPORTO

O alumnado de portugués de 1º, 2º e 3º ESO está desfrutando dunha saída de tres días a Oporto e Pena Aventura.

O primeiro día visitaron o acuario de Oporto e o zoo de Maia.

SERGIO REY, I PREMIO ESCOLAR INTERNACIONAL DE LIVRO DE CORDEL

O I Premio Escolar Internacional de Livros de Cordel, que organizan os institutos Marco do Camballón, de Vila de Cruces, e Rochael de Medeiros de Recife, de Brasil, ten como gañador a Sergio Rey Dalama, alumno de 1º ESO do noso centro.

Sergio presentou ao concurso un poema sobre o fútbol, Um dragão Campeão. Este certame escolar ten como obxectivo valorar a poesía popular, vincular a tradición do cordel á historia de Brasil e de Galicia e, por outra banda, modernizar o libro de cordel e a oralidade en lingua galego-portuguesa, ademais de fomentar relacións entre escolares de Galicia e de Brasil.

SÉRGIO TANNUS, NO IES DE CACHEIRAS

Sérgio Tannus visitou hoxe o noso centro. O músico brasileiro actuou para o alumnado de portugués de 1º ESO.

BLOG AS9ONDAS

MEMORIA FOTOGRÁFICA DA VIAXE DO ALUMNADO DE PORTUGUÉS A LISBOA

Podedes ver estas e máis fotografías neste enlace

 

VIAXE A LISBOA. ÚLTIMO DÍA

No día de regreso a Galicia o alumnado visitou Batalha e Braga.

VIAXE A LISBOA. DÍA 5 DE XUÑO

Hoxe o alumnado visitou a Escola Secundaria da Ramada e pola tarde coñeceu a zona de Belém.

Tamén viaxou no teleférico sobre a Expo e o río Tejo.

Distribuir contido


by Dr. Radut