Skip to Content

Actualidade ANPA

E A CÁPSULA DO TEMPO XA ESTÁ SOTERRADA!

A cápsula do tempo, que abriremos no ano 2029, cando o alumnado de 1ºESO estea en 2º bacharelato, xa está soterrada.

Iñaki Quenerapú asistiu ao noso caótico acto de soterramento como impulsor deste proxecto, que iniciamos o ano pasado, e que conta co seu asesoramento e, sobre todo, bo humor.

GRADUACIÓN DO ALUMNADO DE 2º BACHARELATO

O alumnado de 2º de bacharelato celebrou a súa graduación o pasado sábado no Hotel Congreso.

No acto o padriño, Gonzalo Cifuentes, agasallou ao alumnado cunha actuación acompañado do profesor Raúl Gómez.

Moitas grazas á ANPA pola súa colaboración na organización e financiamento deste acto.

 

Moita sorte nesta nova etapa das vosas vidas!!

 

SAÍDA DO ALUMNADO DE 4º ESO A CORRUBEDO

O alumnado de 4º ESO de Bioloxía e Xeoloxía visitou hoxe o Parque natural de Corrubedo nunha actividade organizada polo CEIDA.

Esta saída foi posible grazas a que a financiou a ANPA en colaboración coa Deputación da Coruña.

CHARLA DO CEIDA

O alumnado de 4º ESO de bioloxía e o alumnado de 4º ESO PDC asistiron esta semana a unha charla do CEIDA de preparación para a saída que farán a vindeira semana ao Parque Natural Complexo Dunar de Corrubedo e Lagoas de Carregal e Vixán.

Esta actividade está financiada pola ANPA do IES de Cacheiras en colaboración coa Deputación da Coruña.

SOLE FELLOZA NO IES DE CACHEIRAS

Estes días visita o noso centro Sole Felloza que está impartindo unha serie de obradoiros ao alumnado de oratoria de 3º ESO.

Grazas á ANPA por facer posible esta actividade que financia en colaboración coa Deputación da Coruña.

PAULA CARBALLEIRA VOLVE AO IES DE CACHEIRAS

Paula Carballeira e o seu Obradoiro de narración oral volven ao noso centro para fomentar no alumnado máis novo o interese pola transmisión oral de contos e historias.

Todos os grupos de 1º ESO desfrutaron das súas historias de medo e crearon os seus propios contos para asustar a Paula na segunda sesión.

Grazas á ANPA por financiar esta actividade en colaboración coa Deputación da Coruña.

III SEMANA CULTURAL. CONTÉ AVEC MOI

Samuel Mountoumnjou,de Senegal, realizou este contacontos interactivo co alumnado de francés do noso centro.

Grazas á ANPA, que financiou esta actividade en colaboración coa Deputación da Coruña.

III SEMANA CULTURAL. TALLER DE ECOPERCUSIÓN

Grazas á ANPA, que financiou esta actividade en colaboración coa Deputación da Coruña, o alumnado de 2º ESO puido desfrutar deste obradoiro de Ecopercusión impartido por Didier Díaz.

8M NO IES DE CACHEIRAS.

Hoxe 8 de marzo, as alumnas e alumnos de 2º ESO entrevistaron a cinco mulleres da nosa contorna con moito que contar.

Partindo do texto de Paula Carballeira, As alumnas, quixemos que nos contasen como cambiou a educación das mulleres ao longo do tempo e tamén coñecer o seu traballo e inquedanzas.

Tivemos a sorte de ter con nós a:

Paula Carballeira, actriz e escritora, que vén de gañar o Premio Nacional de literatura dramática coa obra As alumnas no 2023.

Ana Conde, xornalista, directora e creadora do Teovivo.

Fanny Félix, unha das impulsoras da asociación Bolboretea, familias teenses para as neurodiversidadese, que tamén forma parte da ANPA do IES de Cacheiras.

Juliana Pérez, mestra xubilada que foi profesora de Lingua Castelá neste instituto ata que se retirou.

Iria Páramo, médica no Hospital Psiquiátrico de Conxo.

 

VISITA Á FEIRA DE MINEIRAIS

O alumnado de 1º ESO e parte do alumnado de ciencias de 1º bach visitaron a X Feira de minerais en Santiago.

Tiveron unha mañá moi intensa entre charlas, obradoiros e a visita á enorme exposición de minerais que se celebrou en Área Central.

Esta actividade foi posible grazas á ANPA do IES de Cacheiras que financiou o desprazamento ata a Feira de minerais en colaboración coa Deputación da Coruña.

Distribuir contido


by Dr. Radut