Skip to Content

Actualidade ANPA

OBRADOIRO DE POESÍA CON YOLANDA CASTAÑO

Grazas á ANPA o alumnado de 3º ESO puido hoxe asistir aos obradoiros de poesía que impartiu Yolanda Castaño.

 

 

OBRADOIRO DE NARRACIÓN ORAL CON PAULA CARBALLEIRA

Grazas a ANPA, o alumnado de 1º ESO puido desfrutar esta semana do noso xa tradicional obradoiro de narración oral con Paula Carballeira.

ACTUACIÓN DA AULA DE TEATRO PARA O CEIP DE CALO

Grazas á ANPA, a Aula de Teatro actuou para os rapaces do CEIP de Calo no Auditorio Constante Liste.

Agradecemos de novo ao Concello a cesión do auditorio para esta actuación.

"AQUÍ CABEMOS TODOS". RUBÉN LIJÓ VISITA O NOSO CENTRO

Grazas á ANPA, o alumnado de 4º ESO puido asistir hoxe ás charlas que impartiu Rubén Lijó, rescatador do Pesca I, que nos falou das súas experiencias como voluntario no Open Arms e do seu proxecto solidario Pegasus.

Conte avec moi

Hoxe contamos coa visita de Samuel Mountoumnjou que actuou para o alumnado de francés de 4º ESO e bacharelato.

Grazas á ANPA e ao departamento de francés.

 

MAGOSTO

Retomamos, por fin, esta celebración.

Ademais, o alumnado de 1º ESO participou nunha xornada de xogos populares e música tradicional.

Son moitos os agradecementos: á ANPA polas castañas, á Asociación Galega do Xogo Popular e tradicional de Melide por prestarnos tantos xogos estupendos e a toda a comunidade educativa do noso IES que colaborou para que este día fose posible.

Raúl e Gabriela, sen o voso entusiasmo non o poderiamos ter feito.

 

RECREOS ACTIVOS

Ampliamos a zona dedicada ao ping pong grazas á ANPA que nos proporcionou outra mesa para esta zona tan demandada polo alumnado.

http://www.edu.xunta.gal/centros/iescacheiras/system/files/20211105_134246.jpg

 

DISCURSHOW HABITO - TERRA

Grazas a ANPA do IES de Cacheiras e ao Concello de Teo, o alumnado de 4º ESO e 1º Bacharelato puido desfrutar do discurshow de Vicente Mohedano, HABITO - TERRA.

Agradecemos tamén á A.C. Rosalía de Castro que nos cedese as súas instalacións de novo.

ANPA: CONVOCATORIA ASEMBLEA XERAL 2021

¿Que vai pasar coa ANPA? ¿VAI PODER SEGUIR FUNCIONANDO?

Este luns 10 de maio vai celebrarse a asemblea xeral anual. Un dos puntos a tratar é a renovación da xunta directiva e por iso é preciso a presenza de todas as familias que conforman a comunidade educativa do IES de Cacheiras.

O curso está a piques de rematar e en breve haberá que poñer en marcha o Banco de libros. Consideramos que é un servizo fundamental, do que se benefician moitas familias, pero vai ser dificil mantelo se non contamos con máis axuda.

É urxente facer a renovación da xunta directiva e que entren novos socios e socias para poder asegurar a continuidade da ANPA.

Polo tanto, agardamos a vosa presenza este luns no salón de actos do IES de Cacheiras para falar do futuro da ANPA. A asemblea será ás 19.00h. en primeira convocatoria e 19.30h. en segunda, prevéndose a constitución da asemblea na segunda convocatoria.

Distribuir contido


by Dr. Radut