Grazas á ANPA, que financiou esta actividade en colaboración coa Deputación da Coruña, o alumnado de 2º ESO puido desfrutar deste obradoiro de Ecopercusión impartido por Didier Díaz.
Mondra regresou ao seu antigo instituto para ter un encontro co alumnado de 1º bacharelato. Explicounos como foi o proceso de creación do seu traballo discográfico e conseguiu que o alumnado se animase a cantar con el.