Os alumnos Sergio Castro Baliñas, Diego Guimeráns Guillén e Xavi Riomao Hernández, de 1º ESO, resultaron gañadores do XII Concurso Incubadora de Sondeos y Experimentos celebrado en Zaragoza do 27 ao 29 de xuño, co traballo Caldo de áreas na categoría de 1⁰ e 2⁰ ESO.
O día 9 de xuño, na facultade de matemáticas, recibiron o primeiro premio da súa categoría do XIII Concurso Incubadora de sondaxes e experimentos organizado por SGAPEIO.
Durante o presente curso no IES de Cacheiras organizouse un Taller de estatística coordinado polo departamento de matemáticas no que se realizan traballos de investigación e experimentos estatísticos.
Presentáronse catro traballos ao concurso autonómico, resultando finalistas, Caldo de áreas, que foi gañador e, María Blanco Iglesias, Mateo Mata Millán e Montserrat Mayo Martínez, de 3º ESO, recibiron unha Mención neste mesmo concurso, polo seu traballo A incógnita das panteras.