Skip to Content

Curso 2022-2023

Actividades desenvolvidas pola Biblioteca Escolar, o EDLG, Aula de teatro e os diferentes departamentos didácticos.

VISITA AO SUPERMERCADO

Esta semana algúns dos nosos rapaces levaron a cabo unha saída ao supermercado para poñer en práctica as aprendizaxes da aula no contexto da vida cotiá.

ANTIGOS ESTUDANTES VISITAN O CENTRO

Encántanos que o alumnado que xa non está no centro se achegue a visitarnos e a contarnos como lles vai.

Hoxe non só saudaron aos seus antigos profes, tamén explicaron ao alumnado de 4º ESO a súa experiencia académica e laboral despois de deixar o instituto.

Moitas grazas a Nerea Conde Doce, Victoria Iglesias de la Fuente e Aldán Creo Mariño e moita sorte no futuro!

MÁSTERS DO DEBUXO. PRIMEIRA SESIÓN

Hoxe tivo lugar a primeira sesión de Másters do debuxo na que alumnado de 1º ESO debuxaron en directo e mostraron os seus cadernos de artista.

Mañá no primeiro recreo máis, non o perdades!!

COMEZO DO TORNEO DE XADREZ

Despois da primeira fase eliminatoria na que quedaron cinco finalistas, Isabella, Alexio, Iago, Juan e Ruth xogarán 4 partidas cada un para determinar cal será o gañador.

Todos os recreos na biblioteca.

 

TORNEO DE XADREZ NA BIBLIOTECA

Remataremos o curso cun torneo de xadrez que se celebrará na biblioteca durante os recreos.

Comezamos este luns e estes son os emparellamentos realizados por sorteo. Vémonos mañá no 1º recreo!

 

PRIMEIRO PREMIO PARA O TRABALLO CALDO DE ÁREAS, NO XIII CONCURSO INCUBADORA DE SGAPEIO

Os alumnos Sergio Castro Baliñas, Diego Guimeráns Guillén e Xavi Riomao Hernández, de 1º ESO, resultaron gañadores do XIII Concurso Incubadora de Sondaxes e Experimentos co traballo Caldo de áreas na categoría de 1⁰ e 2⁰ ESO.



Asimesmo, María Blanco Iglesias, Mateo Mata Millán e Montserrat Mayo Martínez, de 3º ESO, recibiron unha Mención neste mesmo concurso, polo seu traballo A incógnita das panteras.

O MURAL...REMATADO

Xa podemos desfrutar do traballo finalizado.

Moi bo traballo o do alumnado de Educación Plástica de 4º ESO.

Grazas!

GRADUACIÓN DO ALUMNADO DE 2º BACHARELATO

O alumnado de 2º de bacharelato celebrou este pasado venres a súa graduación.

Durante o acto, fíxose unha homenaxe a Xosé Manuel Maceira que, despois de 12 anos como director, deixa o noso centro este ano.

Moitas grazas á ANPA pola súa colaboración na organización e financiamento deste acto.

Moita sorte no futuro a tod@s!

PROXECCIÓN DE XERACIÓN(S) FRANCOS

O pasado venres, día 9, proxectouse no salón de actos do noso centro a curta Xeración(s) Francos que 1º ESO A presentou no MICE Petís este ano.

GAÑADORA DA AULA MELLOR COIDADA... 1º ESO A!!

Rematou o concurso e a aula que vai a Cerceda o día 19 de xuño é 1ºESO A. Moitos parabéns!!

Distribuir contido


by Dr. Radut