Skip to Content

Recomendámosche

HOMENAXE A LUÍSA VILLALTA

A nosa biblioteca escolar leva o nome de Luísa Villalta, homenaxeada este ano no Día das Letras galegas.

Para conmemorar este feito decidiuse facer unha intervención na nosa biblioteca. O resultado é este precioso traballo levado a cabo por Raquel Germade.

" Mírame, mírate, mírame en ti e escólleme para soñarte". Luísa Villalta.

VISITA A CELANOVA

O alumnado que participou nos clubs de lectura durante o ano e o que fixo voluntariado na biblioteca, puido desfrutar dun agasallo moi especial: ir a Celanova para visitar a casa dos Poetas, o mosteiro de San Salvador e ver a preciosa biblioteca do IES Celanova.

Pola tarde percorreron o burgo medieval de Vilanova dos Infantes e o xacemento arqueolóxico de Castromao.

TALLER DE RADIO PARA O ALUMNADO

Dentro do programa Radio na Biblio no que este ano participa o noso centro, o alumnado interesado participou nunha formación impartida por Cristina Vilas.

Aprenderon a técnica necesaria para manexar o control dun programa de radio.

No bloque de Radio escolar da nosa web podedes escoitar os podcast que se realizaron durante o presente curso.

DÍA DO LIBRO NO IES DE CACHEIRAS

Para este martes, Día do libro, o equipo da biblioteca e o EDLG teñen preparadas varias propostas que esperamos que vos gusten. Vinde pola biblioteca!

ENTREGA DE PREMIOS DO II TORNEO DE XADREZ

Juan González foi o gañador do II Torneo de xadrez. Hoxe fixemos a entrega de premios na biblioteca. Parabéns tamén aos finalistas Alexio Félix, Iago Pérez e Ruth Barrio.

8M NO IES DE CACHEIRAS.

Hoxe 8 de marzo, as alumnas e alumnos de 2º ESO entrevistaron a cinco mulleres da nosa contorna con moito que contar.

Partindo do texto de Paula Carballeira, As alumnas, quixemos que nos contasen como cambiou a educación das mulleres ao longo do tempo e tamén coñecer o seu traballo e inquedanzas.

Tivemos a sorte de ter con nós a:

Paula Carballeira, actriz e escritora, que vén de gañar o Premio Nacional de literatura dramática coa obra As alumnas no 2023.

Ana Conde, xornalista, directora e creadora do Teovivo.

Fanny Félix, unha das impulsoras da asociación Bolboretea, familias teenses para as neurodiversidadese, que tamén forma parte da ANPA do IES de Cacheiras.

Juliana Pérez, mestra xubilada que foi profesora de Lingua Castelá neste instituto ata que se retirou.

Iria Páramo, médica no Hospital Psiquiátrico de Conxo.

 

FINAL DO TORNEO DE XADREZ

Esta semana xogarase a final do Torneo de xadrez entre os que acadaron mellor puntuación na ronda previa, para determinar quen será o gañador ou gañadora do Torneo.

TORNEO DE XADREZ. ÚLTIMA SEMANA ANTES DA RONDA FINAL

Esta semana xogaremos as últimas partidas antes de que os mellor clasificados xoguen a ronda final.

TORNEO DE XADREZ. NOVA PARTIDA

Agardámosvos mañá no 1º recreo para outra partida do noso torneo de xadrez!

1ºA VISITA A BIBLIOTECA DO GRILO

Desta vez tocoulle ao alumnado de 1º ESO A visitar a Biblioteca do Grilo.

O resto dos grupos farano tamén en breve, cando as choivas nos dean un respiro!

Distribuir contido


by Dr. Radut