Skip to Content

Recomendámosche

DÍA DA POESÍA NO IES DE CACHEIRAS

Para celebrar este día, o alumnado de 4º ESO preparou un recital poético musical coordinado polo Equipo da Biblioteca e o departamento de Música.

DÍA DA POESÍA NO IES DE CACHEIRAS

A partir dunha canción elixida por eles, Repartiendo arte de KASE-O, o alumnado participante fixo unha interpretación artística dela.

Podedes ver o resultado no corredor principal.

 

DÍA MUNDIAL DA POESÍA

O martes, día 21, celebraremos o Día Mundial da poesía cun recital na Biblioteca. Non o perdades!!

 

8 M NO IES DE CACHEIRAS

O Equipo da biblioteca fixo unha selección de títulos moi interesantes para ler a propósito desta data.

Pasade pola biblioteca para velos!

 

8 M NO IES DE CACHEIRAS

Este ano, co gallo do 8M, propuxemos ao alumnado que elixise unha muller para nomear a súa aula para o resto do curso.

DÍA DE ROSALÍA

Para celebrar o Día de Rosalía as alumnas Irene Iglesias, Beatriz Lago e Irati Méndez, ofreceron un recital poético musical inspirado nos versos da escritora.

O alumnado da ESO elaborou tarxetas cos versos de Rosalía que se repartiron entre a comunidade educativa.

DÍA DE ROSALÍA NO IES DE CACHEIRAS

11F: DÍA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA: ALMUDENA HOSPIDO

Almudena Hospido, profesora do departamento de Enxeñería Química da USC, visitou o noso centro para impartir a charla Acercando la ingeniería química y ambiental a tod@s para o alumnado de 2º de bacharelato.

GAÑADORES DO CONCURSO REVIVINDO COUSAS

O venres, día 10, no primeiro recreo, entregaremos os premios aos gañadores do concurso Revivindo Cousas.

Parabéns!!!

 

FINALIZAMOS AS VISITAS Á BIBLIOTECA DO GRILO

Cos grupos 1º ESO C e 1º ESO E rematamos as andainas ata a biblioteca do Grilo.

Moitas grazas a Alberto pola paciencia e a atención, e ao persoal de protección civil pola súa axuda.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut