Skip to Content

Recomendámosche

COMEZAMOS COAS VISITAS Á BIBLIOTECA DO GRILO

Como cada ano, o noso alumnado de 1º ESO fai unha pequena andaina ata a biblioteca do Grilo na que se lle entrega os carnés e aprende do funcionamento da biblioteca municipal. Este ano foi 1º ESO E o primeiro en realizala.

É unha actividade organizada conxuntamente polo Departamento de EF e a biblioteca escolar en colaboración co Concello de Teo.

Moitísimas grazas a Alberto por acollernos un ano máis.

TORNEO DE XADREZ. TERCEIRA SESIÓN

Continuamos co noso Torneo de xadrez. Estes son os enfrontamentos para o xoves, día 15 de febreiro.

ENTREGA DE PREMIOS DO CONCURSO DE ILUSTRACIÓN

O pasado venres entregamos os premios ás dúas gañadoras do Concurso de ilustración. Parabéns!!

ÁS ESQUECIDAS. UN PROXECTO DE RECOLLIDA DE LIBROS DEDICADOS PARA AS PRESAS DE TEIXEIRO

Ata o día 20 de marzo imos recoller libros dedicados que se entregarán ás mulleres presas no centro penitenciario de Teixeiro.

Unímonos así a un proxecto que xa ten unha longa traxectoria, o iniciado por teta&teta, ás que lles pedimos permiso para realizalo no noso centro, e que podedes coñecer neste enlace.

Agardamos que a iniciativa teña moito éxito e poidamos ir cargados de libros a Teixeiro, anímaste a participar?

GAÑADORAS DO CONCURSO DE ILUSTRACIÓN

Parabéns ás gañadoras!!

TODO LISTO PARA O TORNEO DE XADREZ

Xa está todo listo para que comece o Torneo de xadrez, recorda, mañá nos recreos.

 

SE CHE GUSTA O XADREZ, ANÓTATE AO NOSO TORNEO!

CONCURSO DE ILUSTRACIÓNS

Comezamos o ano cun novo concurso. Anímate a participar que o premio paga a pena!

DÍA DOS DEREITOS HUMANOS

Con motivo da celebración do Día dos Dereitos Humanos (10 de decembro), o equipo da Biblioteca recoméndache esta serie de películas e libros moi interesante. Pásate a velas!

ENTREGA DE PREMIOS CONCURSO "DESEÑA A TÚA PORTA VIOLETA"

Este martes entregáronse os premios a 1º ESO A e 4º ESO C, gañadores do concurso Deseña a túa porta violeta.

Parabéns!!

Distribuir contido


by Dr. Radut