COMEZAMOS COAS VISITAS Á BIBLIOTECA DO GRILO
Como cada ano, o noso alumnado de 1º ESO fai unha pequena andaina ata a biblioteca do Grilo na que se lle entrega os carnés e aprende do funcionamento da biblioteca municipal. Este ano foi 1º ESO E o primeiro en realizala.
É unha actividade organizada conxuntamente polo Departamento de EF e a biblioteca escolar en colaboración co Concello de Teo.
Moitísimas grazas a Alberto por acollernos un ano máis.
- 23 lecturas