Skip to Content

Bioloxía e Xeoloxía

DÍA DO MEDIO AMBIENTE E DÍA DOS OCÉANOS

Podedes ver estes días na entrada do centro unha estupenda exposición dos traballos realizados polo alumnado de 1º ESO e 1º Bacharelato das materias de Bioloxía e Xeoloxía durante o curso 23/24.

Con esta mostra queremos celebrar o Día do Medio Ambiente (5 de xuño) e o Día dos Océanos (8 de xuño).

SAÍDA DO ALUMNADO DE 4º ESO A CORRUBEDO

O alumnado de 4º ESO de Bioloxía e Xeoloxía visitou hoxe o Parque natural de Corrubedo nunha actividade organizada polo CEIDA.

Esta saída foi posible grazas a que a financiou a ANPA en colaboración coa Deputación da Coruña.

CHARLA DO CEIDA

O alumnado de 4º ESO de bioloxía e o alumnado de 4º ESO PDC asistiron esta semana a unha charla do CEIDA de preparación para a saída que farán a vindeira semana ao Parque Natural Complexo Dunar de Corrubedo e Lagoas de Carregal e Vixán.

Esta actividade está financiada pola ANPA do IES de Cacheiras en colaboración coa Deputación da Coruña.

PROGRAMA DE SEGUIMENTO DAS BOLBORETAS DE EUROPA NO CLUB DE CIENCIA

O alumnado do Club de Ciencias realizou un percorrido inicial, na contorna do centro, como "toma de contacto" de cara a participar no "Programa de seguimento das bolboretas de Europa". Estudaremos as bolboretas presentes nunha carballeira, nun pequeno bosque de ribeira e nun pequeno prado.

III SEMANA CULTURAL. VISITA AO IDIS

O alumnado de bioloxía de 1º e 2º bach tivo a oportunidade de visitar as instalacións do IDI. Grazas pola invitación e o bo trato recibido.

III SEMANA CULTURAL. ÁNGEL CARRACEDO

Tivemos a honra de contar con Ángel Carracedo no segundo día da nosa semana cultural. Falou do seu traballo ao alumnado de ciencias de bacharelato e animou aos de 2º de bacharelato a tomar as cousas con calma e a elixir aquilo que os apaixone.

 

VISITA Á FEIRA DE MINEIRAIS

O alumnado de 1º ESO e parte do alumnado de ciencias de 1º bach visitaron a X Feira de minerais en Santiago.

Tiveron unha mañá moi intensa entre charlas, obradoiros e a visita á enorme exposición de minerais que se celebrou en Área Central.

Esta actividade foi posible grazas á ANPA do IES de Cacheiras que financiou o desprazamento ata a Feira de minerais en colaboración coa Deputación da Coruña.

NOVA REUNIÓN DO CLUB DE CIENCIA

Este xoves 18 de xaneiro o club de ciencia seguiu traballando diferentes aspectos relacionados coa luz. Neste caso tocou facer experimentos de bioloxía sobre un reino da natureza moi peculiar: o reino dos fungos. Estes seres medran case sen luz, e por iso estivemos facendo unha plantación de diferentes tipos de fungos que podemos atopar.

Dentro de 3 semanas, e facendo un control das condicións dos nosos cultivos, esperamos ter bos resultados!!

CHARLA ESTIMACIÓN DA DATA DA MORTE. A PONTE ENTRE O ENSINO MEDIO E A USC

José Ignacio Muñoz Barús, impartiu para o alumnado de bacharelato de bioloxía esta interesante charla enmarcada dentro do programa A ponte entre o ensino medio e a USC.

Distribuir contido


by Dr. Radut