Skip to Content

DOUS EQUIPOS DO IES DE CACHEIRAS GAÑADORES DO CONCURSO Consumópolis-19: súmate á enerxía responsable

O equipo “Minerales” composto por: Carla Atrio Montes, Dora Ferreira Martínez, Uxía Taboada Pillado, Uxía Campos Lugo e Uxía Ferreiro Fernández foi seleccionado para representar a Comunidade Autónoma de Galicia na fase estatal do concurso sobre consumo responsable e calidade de vida: Consumópolis-19: súmate á enerxía responsable organizado polo Instituto Galego do Consumo e da Competencia, adscrito á Consellería de Economía, Industria e Innovación, e á Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.
A este equipo clasificado en primeiro lugar na Categoría B, ademais de representar a Galicia na fase nacional, concederáselle un premio de 1000 euros.


O equipo “ Sirenas de Mako” composto por María Martínez Fernández, Julia Mella Taboada, Carla Miranda Loureiro, Alejandra Rodríguez Varela e Aroa Vázquez Liñares acadou o terceiro posto na mesma categoría, obtendo un premio de 300 euros.


Todos os membros do equipo recibirán, ademais dos premios, un diploma do Instituto Galego do Consumo e da Competencia que os acredita como gañadores nun acto oficial que se celebrará o próximo luns 10 de xuño no IES de Cacheiras  ás 12.30 no Salón de Actos, contando coa presenza do Director do Instituto Galego do Consumo e da Competencia, Manuel Heredia Pérez.

NOVA EXPOSICIÓN NA CAFETERÍA: ESCALA DE GRISES

O alumnado de plástica de 1°ESO realizou un estudo da escala de grises para, posteriormente, aplicalo ás sombras propias e proxectadas dun corpo xeométrico iluminado por unha fonte de luz artificial, conseguindo a técnica do claroescuro. A exposición dos traballos pode verse na cafetería do centro.

MÁSTERS DO DEBUXO

Esta semana, durante os recreos, temos unha nova edición de Másters do debuxo, este ano dedicado ao Manga.

Achegádevos a ver o traballo dos vosos compañeir@s, que paga moito a pena!

SAÍDA DO ALUMNADO DE 4º ESO A CORRUBEDO

O alumnado de 4º ESO de Bioloxía e Xeoloxía visitou hoxe o Parque natural de Corrubedo nunha actividade organizada polo CEIDA.

Esta saída foi posible grazas a que a financiou a ANPA en colaboración coa Deputación da Coruña.

EXCURSIÓN A OPORTO: PENA AVENTURA

O último día da excursión a Oporto o alumnado desfrutou das actividades de multiaventura en Pena Aventura.

SAÍDA DO ALUMNADO DE FRANCÉS DE 1º ESO A COMPOSTELA

O alumnado de francés de 1º ESO fixo unha visita guiada en francés pola cidade de Compostela. A saída completouse cunha degustación de crêpes.

VISITA A OPORTO

O segundo día da excursión o alumnado visitou a cidade de Oporto.

5 DE XUÑO. DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE

O día 5 de xuño celébrase o Día Mundial do Medio Ambiente e dende o equipo da biblioteca recomendámosche que te achegues aos expositores da biblioteca para ler algunhas das recomendacións que che propoñemos.

EXCURSIÓN DO ALUMNADO DE PORTUGUÉS A OPORTO

O alumnado de portugués de 1º, 2º e 3º ESO está desfrutando dunha saída de tres días a Oporto e Pena Aventura.

O primeiro día visitaron o acuario de Oporto e o zoo de Maia.

EXPOSICIÓN DE MÓBILES

Os estudantes de 1° de ESO de plástica realizaron móbiles de base ou de colgar a partir dos elementos gráficos-plásticos de mínima expresión (punto, línea e plano) inspirándose na obra de Alexander Calder.

Podedes ver esta exposición no segundo andar do noso centro.

Distribuir contido


by Dr. Radut