Skip to Content

PROBAS DE CERTIFICACIÓN EN LINGUA INGLESA

Este mes de abril o alumnado que así o solicitou presentouse ás probas de certificación en lingua inglesa.

Todas as probas se realizaron no noso centro ao que se desprazaron os examinadores de Trinity College.

Agardamos que tod@s consigan o título!

AS CASAS NIÑO XA ESTÁN NO NOSO XARDÍN

As casas niño construídas polo alumnado de 3º ESO xa están no xardín do noso instituto.

VISITA Á BIBLIOTECA DO GRILO

O alumnado de 1º ESO B visitou esta semana a biblioteca do Grilo.

Esta actividade, que consiste nunha andaina ata a biblioteca municipal, está organizada conxuntamente entre o Equipo da biblioteca e o Departamento de Educación Física.

REUNIÓN DO CLUB DE LECTURA DE BACHARELATO

Reuniuse o Club de lectura de bacharelato para comentar a obra Un tipo duro onde o autor explora emocionalmente a uns personaxes que prefiren olvidar as súas vidas, e demostrar novamente o valiosas que son.
A nova proposta para este trimestre é Hoy es un buen día para morir, unha obra esgotada, que nos custou moito conseguir, pero que por fin podemos desfrutar grazas ao préstamo interbibliotecario.

PROBAS DELF

O departamento de francés prepara desde hai máis de 10 anos ao seu alumnado para a obtención do título de francés DELF B1 e B2.

Esta semana o alumnado que así o solicitou presentouse ás primeiras probas para obter a certificación en lingua francesa.

No mes de maio serán as probas orais.

EDUCACIÓN PARA A CIDADANÍA GLOBAL

Alumnado do Grao en Educación Social en colaboración con Solidariedade Internacional impartiron este obradoiro en 4º ESO.

MENORES NIN UNHA GOTA

A Fundación Alcohol e Sociedade estivo esta semana impartindo charlas para previr o consumo de alcohol entre menores nas aulas de 4º ESO.

 

ALDÁN CREO VOLVE AO SEU IES PARA FALARNOS DE IA

Aldán Creo, ex alumno do IES de Cacheiras, volveu para impartir a charla Sacándolle partido a ChatGPT: trucos, ideas e consellos ao alumnado de 4º ESO e 1º bacharelato.

PAULA CARBALLEIRA VOLVE AO IES DE CACHEIRAS

Paula Carballeira e o seu Obradoiro de narración oral volven ao noso centro para fomentar no alumnado máis novo o interese pola transmisión oral de contos e historias.

Todos os grupos de 1º ESO desfrutaron das súas historias de medo e crearon os seus propios contos para asustar a Paula na segunda sesión.

Grazas á ANPA por financiar esta actividade en colaboración coa Deputación da Coruña.

DÍA DO LIBRO NO IES DE CACHEIRAS

"Amadriña a cegas un libro" nesta actividade pódese escoller entre os libros ofertados, coñecendo só unha pequena reseña sobre o seu contido.


 

Exposición de libros curiosos: O profesorado aportou libros que saen do común para realizar esta exposición que podedes ver na biblioteca durante toda a semana.

 

O alumnado de 1º ESO preparou recomendacións lectoras para este día.

Distribuir contido


by Dr. Radut